🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Bng de Mos reúnese cos afectados polo proxecto do RC Celta en Mos

A obriga que ten o Bng de Mos é velar porque os dereitos dos cidadáns do concello non se vexan mermados por calquera tipo de proxecto que se queira levar a cabo no territorio municipal, sexa cal sexa o promotor de dito proxecto. Por esta razón, o Bng de Mos mantén contactos coas Comunidades de […]

Onte iniciouse en Torroso e Mos o asesoramento técnico nas parroquias sobre o inventario municipal de camiños

Onte comezou nas parroquias de Mos e Torroso o asesoramento técnico especializado sobre o inventario municipal de camiños. Durante a tarde e en horario de 17.00 horas a 20.00 horas dous profesionais técnicos ofreceron atención, información e asesoramento aos veciños/as que se achegaron a consultar o documento e que foron sobre 70 persoas. As consultas […]

Mos, terra de axuda e voluntariado

Onte a plataforma solidaria municipal mosense, Mos Axuda, recibiu unha aportación de 6.500 quilos de alimentos para repartir entre as familias necesitadas da localidade. Na recepción dos alimentos nas instalacións de Mos Axuda estiveron presentes a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e parte dos volunarios colaboradores da entidade. As preto de sete toneladas de […]

Concerto de Outono da Coral Ventos do Val

A mosense Coral Polifónica Ventos do Val, o domingo día 22 de outubro, celebra a XVII edición do seu Concerto Cultural de Outono. O concerto celebrarase no Auditorio Municipal do Multiusos das Pozas en Petelos, ás 18.30 horas do domingo 22 de outubro. A entrada é libre para todo o que desexe asistir, ata completar […]

Sinalización turística para poñer en valor a marca local ‘Mos, a Rosa do Camiño’

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos aprobou esta mañá o contido do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a administración local mosense para a sinalización para a posta en valor da marca ‘Mos, a Rosa do Camiño’. Grazas ao devandito convenio realizaranse unha serie de actuacións con orzamento […]

O 98% dos turistas de Mos son peregrinos que realizan o Camiño de Santiago

Dende o pasado 15 de xuño, e ata o 10 de agosto, a Oficina de Turismo de Mos, sita en As Angustias (parroquia de Sanguiñeda), contabilizou un total de 539 visitas (que non son todas as recibidas, xa que non se realizan enquisas a absolutamente todos os visitantes) das cales 413 (o 77%) foron de […]

A Xunta apoia ás asociacións mosenses

Esta tarde tivo lugar a visita do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a tres asociacións mosenses. Concretamente Rueda visitou a Asociación de Veciños de Dornelas, a A.V.V. Chan do Bosque (Amieirolongo-Sanguiñeda) e a A.V.V. Santa Ana de Veigadaña (Petelos). O vicepresidente estivo acompañado por Nidia Arévalo, alcaldesa de […]

Escolares do CEIP Pena de Francia de Mos visitan “Imaxinar a educación. 50 anos con Frato”

Uns 30 de rapaces e rapazas de 4º de Primaria do CEIP Pena de Francia do concello de Mos realizaron na mañá de hoxe unha visita á exposición “Imaxinar a Educación.50 anos con Frato” que a Deputación de Pontevedra mantén aberta no Pazo da Cultura de Pontevedra. Alí puideron coñecer as viñetas máis representativas de Francesco […]

II Festival de Cantiga Tradicional Galega organizado por ASOMAMOS

A Coral Polifónica de ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, organiza o seu II Festival de Cantiga Tradicional Galega, que terá lugar o domingo 30 de abril ás 19.00 horas no auditorio do Pazo de Mos. A entrada será libre ata completar o aforamento e, ademais da coral anfitriona, actuarán outras dúas […]

O Concello de Mos, moi concienciado coa seguridade viaria, vólcase na humanización da Avenida de Puxeiros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, aportaron hoxe datos técnicos respecto de obra de humanización que se vai acometer na Avenida de Puxeiros, entre a glorieta da estrada Puxeiros-Mos e o acceso á Autovía A-55 no punto quilométrico 9. A Avenida de Puxeiros é un […]

O Concello de Mos habilita un servizo de atención ao contribuínte sobre a regulalización do IBI

O Concello de Mos informa aos veciños e veciñas do municipio de que recibirán estes días nos seus domicilios unha carta coa regularización catastral dos seus inmobles (regularización do Imposto sobre Bens Inmobles, IBI), informándoos de que dispoñen de 15 días hábiles, excluíndo os sábados, para presentar alegacións a dita regularización catastral. A administración local […]

GañaMos aposta por unha creación dun Mercado de horta en Mos

Tratase de impulsar a creación dun mercados veciñal de horta onde a propia veciñanza pon a venta os seus excedentes de verduras e froitas de temporada podendo así conseguir uns ingresos extras e mellorar a súa economía familiar. Esta economía de proximidade ademais de fortalecer as relacións entre as veciñas e veciños tamén favorece unha […]

O Colexio Pena de Francia ao respecto do derrumbe do “Pavillón Polideportivo”

Se congratulan porque houbera ningunha vítima, por fortuna ese día suspendeuse a actividade de baloncesto que iase realizar pola tarde. A intención do colexio principal con este comunicado á prensa é facer un Chamamento ás distintas administracións competentes para recabar a financiación necesaria para realizar as obras de reparación dos danos, xa que coñecemos a […]

A Asociación de Empresarios de Mos transmite ao alcalde a necesidade da posta en marcha da Area Metropolitana

Abel Caballero mantivo este luns unha reunión coa Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) na que “coincidiron” nas súas posicións sobre a posta en marcha da Área e do transporte metropolitano. O rexedor amosou a súa vontade de estudar a petición que lle trasladaron os empresarios de que unha liña de bus urbano se achegue […]

Continúa o despilfarro da Sra. Arévalo

A Alcaldesa de Mos ven de convocar un Pleno extraordinario para o día 2 de decembro, 4 días despois de celebración do anterior e cun novo Pleno ordinario por diante para decembro. Todo pola urxencia que ten por aprobar as modificación técnicas do PXOM que fixo o equipo redactor por esixencia da Xunta de Galicia. […]

Cena Monólogo con Stephy Llaryora este fin de semana en el O Alternativo

Stephy Llaryora es una conocida humorista, guionista, actriz y bailarina madrileña. En cada show podemos descubrir de primera mano las aventuras de esta mujer a los treinta y pico… soltera, sin hijos ni miras de tenerlos. La entrada del evento será Gratuita y de libre acceso hasta completar el aforo del local. El lugar del […]

GañaMos tilda de “lamentable manipulación” as declaracións da Alcaldesa sobre a Transparencia

Tras a resposta pública da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, ao comunicado arroxado polo grupo municipal GañaMos sobre a transparencia no Concello de Mos e a moción que levaban a pleno, os membros da agrupación mosense responden con contundencia. A rexedora asegura que GañaMos non presentou o a actualización da Declaración de Bens de algún […]

GañaMos pide que o Concello de Mos se adhira ao Espazo de Transparencia Local habilitado pola Xunta

O grupo municipal GañaMos Asemblea Veciñal presenta para o seu debate no pleno de mañá luns 31 de maio, unha moción solicitando ao Goberno Municipal que inicie as accións oportunas para realizar a subscrición na Guía de Espazo de Transparencia do Eidolocal, “alarmados” polas dificultades que teñen os seus concelleiros para acceder á información municipal […]