🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Concello organiza unha viaxe á capital arxentina para participar no centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, anunciaron hoxe que o Concello organiza unha viaxe a Bos Aires para celebrar o centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires. A Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires recibiu en 2010 a Medalla ó Mérito Cultural […]

A alcaldesa de Mos reuniuse onte co colectivo de persoas con discapacidade física e/ou intelectual do municipio

Onte pola tarde o programa ‘Encontros coa alcaldesa’ reuniu nos exteriores de ASODIFISI-Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos (na parroquia de Torroso) á rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e ás persoas con algunha discapacidade física e/ou intelectual do municipio e ás súas familias. De dito encontro extraeuse a conclusión da creación dun Plan […]

GañaMOS tilda de malas prácticas do PP de Mos co novo CIM

Sentímonos moi satisfeitos ca apertura do Centro de Información á Muller pois consideramos necesario un espazo que impulse a igualdade entre mulleres e homes, un centro que ofreza asesoramento xurídico, atención psicolóxica ás mulleres víctimas de maltrato, así como prevención da violencia machista no Concello de Mos, manifestan desde GañaMOS. Pero a diferenza de nós […]

A alcaldesa de Mos encontrarase mañá cos pais e nais de alumnos/as do municipio nun novo espazo de coloquio que se abrirá a tódolos colectivos sociais

Mañá o programa ‘Encontros coa alcaldesa’ reunirá no marco do Parque de Sanguiñeda (se chove trasladarase ao interior do Colexio Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda) á rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e aos pais e nais de alumnos/as do municipio. Dende o Concello anímase aos interesados en participar a achegarse ata Sanguiñeda mañá mércores, 31 […]

A Festa da Rosa incorpora este ano por primeira vez unha carreira nocturna dentro da súa programación deportiva

A mañá de onte celebrouse no Concello de Mos a presentación da I Carreira Popular Nocturna Festa da Rosa, na que estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Kely Monzón, concelleira de Participación Cidadá, Manuel Castro Álvarez, presidente de AEMOS, e David Gil, representante da empresa Xesport […]

Mos convoca un concurso para crear o logotipo da concellería de Deportes

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, anunciaron onte que o Concello de Mos convoca un concurso para a creación do logotipo que represente a imaxe do departamento municipal de Deportes e todas as instalacións deportivas. O fin principal desta concellería, como área de servicio ao […]

O BNG de Mos: contradicción sobre as mocións

A alcaldesa de Mos destaca a contradicción na que incurre o BNG mosense atribuíndose o mérito da oficina de información catastral posta en marcha polo Concello. Di o voceiro nacionalista, Miguel Anxo Aldea que “a oficina porase en marcha grazas a unha moción que o grupo nacionalista presentou o pasado mes de setembro de 2016”, […]

Ethel Vázquez salienta as vantaxes económicas da integración do autobús urbano de Mos no plan de transporte metropolitano

A consellería de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, comprobaron in situ que desde hoxe o servizo de autobús urbano de Mos forma parte do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, o que lles permitirá aos veciños realizar transbordos gratuítos.Vázquez Mourelle subliñou que neste municipio pontevedrés púxose en marcha […]

Arévalo solicita á Deputación que acometa a humanización da estrada provincial Puxeiros-Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá na Deputación de Pontevedra co deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, para abordar a humanización da estrada provincial Puxeiros-Mos. Respecto desta xuntanza a rexedora local mosense lamentou que “volvín sair sen saber se van a realizar a obra ou non, e xa é a terceira vez que […]

O Concello de Mos dálle ao Club Louro-Tameiga a boa nova da renovación do céspede artificial no Campo de Fútbol de Cototorrón

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Deportes mosense, Alberto Méndez, visitaron o Campo de Fútbol de Cototorrón para anunciarlle á directiva do Club Louro-Tameiga e aos seus xogadores e xogadoras que se acometerá o proxecto de substitución do céspede artificial para o que o Concello solicitou á Deputación […]

A reforma do Colexio de Atín está en marcha por iso non teñen sentido mocións que a esixan

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Kely Monzón, saliron hoxe ao paso da demagóxica nota de prensa publicada polo grupo municipal do BNG. Pídenlle neste sentido ao voceiro nacionalista, Miguel Anxo Aldea, “que non faga demagoxia con problemas que se están resolvendo por parte do Concello” e Arévalo e Monzón […]

Unha actuación nun quilómetro da rede de saneamento na estrada Porriño-Gondomar elimina filtracións que afectaban ao firme e á urbanización de San Rafael

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a presidenta do Consorcio de Augas do Louro e alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, a xerente do Consorcio e os concelleiros mosenses Kely Monzón e Camilo Augusto visitaron esta mañá as obras xa rematadas de actuación nun quilómetro da rede de saneamento que transcorre pola estrada […]

A alcaldesa reúnese cos traballadores/as do Servizo de Axuda no Fogar

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, reuníronse onte pola tarde de onte cunha ampla representación dos traballadores/as do SAF mosense. En total son 42 asistentes a domicilio as persoas que prestan o Servizo de Axuda no Fogar na localidade mosense nas súas dúas modalidades: Dependencia e Básica. […]

A Mesa de Contratación da limpeza de cunetas, beiravías e marxes nas estradas municipais abriu esta mañá as ofertas das empresas licitadoras

A mañá de onte celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a Mesa de Contratación do servizo de limpeza de cunetas, beiravías e marxes nas estradas do Concello de Mos. A Mesa estivo integrada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a secretaria e interventora municipais; e contou coa presencia tamén do arquitecto do Concello e […]

Mos acomete un muro na Veigadaña incluído nun plan municipal de obras no Camiño de Santiago

A semana pasada comezaron os traballos de construción dun muro de contención en Veigadaña. Dito muro inclúese no plan de obras municipal que está a desenvolver o Concello de Mos ao longo do tramo do Camiño de Santiago que transcorre pola localidade mosense. A obra de acometida do muro en Veigadaña está a ser financiada […]

Mos deseña a súa programación deportiva para a tempada estival na que o Pavillón Óscar Pereiro estará pechado por obras

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, e a edil mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, reuníronse co equipo de monitores da Piscina Municipal para abordar dous importantes temas como son a posible organización de actividades deportivas durante a tempada estival e dotar, tras as […]

Mos crea unha App gratuíta para que as comunidades de augas lle comuniquen ó Concello obras e averías

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Servizos, Camilo Augusto, e o edil de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, informaron hoxe de que o Concello ven de reunirse con representantes de máis de 40 comunidades de augas de Mos (no municipio existen un total de 45 comunidades de augas). O motivo da […]

Mos realiza o levantamento topográfico para a nova senda de Torroso

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde natural da parroquia de Torroso, Alberto Méndez, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, e o arquitecto municipal estiveron onte cos dous topógrafos que están a realizar o levantamento topográfico necesario para a realización do proxecto da nova senda peonil que se acometerá en Torroso. […]

O CIM de Mos estará funcionando esta mesma primavera

A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou a mañá de onte o Concello de Mos para abordar o tema da vindeira apertura dun Centro de Información á Muller en Mos. Estivo acompañada da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, da concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, das tamén edís mosenses Julia Loureiro e Kely Monzón, […]

Nun mes estará rematada a obra da Ludoteca de Louredo segundo informa o Concello de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, visitaron hoxe as obras de rehabilitación da construcción como ludoteca en Louredo. Os labores de rehabilitación da Escola Unitaria de Louredo en Ludoteca prevese que estean finalizados nun prazo dun mes. Ademais as representantes municipais informaron tamén de que as […]

O Concello de Mos leva o xadrez as aulas para optimizar os procesos de aprendizaxe

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, compartiron cos alumnos/as de primeiro curso de Primaria do colexio de Petelos o obradoiro de xadrez, ‘Xaque Mate’ impartido polo Club de Xadrez Mos e organizado polo Concello de Mos dentro da programación para os centros educativos do municipio […]

Aforro enerxético do 80% no Centro de Saúde de Mos grazas á tecnoloxía led

O Concello de Mos ven de acometer unha obra de mellora da iluminación interior do Centro de Saúde. Así o informaron hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro. Os traballos, que se prolongaron durante unha semana e xa están rematados, consistiron na subsitución por lámpadas de tecnoloxía led […]

Mos proxecta tres plans de actuación, un inminente e outros dous a curto e medio prazo, para continuar a ampliar os servizos do Centro de Día

O Concello de Mos fixo unha importantísima recuperación do patrimonio histórico municipal rehabilitando a antiga Casa Reitoral de Petelos e adaptándoa para Centro de Día. Estes traballos, que se iniciaron fai máis de seis anos e se levaron a cabo en varias fases, prolongaranse no tempo porque “aínda queda moito por facer”, segundo se informou […]

Continúa o despilfarro da Sra. Arévalo

A Alcaldesa de Mos ven de convocar un Pleno extraordinario para o día 2 de decembro, 4 días despois de celebración do anterior e cun novo Pleno ordinario por diante para decembro. Todo pola urxencia que ten por aprobar as modificación técnicas do PXOM que fixo o equipo redactor por esixencia da Xunta de Galicia. […]