O BNG critica que a Xunta rexeite colaborar na reconstrución do estaleiro de Moaña

A deputada por Pontevedra Montse Prado critica a decisión da Xunta que rexeita colaborar economicamente na reconstrución do estaleiro de ribeira de Casqueiro no Concello de Moaña, despois de que esta infraestrutura fose pasto do lume nun incendio con claros indicios de ter sido provocado no que pode ter sido un atentado contra o patrimonio. […]

Reclaman no Parlamento maior dotación de persoal no centro de saúde de Cambados

A deputada por Pontevedra, Montse Prado, reclamou a Xunta que garanta o persoal sanitario suficiente no centro de saúde de Cambados durante a época estival, na que se produce un incremento substancial da poboación da vila, en particular na semana da celebración da festa do albariño. A nacionalista advirte que a política de non substituír […]

Montse Prado ao goberno do PP: “Onde están os 16M de € destinados a formación que non se executaron?”

A portavoz parlamentaria de Emprego, Montse Prado, aproveitou a comparecencia do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Marnotes, para denunciar que a Xunta leva dúas anualidades (2015-2016) sen convocar as axudas para a formación continua, e que deixou sen executar 16M€ para fomentar a competitividade dos e das traballadoras e das empresas, nun […]

O BNG denuncia que Remolcanosa inscribe 2 buques de salvamento en Canarias para eludir tributar en Galiza

A portavoz parlamentaria de Pesca, Montse Prado, denuncia que desde 2011 dous buques de salvamento marítimo públicos de titularidade da Xunta pero con xestión privada de Remolcanosa, -o remolcador Sebastián Ocampo e a polivalente Irmáns García Nodal- foron inscritos pola empresa nun rexistro especial en porto canario, case a modo de bandeira de conveniencia, para […]

O BNG pide explicacións ao Goberno polas avultadas listas de espera para probas radiolóxicas do CHUS

A portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado presentou hoxe ante os medios de  comunicación, en sede parlamentar, diversas iniciativas nas que reclama unha “rectificación” do SERGAS para garantir a eficiencia dos servizos centrais de radiodiágnostico no CHUS. Asemade, a parlamentaria demanda explicacións sobre os motivos para dotar o servizos de cardioloxía de equipos de […]

Montse Prado: “Sanidade reduce persoal mentres beneficia a empresas privadas con tecnoloxía”

A parlamentaria do BNG, Montse Prado cuestionou hoxe  o novo modelo de Atención Primaria do que informou  o conselleiro de sanidade, Jesús Vázquez Almuíña por considerar que, máis unha vez, sanidade prima a tecnoloxía en detrimento de máis recursos humanos. Prado explicou que a Atención primaria debe caracterizarse pola “proximidade, persoal, continuada no tempo e […]

Montse Prado alerta do peche de camas durante o verán na sanidade pública derívándose doentes á privada

A deputada do BNG, Montse Prado preguntou onte ao Goberno se defender a sanidade pública é pechar camas durante os catro meses de verán e ao tempo privatizar servizos e derivar doentes á sanidade privada. A deputada trasladou ao director Xeral de Asistencia sanitaria a preocupación ante a paralización da actividade cirúrxica e o  incremento  […]

Montse Prado esixe valentía á Xunta para defender a flota pesqueira galega ante o impacto do BREXIT

Trala comparecencia da conselleira do Mar, Rosa Quintana para informar do impacto do Brexit, a deputada do BNG e portavoz de pesca, Montse Prado criticou que a conselleira non anunciara as previsións e peso político ao que está disposto a exercer  o Goberno galego para que “Galiza conte con voz  nos foros onde se toman […]

O BNG tenta frear no Parlamento o peche do centro de saúde de Soutelo de Montes, Forcarei

A deputada por Pontevedra Montse Prado trasladou ao Parlamento a alarma social xerada entre a veciñanza de Soutelo de Montes ante o previsible peche do centro de saúde e a derivación das persoas doentes ao centro de Forcarei. De feito, o PAC ameazado de peche xa non cubriu máis que con persoal temporal a praza […]

Montse Prado denuncia as deficiencias do servizo de transporte sanitario dunha empresa vinculada ao PP

A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, denunciou as deficiencias no servizo de transporte sanitario urxente que presta unha empresa vinculada a un cargo do PP, -Ambuibérica-, que acumula un longo historial de denuncias por incumprimento da normativa laboral, ao tempo que reprochou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, a súa negativa a reunirse cos […]

O BNG pide á Xunta que abra expediente á residencia de Pazos de Borbén por presunto maltrato

O BNG presentou un batería de iniciativas no Parlamento en relación ás graves irregularidades detectadas na residencia da terceira idade no Concello de Pazos de Borbén, detectas durante unha inspección da propia Consellería de Política Social, con atestado da Garda Civil incluído, que foi posteriormente denunciado pola CIG. A deputada por Pontevedra, Montse Prado, recolle […]

Montse Prado propón un novo modelo de reparto das cotas de pesca con criterios de emprego

A portavoz de Pesca, Montse Prado,  insta ao Goberno galego a negociar un novo modelo de reparto das cotas de pesca que teña en conta os criterios de mantemento da actividade e de emprego, mudando a distribución baseada nos dereitos históricos (Lei 2/2011) que prexudican e discriminan a flota galega fronte a outras do Cantábrico […]

O BNG pide restituír os servizos de xinecoloxía, pediatría e raios X no centro de saúde das Pontes

A deputada portavoz de Sanidade, Montse Prado, reclamou no Parlamento ao Goberno da Xunta mellores dotacións para o centro de saúde das Pontes, como demanda a veciñanza e tendo en conta que se trata dun dos municipios con maior poboación da provincia da Coruña. En concreto, o BNG reclamou na Comisión de Sanidade a reposición […]

Montse Prado pide á Consellaría do Mar que reaccione ante o Brexit e o custe que supón para a flota

Tras a comparecencia da conselleira do Mar, Rosa Quintana, a deputada do BNG, Montse Prado criticou a “xestión negativa” para o sector desenvolvido durante dúas lexislaturas polo Partido popular. A parlamentaria tamén se referiu ao “Brexit” e as consecuencias sobre a flota pesqueira galega polo que pediu unha “posición proactiva” e non agardar a que […]

O BNG pide á Xunta implicación no caso de Neli acosada por unha empresa que recibe subvencións públicas

O BNG pide ao Goberno da Xunta que interveña ante o caso de acoso laboral e de psicoterrorismo que sofre Nélida Pisco, como recollen reiteradas sentenzas e inspeccións de traballo, por tratarse dunha empresa concesionaria dun servizo de transporte público que, ademais, recibe subvencións. A empresa HEDEGASA, ademais, foi puntuada no proceso de concesión de […]

Montse Prado pide no Parlamento unha xestión pública da lonxa de Ribeira na que participen as confrarías e o sector

A deputada e portavoz de pesca do BNG, Montse Prado formulou hoxe diversas preguntas relativas á situación da nova lonxa de Ribeira tras a concesión, despois do concurso de Portos de Galiza a UTE LONXA DE RIBEIRA. Para a deputada, a concesión, tras un  “procedemento curto e escurantista” creou  gran incerteza en Ribeira ao descoñecer […]

O BNG pide axudas da Xunta para paliar os danos causados polos xabarín no Baixo Miño

A deputada por Pontevedra Montse Prado leva ao Parlamento as demandas da veciñanza da Comarca do Baixo Miño, en particular no Concello da Guarda, en relación á poboación de xabarín que experimentou un importante incremento nos último anos  sen que exista un control por parte da Administración. Ese incremento, unido a falta de control, tradúcese […]

Os sucesos no servizo de saúde mental de Conxo son consecuencia dos recortes do PP na sanidade pública

A portavoz de Sanidade, Montse Prado, levou ao Parlamento os feitos acontecidos no servizo de saúde mental do centro hospitalario de Conxo saldados co falecemento dun doente e cunha agresión sexual que, para o BNG, son consecuencia dos recortes aplicados polo PP na sanidade pública. “Son feitos de enorme gravidade que poñen ao PP, ao […]

O BNG esixe ao SERGAS que aplique as melloras laborais pactadas co persoal da sanidade pública

A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, demanda ao Sergas que aplique as melloras laborais pactadas co persoal da sanidade pública e recollidas nos acordos derivados da negociación colectiva na Mesa Sectorial de Sanidade, pero que quedaron suspendidos “dentro da folla de ruta de recortes executada polo PP durante estes anos”. Na Comisión de Sanidade, […]

O BNG reclama un novo modelo de xestión da pescada que acabe coa discriminación da flota galega

Montse Prado pregunta ao Goberno que medo ten a crear unha mesa de negociación co sector para avaliar o destino dos recursos do FEMP e reclama os datos do período 2009-2017. A portavoz parlamentaria en Pesca, Montse Prado, defendeu na Cámara un novo modelo de xestión da pescada que acabe coa discriminación que sofre a […]

Aprobada no Parlamento a iniciativa do BNG para que os mariñeiros galegos cobren as pensións de Noruega

O Parlamento Galego acorda instar ao goberno central para que presente unha demanda perante o Noruega para que os mariñeiros galegos embargados en buques deste país poidan cobrar as pensións. A nacionalista, Montse Prado  lembrou que hai 8.000 afectados que non perciben pensións do goberno noruegués a pesar de ter pagado impostos e criticou que […]

O descontrol no servizo de ambulancias pon en perigo a saúde das persoas usuarias

O BNG e os traballadores técnicos de emerxencias sanitarias denuncian a falta de control por parte da Xunta sobre o servizo de ambulancias que prestan as empresas concesionarias, tanto a través do 061 como as denominadas concertadas para transporte de doentes, o que repercute na calidade do servizo e mesmo pon en risco a saúde […]