Noa Presas critíca a prepotencia do PP e avisa que “non queremos un Parlamento sucursal de San Caetano”

A portavoz parlamentaria de Economía Noa Presas criticou a “prepotencia” da Xunta ao vetar a presentación de emendas ao proxecto de lei que modifica os orzamentos de 2017, unhas contas públicas que para o Bloque son o reflexo de como o Goberno galego “se somete a Madrid sen dar alternativas á maioría social”. A imposición […]

O BNG denuncia o desmantelamento do servizo de Correos no rural de Ourense

A parlamentaria do BNG, Noa Presas  pediu hoxe no Parlamento galego demandar do goberno central recuperar os empregos perdidos dende o ano 2010 e incrementar persoal do servizo de correos a través de procesos “transparentes e xustos”. No transcurso da pregunta parlamentaria, a nacionalista denunciou  “o agravio e discriminación” do rural ourensá fronte ao resto […]

O BNG pide á Xunta que recorra a repercusión do canón eólico na factura da luz d@s consumidor@s

A portavoz parlamentaria de Economía, Noa Presas, pediu ao Goberno galego que recorra a previsible repercusión do canón eólico na factura da luz dos e das consumidoras deste país, despois de que o Tribunal Superior asumise as teses das eléctricas que denunciaron a aplicación deste tributo autonómico e a súa intención de recuperar o pagado […]

O BNG responsabiliza á xunta de deixar Galiza como “mera espectadora” no debate de financiamento

O BNG ten clara a súa proposta para un novo modelo de financiamento para Galiza, -un concerto económico con plenas competencias en materia fiscal e de recadatoria-, pero levou ao Parlamento unha moción para iniciar un debate político no que todas as forzas da Cámara participen e se pronuncien sobre un tema que é cuestións […]

Ana Pontón a Feijóo: “Que lei lle permite ao imputado Villar Mir dar un pelotazo de 255 millóns?”

A portavoz nacional, Ana Pontón, insta ao presidente da Xunta a explicar “en que lei se recolle que hai que permitirlle a Villar Mir dar un pelotazo de 255 millóns de euros coas centrais do Xallas, un empresario investigado por presunto financiamento ilegal do seu partido”, argumentou tras as explicacións do xefe do Executivo galego. […]

Noa Presas pide á Xunta medidas para que Cartelle e A Merca teñan acceso a internet e telefonía móbil

A deputada por Ourense, Noa Presas, reclamou no Parlamento medidas efectivas para corrixir as deficiencias técnicas que impiden á veciñanza dos concellos de Cartelle e A Merca ter acceso á telefonía móbil e a internet que, ata agora, a Xunta non logrou corrixir pese ao Plan de banda larga 2020 aprobado en outubro de 2015. […]

Noa Presas: “O proxecto de orzamentos do Estado será un novo agravio para Galiza”

A portavoz parlamentaria de Economía Noa Presas propuxo ao concelleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e ao resto da Cámara a creación dunha ponencia para consensuar un modelo de financiamento autonómico que beneficio de Galiza, para pasar páxina do sistema actual polo que o país ten perdido 9.088 millóns de euros. “Desde o BNG convidámolo a […]

Noa Presas traslada ao Parlamento a petición dunha nova aula de 1º de ESO no IES Otero Pedrayo de Ourense

A deputada por Ourense Noa Presas traslada ao Parlamento a petición das ANPAS dos centros de primaria de Amadeo Rodríguez Barroso, A Inmaculada, Irmáns Villar e do Ramón Otero Pedrayo que suman máis de 5.000 sinaturas reclamando unha cuarta aula de primeiro de ESO no IES Otero Predrayo para dar servizo a novas alumnas e […]

Noa Presas leva ao Parlamento a contratación do servizo de limpeza do IES Universidade Laboral de Ourense

O BNG vai reclamar no Parlamento a retirada do actual prego de contratación do servizo de limpeza do centro residencial docente e IES Universidade Laboral de Ourense por outro novo no que se respecte o actual número de postos de traballo e categorías laborais. Na actualidade: unha persoa encargada, 15 persoas limpadoras e unha persoa […]

Noa Presas: “O BNG non vai ser cómplice de pechar en falso a Comisión de Investigación das Caixas”

A parlamentaria do BNG, Noa Presas afirmou hoxe na comisión de investigación das caixas que o BNG “non será cómplice de pechar en falso esta comisión” como pretende o Partido popular ao impedir novas comparecencias e documentación “imprescindible” para definir o mapa completo do sistema financeiro galego na última década. Para a nacionalista, o plan […]

Noa Presas pide mecanismos de protección contra os abusos e as estafas bancarias

A deputada Noa Presas reclamou do Goberno galego que utilice ao máximo as súas competencias para garantir os dereitos dos usuarios da banca, e evitar estafas como as vividas ao longo destes anos en casos tan coñecidos como o das preferentes ou as cláusulas solo. Presas recriminou a pasividade da Xunta ante un tema que […]

Noa Presas critica a falta de compromiso da xunta para mellorar a área sanitaria de Valdeorras

A deputada por Ourense, Noa Presas, critica a falta de compromiso da Xunta para mellorar a área sanitaria de Valdeorras tras escoitar a resposta do conselleiro de Sanidade no pleno do Parlamento negando calquera tipo de problema no servizo que se lle presta a unha comarca cunha poboación de 30.000 persoas. “Non podemos ter unha […]

O BNG esixe ao IGAPE corrixir as deficiencias detectadas polo Consello de Contas na súa actividade

A parlamentaria do BNG, Noa Presas afirmou hoxe, a través dunha proposición non de lei sobre as  perdas e deficiencias fiscalizadas  polo Consello de Contas nas actividades do IGAPE, que este ente público debe estar ao servizo de Galiza e non ser “un burato negro” que desperdicia grandes  cantidades de recursos públicos. Na súa intervención, […]

Noa Presas leva ao Parlamento o deterioro na atención da área sanitaria de Valdeorras

O BNG traslada ao Parlamento o deterioro na atención primaria na área sanitaria de Valdeorras reiteradamente denunciada tanto polos profesionais sanitarios como polas organización sindicais e polos usuarios e usuarias. A deputada por Ourense, Noa Presas, será a encargada de interpelar ao Goberno no próximo pleno e demandar medidas para corrixir as deficiencias que afectan […]

As mulleres que se atreveron a denunciar o acoso laboral, protagonistas da campaña do BNG do 8 de marzo

Baixo o lema O acoso laboral é desigualdade, é violencia: Erradiquémolo, o BNG pon en marcha a campaña con motivo do 8M centrada na loita contra o acoso laboral e da man de mulleres que sufriron esta forma de violencia e tiveron a coraxe de denunciar e defender os seus dereitos: Nélida Pisco e Maribel […]

O BNG leva ao parlamento o “posíbel incremento” no recibo da luz por mor do canon eólico

Noa Presas pregunta ao goberno se aceptará que os galegos e galegas paguemos máis na factura da luz polo posible incremento do canon eólico ou plantará cara a Madrid. A deputada do BNG formulou unha pregunta ante o anuncio do Goberno central de cargar no recibo da luz o canon que a Xunta  cobra ás […]

Noa Presas tilda de “compracente e propagandística” a estratexia da Xunta en emprego e industria

A portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, cualificou de autocompracente e propagandística a estratexia da Xunta en materia de emprego e industria confirmada pola intervención do conselleiro, Francisco Conde. “Propaganda e publicidade, a dobre  PP”, ironizou a deputada do Bloque, “porque a recuperación só chega nas notas de prensa da Xunta”. Presas iniciou a súa […]

Recuperemos a xestión pública dos saltos hidroeléctricos da Galiza

A recuperación da xestión pública evitaría a especulación e  beneficiaría a todo o pobo galego. O BNG pedirá no Parlamento Galego que a Xunta estude a viabilidade dunha tarifa eléctrica galega. As deputadas Olalla Rodil e Noa Presas participaron esta mañá dun acto simbólico no encoro dos Peares. Acompañadas dun grupo de militantes despregaron dúas […]

Ningún plan industrial de Ferroatlántica pode estar ligado á chantaxe da venda ilegal das centrais do Xallas

A portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, pediu na Cámara galega unha declaración clara e unánime contra a venda ilegal das centrais hidroeléctricas do Xallas que pretende realizar Ferroatlántica, que xa foi comunicada aos mercados a través dunha comunicación emitida pola multinacional Ferroglobe da que forma parte a factoría instalada na Costa da Morte. O […]

O BNG alerta do incremento da violencia machista entre a mocidade

Xornada de traballo contra a violencia de xénero na que o Bloque propón revisar e avaliar a actual normativa para mellorar a eficacia na loita contra esta lacra. O BNG condena o último episodio de violencia de xéreno acontecido no noso país no día de onte en Salceda de Caselas que se saldou cunha muller gravemente […]

O BNG pedirá no Parlamento o apoio de todos os grupos para frear a venda das centrais do Xallas

O BNG reacciona ante o anuncio de Ferroatlántica de que a empresa ten ultimado un acordo de venda dos saltos hidroeléctricos dos ríos Xallas e Grande ao seu paso por Cee e Dumbría e que, ademais, pretenden amortizar débeda con esta venda. A formación nacionalista avanza que vai promover unha declaración institucional no vindeiro pleno […]

O BNG propón a creación dun Consello Galego de Persoas con Discapacidade

O BNG recolle o malestar de asociación de discapacitados e colectivos de enfermos porque as leis nin se cumpren nin se dotan con orzamentos. Noa Presas, cabeza de lista do BNG ao Parlamento galego, escoitou onte a distintas organizacións de axuda a persoas con discapacidade e colectivos de persoas afectadas por enfermidades. A candidata nacionalista […]