“Puta negra de mierda, vete a tu país” ou “no te voy a dejar ver a tus hijos” foron algunhas das ameazas que denuncia a nosa compañeira Gloria, traballadora do fogar. O agresor que se dedicou a intimidala reiteradamente foi o fillo do empregador. Nestes momentos, o caso dirímise no xulgado do penal de Compostela por un delito de ameazas. […]
Madrid, 12 de decembro de 2017. O Congreso aprobou este martes a iniciativa de En Marea relativa ao aborto seguro e libre para as mulleres de 16 e 17 anos, co apoio do PSOE, o voto en contra do PP e a abstención do PNV e Ciudadanos. “Gustaríanos que esta iniciativa formara parte do Pacto […]
Ao longo dos anos, a decana da Facultade de Belas Artes, Silvia García, foi conformado unha colección de preto de 500 fotografías de mulleres anónimas mercadas en rastros e mercados. Son mulleres descoñecidas, das que non se sabe o seu nome, a súa procedencia, dedicación, etc. É dicir, carecemos dun contexto para poder interpretar as […]
Isabel Benítez. Forma parte da Secretaría de Lluita feminista da COS, do consello de redacción do xornal La Directa e é coautora dun libro sobre a folga de Panrico, a máis longa do Estado español. Con quince anos, Isabel Benítez pegaba carteis contra a reforma laboral de 1995 e participaba nas accións de boicot contra […]
O pleno do Parlamento Europeo aprobou onte en Estrasburgo, con 523 votos a favor, 104 en contra e 58 abstencións, o informe de iniciativa propia das Comisións de Agricultura e Desenvolvemento Rural e Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero “Sobre as mulleres e o seu papel nas zonas rurais”, no que a eurodeputada galega Lídia Senra […]
A eurodeputada toma a palabra no pleno da Eurocámara en Bruxelas para criticar a despenalización parcial da violencia machista en Rusia. Pide que ningunha agresión quede sen castigo en ningunha parte do mundo e unha Directiva Europea que garanta os dereitos das mulleres. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda […]
Convocaranse concentracións, xa confirmadas, en Ourense, A Coruña, Compostela, Vigo e Ferrol, no día en que interveña o exército israelí. Mulleres representantes de diversas organizacións que participan na campaña “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” compareceron este luns en rolda de prensa para manifestar a súa solidariedade e pedir protección ao estado español e […]