🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O BNG, pide a dotación para a urbanización dos terreos de Ginaria

Nun escrito presentado por rexistro municipal, o concelleiro Xoán Carlos González, solicita unha Comisión Informativa de Facenda, para tramitar unha partida orzamentaria, con este fin. Unha das maiores preocupacións que tanto a comunidade escolar como os colectivos veciñais de Chapela, prantexaron na xuntanza mantida cos grupos políticos, referíase á urbanización dos terreos de Ginaria. “Nos […]

O BNG demanda que a conexión ferroviaria entre Vigo e Porto en 75 minutos fique lista antes de 2020

Desde o BNG de Vigo xulgan que se trata dunha infraestrutura “vital e estratéxica” para a cidade olívica e a súa contorna metropolitana. Dispor dunha conexión ferroviaria que una Vigo e a cidade portuguesa de Porto nun máximo de 75 minutos. Ese é o obxectivo da iniciativa que o BNG vén de presentar no parlamento […]

O BNG demanda á Xunta 61 millóns de euros máis de investimentos na cidade de Vigo

O BNG presentou esta mañá en rolda de prensa as emendas parciais relativas a Vigo que formulan aos orzamentos da Xunta para o ano 2017. As emendas nacionalistas demandan ao goberno galego case 61 millóns de euros máis de investimentos para a cidade. O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, xustificou as emendas […]

O BNG responsabiliza a Feijóo do “bluff” de Pemex en Barreras e urxe medidas para reactivar o sector naval de Vigo

O anuncio da paraestatal mexicana Pemex, accionista maioritario do estaleiro vigués Barreras, de que cancela a encomenda do segundo flotel, confirma, en opinión do BNG, as advertencias realizadas por parte da fronte nacionalista a respeito da falla de compromisos reais. O Bloque valorou esta mañá en rolda de prensa a situación que atravesa o naval […]

O BNG levará o seu reclamo dunha AP-9 galega e sen peaxes até a propia autoestrada. Na comarca de Vigo a fronte nacionalista realizará unha caravana de coches até as cabinas de peaxe entre Vigo e Pontevedra, onde como acto de protesta aboarán o importe en moedas dun céntimo. A acción decorrerá este sábado 26 […]

O BNG reclama a creación dun Estatuto de Vítima de Feminicidio e avanzar no apoio económico, psicolóxico e social ás vítimas.

Visibilizar, denunciar e erradicar a violencia machista en todas as súas formas e en todos os ámbitos é un dos retos máis importantes que temos como sociedade para construírmos a Galiza do futuro, onde a igualdade sexa unha realidade. Ante a gravidade do problema da Violencia Machista consideramos fundamental a inclusión do Feminicidio como forma […]

O BNG propón crear dúas liñas de bus para conectar Teis e Navia-Coia co hospital

O Bloque manterá esta tarde un encontro aberto con asociacións veciñais e a FAVEC para recoller as súas achegas.  A pésima conexión co novo hospital, máis dun ano despois da súa posta en marcha, levou ao BNG a demandar a creación de dúas liñas de bus directas que conecten os barrios de Teis e Navia-Coia […]

Luís Bará: “O 25-S aínda hai partido: A remontada do BNG é a chave para derrotar ao PP”

“Mentres o BNG soña cun banco público galego e cun banco de terras o PP ten pesadelos cos bancos dos tribunais pola Gurtel e a súa corrupción”, asegurou “A remontada do BNG é a chave para derrotar ao PP. O 25-S aínda hai partido”. Así de rotundo o dixo hoxe o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, […]

Luís Bará: “Hai que ter unha visión multifuncional do monte galego e investir na ordenación e na boa xestión”

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do vindeiro 25S, Luís Bará, asegurou hoxe en Gondomar nun encontro con representantes de comunidades de montes que é preciso ter unha visión multifuncional do monte galego e investir na ordenación e na boa xestión. O nacionalista puxo como exemplo a seguir as actuacións das […]

PLAN RETORNA: a aposta do BNG para recuperar á xente moza con talento

Unha caravana de mocidade percorrerá máis de 40 localidades galegas para expoñer as propostas nacionalistas. “Sodes o motor, sodes a enerxía, sodes a forza, o talento, a creatividade, o atrevemento e a rebeldía. Sodes a xeración protagonista dese futuro que queremos para Galiza”. Así se dirixiu á mocidade galega o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís […]

Luís Bará: “Se hai unha formación que ten un modelo de mobilidade claro e alterantivo é o BNG

Mellorar a seguranza, mellorar a accesibilidade e priorizar a mobilidade peonil e ciclista, eixos do modelo Denunciar o mal estado e a perigosidade das estradas galegas, todas elas con falta de seguridade viaria e mantemento, con nulos investimentos e unha rede viaria deseñada en función do automóbil e presentar as propostas que defende o BNG para cambiar as prioridades, […]

O BNG demanda ao Concello de Vigo que dispoñibilice espazos públicos abertos para a campaña do 25S

Esta mañá o responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, presentou no rexistro municipal un escrito dirixido ao alcalde no que lle demanda que o Concello poña a disposición da Xunta Electoral espazos públicos abertos, como rúas e prazas. Diante de cada campaña electoral todos os concellos comunican á Xunta Electoral unha relación de […]

O Bloque denuncia a precariedade do hospital de día do  Álvaro Cunqueiro

Refiren esperas de moitas horas para recibiren tratamento e mesmo días que marchan sen ser tratadas polo colapso da farmacia e a falla de medios. O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, e máis a deputada no Parlamento galego, Montse Prado, compareceron esta mañá en rolda de prensa acompañando a paciente Lourdes Crespo, enferma de cancro e […]

O Bloque leva as primeiras denuncias cidadás sobre o HAC ao Parlamento galego

A fronte nacionalista defenderá tamén unha proposta de resolución para que se rescate a concesión privatizada. Denuncian que malia as promesas as deficiencias continúan como estaban.   Cando se cumpren quince días desde o lanzamento do sitio web www.denunciahospitalvigo.com o BNG apresentou hoxe en rolda de prensa as 15 primeiras denuncias recollidas, e que xa foron trasladadas ao Parlamento […]

O Bloque propón rebaixar impostos e taxas municipais ás familias con menos ingresos

– Presentaron no Concello as súas propostas para as ordenanzas fiscais as rendas máis baixas. – As emendas nacionalistas inclúen novas bonificacións e exencións para do vindeiro ano co obxectivo de avanzar cara a unha fiscalidade municipal socialmente xusta. Esta mañá o Bloque Nacionalista Galego presentou, a través do rexistro municipal, as súas propostas de cara á confección das […]

O BNG continúa o seu traballo na cidade e convoca unha Asemblea Aberta a vindeira semana

– Henrique Viéitez subliña que os resultados electorais foron desiguais en distintas zonas de Vigo e subliña que “hai cousas que corrixir” O responsable local do BNG vigués, Henrique Viéitez, trasladou as conclusións da executiva local a respecto dos resultados electorais do pasado 24 de maio. “Temos que dicir que son malos, sen paliativos, xa que o obxectivo fundamental do […]

Otero: “O domingo Vigo ten que escoller entre quen vende pisos públicos ou quen defende vivenda social”

– O candidato do Bloque á alcaldía fixo un chamamento ao votos das persoas indecisas para que o cambio na cidade sexa posible – Manuel G. Moreira explicou as principais propostas nacionalistas en política social e destacou que o Concello ten que contribuír a evitar os lanzamentos  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, deu “a […]

O BNG denuncia o uso partidista que fai Caballero das actuacións municipais, ao servizo do partido de goberno

– A fronte nacionalista critica que o anuncio das axudas de emerxencia se realice en período electoral mentres o ano pasado se tramitaron no último trimestre O responsable local do BNG e coordinador da campaña destas eleccións municipais, Henrique Viéitez, expresa a máis firme condena da instrumentalización que fai o candidato socialista da actividade municipal ao servizo do partido gobernante. […]

Serafín Otero: “Potenciaremos o transporte colectivo para facer de Vigo unha cidade máis sostible”

– O candidato nacionalista salientou que Vigo precisa unha nova política de mobilidade fronte a falta de preocupación amosada durante anos polo goberno municipal socialista  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, subliñou a aposta polo transporte público “de calidade, sostible e que estea á altura das circunstancias dunha cidade como Vigo”. Partindo da idea de […]

O BNG aposta pola loita a prol igualdade e o aumento de recursos contra violencia de xénero

– Serafín Otero e Vitoria Iglesias subliñaron a importancia de potenciar a participación e o protagonismo das mulleres, o desenvolvemento dun plan de emprego específico e a inclusión de cláusulas para garantir a igualdade nas contratacións municipais  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, e a candidata 2, Vitoria Iglesias, presentaron as principais propostas do Bloque en materia […]

O BNG propón que a rexeneración de Samil inclúa a recuperación das concesións e o traslado do paseo

– Serafín Otero e Xabier Vence subliñaron que esta iniciativa é exemplo do urbanismo sustentable que defende o Bloque na cidade. O candidato do BNG – Asembleas Abertas á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, defendeu a recuperación do areal de Samil, no marco da firme aposta do Bloque pola rexeneración do litoral vigués. “Temos que loitar polo medio ambiente”, subliñou, […]

O Bloque aposta por unha nova política do lixo centrada na reciclaxe e a reutilización

– Serafín Otero subliña que no cambio de rumbo que precisa a cidade cómpre poñer o acento no aspecto medioambiental para deixar atrás o modelo de Sogama  “Cómpre superar un modelo caro, ineficiente e ambientalmente insostible como é o de Sogama”, destacou o candidato do BNG– Asembleas Abertas á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, para quen “non ten sentido pagar […]

O BNG creará oferta de lecer “atractiva e de calidade” destinada á mocidade para impulsar o uso do galego

– Serafín Otero defende “o desenvolvemento de políticas públicas de impulso á lingua fronte aos ataques continuos de PP e PSOE” O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, expresou a necesidade de promover políticas públicas que promovan o uso do galego mediante a creación de oferta de lecer “en galego, atractiva de calidade, dirixida á xente moza”, e […]

Serafín Otero: “Defendemos a transparencia e queremos un concello coas paredes de cristal”

– O candidato nacionalista afirmou que Vigo necesita unha nova forma de facer política que garanta a participación da cidadanía na toma de decisións nos principais temas da cidade.  O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, avogou hoxe no Calvario por un Concello no que os sinais de identidade sexan a transparencia e a participación. Así propuxo […]

O Bloque defende que a plusvalía xerada pola venda  de Alfageme se destine aos traballadores

– Serafín Otero mantivo unha xuntanza con representantes da plantilla na que lles trasladou o respaldo do BNG ás  súas demandas O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, salientou que a plusvalía resultante da operación cos terreos da antiga fábrica Bernardo Alfageme deben servir para completar os salarios adebedados aos traballadores e traballadoras. Tras o encontro que […]

Serafín Otero: “É imprescindible potenciar o Porto como elemento dinamizador da economía viguesa”

– O candidato do BNG, que participou nun reparto informativo no mercado de Bouzas, defendeu que o seu crecemento debe pasar pola racionalización dos espazos e o desenvolvemento da Plisan, non polos recheos. O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, asegurou que é “imprescindible potenciar o papel do Porto de Vigo como dinamizador da economía da cidade”, tendo […]