🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Saen a licitación os tres primeiros proxectos dos FEDER por 4 millóns de euros

O Concello de Pontevedra vén de dar o pistoletazo de saída á xestión dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) incluídos na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) Máis modelo, de Pontevedra coa aprobación por parte da Xunta de Goberno, dos tres primeiros proxectos: a renovación da primeira planta do Mercado de Abastos; […]

O Concello investirá máis de 56 millóns de euros en humanizacións, parques e melloras de vías na cidade

O alcalde considera que se trata dun “plan de humanizacións masivo correlativo a un plan de emprego máis importante que o Plan E”. Este mércores deu conta das obras en marcha e das que teñen previsto o seu inicio o vindeiro ano 2018.  Cun total de 56.626.000 euros o goberno de Vigo asume nos próximos […]

Quince empresas optan a realizar as obras da deputación para mellorar o cruce da costeira en O Porriño

A Deputación de Pontevedra vén de recibir quince ofertas de empresas para realizar as obras de mellora da intersección da estrada provincial EP-2405 Cerquido-Budiño con dúas vías municipais no lugar de A Costeira, en O Porriño. Segundo manifestou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, a actuación, consistente nunha glorieta, pretende ordenar o tráfico na zona […]

O deputado de Mobilidade explica que se calmará o tráfico rodado con ‘lombos’, mellorarase a iluminación e dotarase de saneamento ao centro educativo

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, confirmou hoxe que a Deputación realizará a obra de construción dun acceso peonil ao novo instituto de Soutomaior no treito que coincide coa estrada provincial EP-2908. O nacionalista, de feito, entregou ao Concello o proxecto definitivo de execución da obra e un borrador do convenio que deberán asinar a […]

A deputación tramita obras de emerxencia para correxir os danos do temporal “Ana” nas estradas provnciais por preto de 113.000€

A Deputación de Pontevedra está a tramitar varias actuacións de emerxencia para corrixir os danos do temporal ‘Ana’ nas estradas provinciais. As obras foron propostas polos vixiantes do departamento de Mobilidade nos percorridos habituais de revisión da rede viaria, ao constatar as deficiencias causadas pola auga caída a fin de semana pasada. Segundo explicou o […]

A Xunta adxudica a ampliación do Ifevi por 3,2 millóns de euros á construtora San José

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de adxudicar o contrato para a execución das obras de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) á empresa Constructora San José por preto de 3,25 millóns de euros. Este contrato, ao que se presentaron 17 empresas, responde ao acordo de colaboración […]

Avanzamos na rede municipal de instalacións deportivas: campo de fútbol de Gatomorto

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a adxudicación de obra do campo de fútbol de herba sintética de Gatomorto (Santa María de Xeve) á empresa COVSA por 85.279,19 euros. O Concello da así un paso adiante no plan municipal de renovación e ampliación da rede de infraestruturas deportivas que inclúe ata cinco campos: ademais […]

Melloramos a mobilidade e seguridade peonil na contorna do IES Torrente Ballester

O Concello de Pontevedra actuará na contorna do IES Torrente Ballester para mellorar a mobilidade peonil na zona, acadar un espazo público de calidade e potenciar o acceso peonil ao aparcadoiro disuasorio próximo ao centro de ensino. As obras previstas afectan ás rúas Herminia Fariña Cobián, Pintor Virxilio Blanco, Pintor Manuel Colmeiro, Bibiano Fernández-Osorio Tafall […]

Iniciada a mellora do Polígono do Rebullón

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, informaron esta mañá de que onte comezaron as obras de mellora do Polígono do Rebullón, que inclúen sendos proxectos de saneamento e pavimentación necesarios para dar solución ás deficiencias existentes no polígono. Os traballos iniciados na xornada de onte corresponden á instalación […]

A sesión extraordinaria do pleno do Concello de Pontevedra da vindeira semana, debaterá unha modificación de crédito de 3.013.359,84 euros destinada, no 98% a investimentos. O portavoz do Goberno e concelleiro de Economía, Raimundo González, explicou esta mañá que a modificación será tratada este venres na Comisión de Contas. A modificación financiará os seguintes proxectos: […]

A Xunta contará co proxecto de execución da futura Cidade da Xustiza de Vigo dentro dun mes e dará comezo de inmediato coa licitación das obras

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda avanzou hoxe que nas vindeiras semanas, o Goberno galego contará xa co proxecto de adxudicación da segunda fase da obra da Cidade da Xustiza, polo que dará comezo de inmediato coa licitación dos traballos, cumprindo así cos prazos estipulados e que o novo edificio xudicial sexa unha realidade no […]

O núcleo de centralidade de Salcedo: convivencia de alta calidade urbana

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, puido comprobar esta mañá o bo ritmo das obras de creación do núcleo de centralidade parroquial de Salcedo. Estivo acompañado polos concelleiros de Obras e o delegado da parroquia, Demetrio Gómez e Alberto Oubiña, e tamén polos representantes do Consello parroquial. O alcalde fixo un agradecemento expreso […]

CCOO-Ensino apoia as reivindicacións de profesorado e familias do CEIP Castelao de Navia

O sindicato amosa a súa preocupación polas condicións nas que se atopa o colexio e esixe a Xefatura Territorial e Inspección que garanta as máximas condicións de seguridade para o alumnado e o profesorado do centro. Nesta liña, tamén esixen as máximas garantías sanitarias para que tanto alumnado como profesorado, especialmente aqueles con enfermidades respiratorias, […]

Melloramos a mobilidade peonil na rúa Alexandre Bóveda e contorna

Mellorar dun xeito integral a mobilidade peonil e a accesibilidade na rúa Alexandre Bóveda e contorna. Con este obxectivo o Concello de Pontevedra acometerá, coa chegada do mes de setembro, unha intervención na zona que, entre outras cosas, renovará o aparcamento do recinto feiral e ampliará unha das beirarrúas dobrando o espazo peonil. O concelleiro […]

O Concello de Nigrán inviste 60.000 Euros en obras de mellora de tódolos colexios públicos de infantil e primaria do municipio de cara ao novo curso escolar

O Concello de Nigrán ven de investir 41.095,42 euros en actuacións de mellora en tres centros públicos do municipio (CEIP Casares de Vilariño, CEIP Mallón de San Pedro e CPI Dunas de Gaifar de Panxón), mediante a contratación de obras baixo a dirección do Arquitecto Municipal. A maiores, operarios municipáis asumiron directamente os traballos no […]

O novo contrato da Auga permitirá rematar o saneamento do rural

A Xunta de Goberno local aprobou o expediente de contratación para a xestión indirecta do servizo municipal do Ciclo da Auga (abastecemento de auga potable, mantemento da rede de saneamento e depuración de augas residuais). A publicación no BOP, DOG e BOE abrirá un prazo de dous meses para a presentación de ofertas. A concelleira […]

O goberno local amplía a Escola de Música de Beade cun investimento de 463.000 euros

Segundo apuntou o rexedor, o obxectivo do Concello é ampliar as instalacións que emprega a Banda de Música da Escola. Amais o Concello destinará 165.000 euros á instalación de novos bancos na cidade e 130.000 para renovar árbores e plantas.  A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o expediente de contratación por procedemento aberto […]

O goberno de Vigo aproba a humanización de Marqués de Valterra, que contará con dous ascensores a Torrecedeira

Caballero informou da aprobación do proxecto da segunda fase da humanización de Marqués de Valterra, por máis de 870.000 euros. Nesta vía o Concello instalará dous ascensores que conectarán con Conde de Torrecedeira: un á altura da rúa Instituto Oceanográfico e outro, en Juan Ramón Jiménez. A reforma conleva un investimento do Concello superior aos […]

Peche da rúa do concello de Pontevedra Echegarai por obras

Data: Xoves 6 de xullo Horario: de 8 a 20 horas Ruta acceso garaxes – carga e descarga: polas rúas Alameda, Dr. Marescot, Marescot, Martitegui, Alfonso XIII e rúa Echegarai.  

Vía libre para as obras para a mellora do cruce da estrada provincial entre Cerquido e Borraliño en Salceda de Caselas

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación provincial resolverá este venres no Pleno ordinario as alegacións presentadas ás expropiacións do proxecto de mellora da seguranza viaria na EP-2503 entre Cerquido e Borraliño no Concello de Salceda de Caselas.  A Corporación aprobará definitivamente o proxecto, que ten un orzamento de 115.745 […]

Avanzan a bo ritmo as obras de mellora do contorno da Casa do Concello

As obras de execución do proxecto de mellora que permitirá a integración da zona do aparcadoiro e do cemiterio municipal de Petelos na área da Casa Consistorial, e que comezaron a mediados do pasado mes de maio, avanzan a bo ritmo e atópanse nestes intres en proceso de montaxe dos muros prefabricados. Os traballos acometidos […]

Asinado o convenio para o acondicionamento e humanización do nó de Sanguiñeda

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, asinaron esta mañá no Concello un convenio de colaboración entre as administracións ás que ambos representan para o acondicionamento e humanización do nó de Sanguiñeda; obra que se realizará con financiación íntegramente autonómica. No acto de sinatura estiveron presentes […]

El CSIC abre el plazo de votación popular de los relatos que optan a los premios de la VII edición de Inspiraciencia

Ha concluido el plazo de envío de relatos para la VII edición de Inspiraciencia, y lo ha hecho con un récord de participación: 637 obras optan a los institucionales y del público en categoría juvenil (12-17 años) y adulto (a partir de 18 años) en cada una de las lenguas en las que se puede […]

Denuncian explotación laboral nas obras de ampliación da ponte de Rande

A federación de Construción da CIG denuncia a explotación laboral que se vive nas obras de ampliación da ponte de Rande, que une as localidades pontevedresas de Moaña e Redondela. Dende a central advirten do perigo de que os traballadores/as da UTE formada por Dragados e Puentes y Calzadas fagan xornadas de até 10 e12 […]

Iniciadas as obras de mellora do contorno da Casa do Concello de Mos

Acaban de comezar as obras de execución do proxecto de mellora que permitirá a integración da zona do aparcadoiro e do cemiterio municipal de Petelos na área da Casa Consistorial. Os traballos, recén iniciados, foron visitados esta mañá pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e polo concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso; quenes informaron […]

Sae a contratación a reurbanización do último treito da avenida de Vigo de Pontevedra

A Xunta de Goberno Local aprobará a vindeira semana o proxecto de contratación da ampliación da urbanización de toda a avenida de Vigo, entre a rúa Luís Seoane e o nó do Pino. O orzamento desta actuación de máis de 300 metros é de 274.895 euros, coas melloras incluídas e ten un prazo de execución […]

O presidente do CCVV visita as obras de Subida ao Castelo 12 e Subida á Costa 5

O delegado dá Xunta de Galicia en Vigo e presidente do  Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, realizou a mañá do xoves unha visita ás obras que este organismo, integrado nun noventa por cento pola Xunta de Galicia e en dez por cento polo Concello de Vigo , está a efectuar nas súas promocións Subida […]

Case 160.000 euros en obras de mantemento dos centros de ensino de Infantil e Primaria do concello en Pontevedra

A Concellaría de Educación está a realizar obras de mantemento e conservación de diversa entidade nos distintos centros de ensino do Concello. Estas obras forman parte do plan de investimentos fixado pola Concellaría o pasado ano logo de visitar cada centro de ensino, recoller as demandas das diretivas, de valoralas cos servizos técnicos municipais e […]

GañaMos denuncia a demora na execución das obras tanto na autovía A-55 como a pasarela da A-52

A Sra. Arévalo tildou de manipuladores a GañaMos por denunciar a demora na execución das obras de melloras na autovia A-55. Incluso presumiu que estas obras estaban moi adiantadas pero trás o fume da sra. Arévalo hai unha realidade ben distinta. Unha realidade palpable e visible para calquera veciño/a que transite pola A-55 en Tameiga […]

O talud da estrada Generoso Domínguez reforzouse cunha maquinaria especializada da que só existen tres unidades en toda España

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, e o edil da parroquia de Cela, Cándido Pérez, visitaron as obras de estabilización de terraplén no vial Generoso Domínguez. Esta estrada sufrira xa un desprendemento no ano 2014 por mor dos temporais, que fora reparado e o temporal do pasado […]

O Concello de Vigo anuncia acciones no trafico nas rúas XÍLGARO e CANARIO

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización nas rúas Xílgaro e Canario, entre Estorniño e Dr Toscano, a realizar pola empresa Oreco S.A , estarán pechadas ao tráfico as rúas XÍLGARO e CANARIO, entre ESTORNIÑO e DR TOSCANO , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga […]

O Concello de Vigo anuncia acciones no tráfico nas rúas VELAZQUEZ MORENO entre MARQUÉS DE VALLADARES e PZA COMPOSTELA

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de reparación de adoquinado en Velázquez Moreno, entre Marqués de Valladares e pza Compostela, a realizar pola empresa Sl Civis Global, estará pechada ao tráfico a rúa VELAZQUEZ MORENO entre MARQUÉS DE VALLADARES e PZA COMPOSTELA, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público […]

Iniciadas as obras da nova Escola Infantil da Veigadaña no Concello de Mos

O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, visitou esta mañá as obras de construcción da nova Escola Infantil da Veigadaña. Estivo acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pola concelleira de Política Social, Sara Cebreiro e polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López Chaves. O prazo […]

O Concello de Pontevedra traballa na mellora da imaxe da avenida de Compostela

A avenida de Compostela mellora a súa imaxe. O Concello está a acometer traballos de arranxo e embelecemento da mediana que hai no tramo que vai dende a ponte de Santiago até o cruzamento coa rúa Xoán Manuel Pintos (lateral do aparcamento disuasorio) e máis a rotonda do pavillón. Os traballos, coordinados polo departamento de […]

O Corredor do Morrazo rexistrará o martes un corte puntual para avanzar nas obras de conversión en autovía

O Corredor do Morrazo rexistrará este martes, día 4 de abril, un novo corte puntual de tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, para realizar voaduras no treito II, concretamente, nun noiro da marxe esquerda do punto quilométrico 5+500. O corte ao tráfico responde á […]

Un gran centro deportivo de referencia na Parda

O Concello de Pontevedra avanza na creación dun gran centro deportivo na Parda coa creación dunha estrutura de dous módulos arrodeada de zonas verdes e de espazos de estacionamento. A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, acompañado dos responsables do departamento de arquitectura do Concello, do xefe do servizo de Deportes e dos arquitectos que elaboraron […]

O muro en A Rúa no concello de Mos, solucionará os desprendementos de terra

A semana pasada comezaron as obras de construción dun muro de contención en A Rúa e onte pola tarde a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso supervisaron estes traballos que suporán unha notable mellora do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola parroquia de Mos, […]

Recta final da nova ordenanza de verteduras no concello de Pontevedra

O Concello leva un tempo traballando na actualización do regulamento de verteduras á rede de saneamento, de feito está na recta final. Segundo informou o portavoz do Goberno local, Raimundo González Carballo axiña estará en exposición pública co fin de que se podan presentar as alegacións oportunas. A Xunta de Goberno local informou onte que […]

Mos proxecta unha mellora integral do seu tramo do Camiño de Santiago Portugués

Os integrantes da Mesa do Camiño do Concello de Mos realizaron dúas xornadas de andaina polo tramo do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola localidade mosense co obxectivo de detectar as necesidades do percorrido e proxectar as melloras que van ser acometidas no mesmo. Nas devanditas andainas participaron a alcaldesa de Mos, Nidia […]

Medidas de tráfico por obras

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado mar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra , estará pechado ao tráfico o túnel da rúa BEIRAMAR (AVDA) lado mar (VIGO), o domingo 19/03/2017 en horario de 07:30 a 14:00 . Solicítase a máxima colaboración […]