🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O peche de Maderas Iglesias afectaría a 200 familias de Salvaterra, O Porriño, Vigo, Ponteareas e Mos

Unhas 200 familias dos concellos de Salvaterra, O Porriño, Vigo, Ponteareas e Mos veríanse afectadas no caso de que finalmente se consume o peche de Maderas Iglesias, compañía dedicada á fabricación de tarima flotante que atravesa unha situación económica crítica. O comité de empresa, presidido pola CIG, volverá reclamar por escrito a intervención da Xunta […]

Educación acomete a reorganización de centros baixo criterios de responsabilidade e mellora da calidade educativa

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, defendeu hoxe que o seu departamento actuou con total responsabilidade -tanto política como organizativa- á hora de deseñar para o vindeiro curso 2017/18 a reorganización escolar en catro dos 1.100 centros da rede pública, e sempre baixo a premisa de mellorar a calidade educativa nas […]

BNG O Porriño contesta o PP sobre á actualización de valores catastrais

Ante as declaracións que o PP do Porriño sobre a futura actualización de valores catastrais que terá como consecuencia, a mais que probable, suba do imposto do IBI, o Bloque Nacionalista Galego manifesta o seguinte: O Partido Popular para tapar a carencia de iniciativas políticas, a falla de traballo de oposición e ante a súa […]

BNG agarda respota do goberno local sobre o desaloxo de tres familias, asulagamento na rúa Coruña e ocupación dun terreo en litixio coa Comunidade de Montes

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego plantexou na sesión plenaria do pasado 9 de marzo unha serie de preguntas sobre diversos asuntos de interese para a cidadanía do Porriño. Un deles, por exemplo, é sobre os asulagamentos producidos en decembro na rúa Coruña, logo de que se executaran obras de saneamento na lindeira rúa […]

O goberno do Porriño leva un ano sen resolver o acceso ao  colexio Santo Tomás

Vai facer un ano desde que, en marzo de 2016, o pleno do concello do Porriño aprobara por unanimidade unha moción do grupo municipal do BNG para que se arranxara o acceso ao colexio Santo Tomás, situado no barrio da Florida, e que presenta serios riscos para a seguridade de alumnos e peóns. O Bloque […]

Pedro Pereira considera que a Alcaldesa do Porriño, coa súa actitude  no pleno de onte, faltou ao respecto ao BNG

O portavoz nacionalista plantexou unha cuestión de orde no pleno de onte mércores, ante a intención da alcaldesa de forzar a normativa plenaria e tratar un asunto fora da orde do día, relativo as obras de saneamento en Budiño. Eva García de la Torre pretendía debater esa cuestión antes de tratar os asuntos que sí […]

Villareas e o GP de En Marea coñecen os problemas do Porriño en Educación e Sanidade e o tren

Nunha visita organizada por Eu Son Porriño, Luís Villares, voceiro do grupo parlamentario de En Marea, acompañado pola vicevoceira, Carmen Santos, e os deputados Marcos Cal e Juan Merlo visitaron tres dos puntos nos que O Porriño está padecendo os problemas dos recortes aplicados polos gobernos autonómico e central. A visita tivo tres puntos de […]

A DEPO anuncia a construcción dunha glorieta no cruce de A Costeira

A actuación ten un orzamento de 151.655,92 euros e estará rematada en primavera O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación provincial realizará obras de mellora na estrada provincial EP-2405 entre Cerquido e Budiño (O Porriño) para eliminar un punto negro que coincide coa intersección con dúas estradas municipais no lugar […]

O BNG do Porriño demanda a transferencia da AP9 e a  súa liberación de peaxe para facela “útil”

Para o BNG do Porriño a transferencia da AP9 á Xunta de Galiza e a súa liberación de peaxe son cuestións indispensábeis para que esta infraestrutura sexa realmente útil. O voceiro municipal, Pedro Pereira, denunciou que o tramo Vigo-O Porriño está infrautilizado por causa das peaxes, o que impide que a vila e a súa […]

O Bloque Nacionalista Galego celebra, este ventres día 29 de abril un acto público no centro Cultural de Atios

O Consello local do BNG do Porriño acordou iniciar unha rolda de actos públicos nas distintas parroquias do concello coa finalidade de informar directamente aos veciños e veciñas das nosas iniciativas no concello e tamén escoitar e recoller as distintas propostas e suxestións feitas dende as parroquias. Este venres día 29 de abril, as 20:30 h no […]