Comeza o período de inscrición nas xornadas de saúde, humorías e memoria 

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do concello de Cangas do Morrazo organiza as Xornadas de Saúde – Humorías e Memoria, que se celebrarán os días 15, 16, 17, 21, 22 e 23 de novembro. As xornadas consisten en seis obradoiros impartidos por Vanesa Sotelo de dúas horas cada un, o que supón […]

Implicación da veciñanza na campaña ‘CANGAS EN NEGRO’

Dende a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade estase traballando de cara a campaña Cangas en Negro, que se vai celebrar dende o venres 17 ao domingo 26 de novembro na nosa vila. Esta acción, ao igual que o ano anterior, está destinada a tinguir as rúas de negro para mostrar todo o noso […]

O pasado mércores, día 13 de setembro, comezou o prazo para inscribirse na ludoteca de Cangas do Morrazo

O pasado mércores, día 13 de setembro, comezou o prazo para inscribirse na ludoteca. Por iso, todos os pais, nais ou titores das/os nenas e nenos interesados en asistir á mesma poden presentar a solicitude de inscrición na Casa da Xuventude de Cangas. Será o 16 de outubro cando a ludoteca abra as súas portas […]

Apertura do cruso escolar no CEIP Espiñeira de Aldán

Tras meses de vacacións, centos de rapaces e rapazas de toda Galicia volveron aos colexios para iniciar o novo curso escolar. Aquí en Cangas, un dos centros referentes foi o CEIP Espiñeira de Aldán, posto que nel realizouse un acto de apertura de curso ao que acudiron o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César […]

Hoxe presentouse o torneo de exhibición de ‘FÚTBOL GAÉLICO’

A Casa da Xuventude acolleu por primeira vez a presentación dun torneo de exhibición de Fútbol Gaélico, que se levará a cabo o vindeiro sábado, día 26 de agosto, entre as 16:30 e as 18:30 horas no Campo de Fútbol Javier Guimeráns do Hío. Neste triangular participarán os equipos Cambados Gaélico, Keltoi Vigo e Herdeiros […]

O Concello de Cangas acolleu hoxe ao delegado nacional de Colombicultura

O Concello de Cangas acolleu hoxe na sala anexa á Alcaldía un acto de recepción ao Delegado Nacional da Real Federación Española de Colombicultura, Bernardino Crespo. Nel estiveron presentes o alcalde, Xosé Manuel Pazos, e o concelleiro de Deportes Xoán Chillón, así como membros relacionados con esta disciplina deportiva: José Luis Miguélez, Presidente da Federación […]

Presentouse o XIX Aberto de Tenis Concello de Cangas

Hoxe tivo lugar a presentación do XIX Aberto de Tenis Concello de Cangas, un evento deportivo que se celebrará entre os días 18 e 27 de agosto nas pistas do CEIP San Roque (fase previa 18 a 22 e a fase final entre os días 22 e 27). As categorías participantes son dúas: a masculina […]

A Xunta formaliza o contrato para a execución das obras do treito III da Autovía do Morrazo que comezarán este mes

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de formalizar o contrato para a execución das obras do treito III da autovía do Morrazo, concretamente, entre o enlace de Meira e o de Cangas, ao seu paso polo Concello de Moaña. Esta actuación contará cun orzamento de máis […]

A Xunta convoca aos propietarios dos terreos afectados polas obras do terceiro treito da autovía do Morrazo para o pago das expropiacións

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) á resolución pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, con trámite de urxencia para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de conversión en autovía o Corredor do Morrazo, concretamente, entre o enlace de Rande e […]

O Corredor do Morrazo rexistrará varios cortes para realizar voaduras no tramo II e avanzar nas obras de conversión en autovía

O Corredor do Morrazo rexistrará cortes de tráfico hoxe pola tarde, mañá xoves e o venres, día 21, no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 7+300, entre Rande e o enlace de Meira. Estas actuacións responden á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores. O tráfico desviarase, entre as 16.00 e as […]

O Corredor do Morrazo rexistrará o martes un corte puntual para avanzar nas obras de conversión en autovía

O Corredor do Morrazo rexistrará este martes, día 4 de abril, un novo corte puntual de tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, para realizar voaduras no treito II, concretamente, nun noiro da marxe esquerda do punto quilométrico 5+500. O corte ao tráfico responde á […]