Atopa “incrible” que a Comisión Europea (CE), na súa resposta a unha pregunta da eurodeputada galega sobre as prospeccións de hidrocarburos no banco de Porcupine, en augas irlandesas, argumente que non dispón de información nin capacidade para determinar as condicións de explotación de recursos enerxéticos, cando ten competencias plenas na xestión pesqueira e na calidade das augas. A eurodeputada galega, […]
Considera que as actividades que engloban a chamada “Economía Azul” promovida pola UE -como a acuicultura industrial, a minaría submarina ou as prospeccións de petróleo, entre outras- “van implicar un menoscabo social, económico e ambiental para a pesca artesanal e a pequena escala e comprometerán seriamente o futuro dos caladoiros e, en definitiva, dos océanos”. […]