Olalla Rodil: “O PP fai unha autoemenda á maior parte da súa política de prevención de incendios”

A deputada do BNG, Olalla Rodil afirmou hoxe na comisión de Economía, Facenda e Orzamentos que “ o Partido popular autoemenda a maior parte da súa política”. A deputada rexeitou o uso que o PP fai  da  Lei de medidas fiscais e administrativas, a Lei de acompañamento, que cualificou de  “Lei ómnibus” e caixón de […]

O BNG apoia a lei de identidade de xénero, triunfo do colectivo LGBTI, do feminismo e da sociedade

O BNG celebrou o debate para tomar en consideración a Proposición de lei de identidade de xénero como un triunfo do colectivo LGTBi, autor do texto lexislativo, do movemento feminista e da “enorme” transformación da sociedade, que conseguiron pór no debate público e político os dereitos das persoas gais, lesbianas, transexuais e intersexuais. Para a […]

Olalla Rodil pide a dimisión do conselleiro de Educación tras o peche de centros de ensino público

A portavoz parlamentaria de Educación, Olalla Rodil, ratificou a posición do BNG en contra do peche de centros anunciada pola Xunta de xeito arbitrario e intempestivo e, ademais, aproveitou o debate na Cámara para lanzar unha proposta ambiciosa que garanta un ensino de calidade no medio rural: un Plan específico para o ensino no rural […]

Olalla Rodil: “Un ensino de calidade necesita menos alumnado e máis persoal docente por aula”

A portavoz de Educación Olla Rodil aproveitou a comparecencia de balazo de curso do conselleiro para reclamar un ensino público de calidade cunha fórmula moi clara ara conseguilo: menos alumnado e máis persoal docente por aula e recursos económicos suficientes mudando o apoio que o PP presta ao ensino privado-concertado para enfocalo á educación pública. […]

O BNG volve propoñer un pacto de país para a ordenación do monte e a loita contra o lume

O BNG reiterou as súas condolencias e solidariedade coas familias das vítimas da traxedia de Portugal e con conxunto do pobo luso, que xa trasladou onte ao Goberno do país veciño e ás forzas políticas, “ante unha traxedia desta magnitude que nos ten conmocionados dentro do Bloque e ao conxunto dos galegos e galegas, pola […]

As persoas licenciadas e graduadas antes de 2006 quedan excluídas das bolsas de postdoutorado 2017

O BNG denuncia que a Xunta exclúe das bolsas de postdoutorado 2017 convocadas conxuntamente polas consellerías de Educación e de Economía ás persoas aspirante que se licenciasen ou se graduasen antes de 2006,  unha decisión que considera arbitraria pois carece de xustificación académica o de currículo investigador e deixa fora a centos de doutores e […]

O BNG propòn que a Xunta apoie ás sociedades protectoras que se encargan da recollida de animais

A parlamentaria lucense, Olalla Rodil, visitou as instalacións da Sociedade Protectora de Animais de Lugo e anunciou que o BNG levará unha iniciativa ao Parlamento Galego para demandar da Xunta de Galiza “unha liña de axudas estable que garanta os fondos necesarios para o funcionamento das Sociedades Protectoras de Animais que se están encargando de […]

Olalla Rodil: “En Galiza chove e en Lugo tamén, non é normal que no HULA entre a auga como se veu onte”

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, presentou, esta mesma mañá, unha serie de preguntas no Parlamento Galego en relación as filtracións de auga derivadas da choivas de onte nalgunhas dependencias do HULA. Rodil dixo que “o BNG quere que se esclareza se a auga entrou por un defecto construtivo ou por fallos no mantemento do […]

“Rebélate, fala galego”, nova campaña de Galiza Nova

Na mañá de onte Galiza Nova realizou unha rolda de prensa onde presentou a súa nova campaña nacional en defensa da lingua, baixo o lema “Rebélate, fala galego”. A parlamentaria Olalla Rodil, integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova, apuntaba que “unha das cuestións que para nós é fundamental é potenciar o uso do galego […]

O BNG logra o apoio da Cámara para reclamar a modernización do FEVE en Ferrolterra e A Mariña

A deputada por Lugo Olalla Rodil conseguiu sacar adiante a iniciativa do BNG en demanda de orzamentos necesarios para modernizar a liña ferroviaria que conectan as principais vilas e cidades do norte de Galiza a través da antiga FEVE entre as comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña, que afecta a unha poboación de máis […]

Olalla Rodil: “O Goberno segue vendendo fume co barrio da Residencia en Lugo”

A través dunha pregunta ao goberno, a deputada do BNG, Olalla Rodil explicou que  na cidade de Lugo só existe un Punto de Atención Continuada no barrio de Fingoi cun servizo de urxencias extrahospitalarias e na zona norte da cidade, un centro de saúde “absolutamente desbordado” pola falta de dimensións físicas e de persoal polo […]

O BNG esixe derrogar os concertos con centros educativos privados que segregan por razón de sexo

Trala comparecencia da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella en comisión parlamentaria, a deputada do BNG, Olalla Rodil manifestou, ante os medios de comunicación, que  unha das preguntas nas que o BNG  insistiu era coñecer   a posición  do seu departamento ante a orde de concertos con  centros educativos. Parécenos “inadmisible”,a firmou,  que se […]

O BNG interpelará a Feijóo sobre os plans para o medio rural tras anunciar “vellas medidas non executadas”

O BNG utilizará  sesión de control ao presidente a Xunta para interpelar a Feijóo sobre os plans do Executivo galego para revitalizar o medio rural, despois de que este anunciase por terceira vez as mesmas medidas baixo un novo envoltorio. “O único que quere o señor Feijóo é que nos creamos a súa propaganda que […]

Aprobada a iniciativa do BNG para abrir o dique norte do porto de San Cibrao para uso comercial

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil lembrou que na última comisión de Fomento do ano 2014, o BNG presentaba de novo a mesma  iniciativa destinada a iniciar as negociacións  ante ALCOA para o uso comercial do dique norte e naquel momento, o deputado popular mariñán, Jaime Olano rexeitou a proposta argumentando que a iniciativa carecía […]

Olalla Rodil recrimina as manifestacións machistas do alcalde de noia e pide unha resposta inmediata do PP

A deputada do BNG, Olalla Rodil cualificou de “fuxida cara adiante” a resposta do vicepresidente Alfonso Rueda por comparar  as declaracións “machistas” do alcalde de Noia con  outros acontecementos  con  protagonistas doutras  forzas políticas. Hoxe, dixo, Rodil, non estamos falando diso, só pido unha resposta sobre si un cargo público pode ostentar esa representación despois […]

A empresa INCA retira a denuncia contra integrantes da Plataforma Lugo Cara o Miño e suspéndese o xuizo

A denuncia foi feita pola empresa que fixo un dique ilegal no río Miño e contra o que se mobilizou a Plataforma Lugo de Cara ao Miño Suspendeuse o xuízo contra as nove persoas integrantes da Plataforma Lugo de Cara ao Miño que foran denunciadas pola empresa INCA. O responsable da empresa retirou a denuncia […]

Olalla Rodil ao PP: “Deixade de mirar para Montoro e convocade as oposicións”

O BNG pide á Xunta que convoque as oposicións e deixe de usar a miles de persoas como moeda de cambio na negociación dos orzamentos do Estado. Rodil criticou que o Goberno “sega ollando para Montoro” cando temos o cartos e as competencias suficientes para decidir desde Galiza. A deputada do BNG, Olalla Rodil, reclamou […]

O BNG esixe de Feijóo unha explicación sobre as declaracións machistas do alcalde de Noia (PP)

O BNG demanda que o presidente da Xunta dea explicacións sobre as declaracións machistas proferidas polo alcalde popular de Noia, Santiago Freire, que con motivo da celebración do 8 de Marzo se despachou cunha batería de pretendidos chistes e comentarios vexatorios para todas as mulleres. Expresións como “a muller é capaz de tocar as narices […]

O BNG esixe a Educación convocar xa as oposicións e plantarlle cara a Madrid

Trala comparecencia do conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez  para informar das liñas xerais do seu departamento, a deputada do BNG, Olalla Rodil emprazou ao titular de educación “a convocar as oposicións e non utilizar ás persoas que concorrerán como moeda de cambio para a negociación dos orzamentos dos Estado”. A nacionalista cualificou de […]

O BNG esixe a Educación que cumpra a lei e presente os resultados da aplicación do decreto do plurilingüismo

A deputada e portavoz de educación do BNG, Olalla Rodil reclamou a través dunha proposición non de lei instar a Xunta a avaliar “os resultados prácticos trala aplicación do decreto do plurilingüismo” e presentar os resultados na Cámara galega. A deputada aludiu á disposición adicional quinta da propia norma que obriga a  “con periodicidade anual […]

O BNG pide que o Panteón de Galegos Ilustres sexa de titularidade pública, de uso civil e laico

O BNG volveu reclamar onte no Parlamento galego o uso civil, laico e  titularidade pública do Panteón de Galegos Ilustres ante a imposibilidade de poder visitalo  sen a pertinente autorización do Arcebispado de Santiago. A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, Olalla Rodil considerou paradóxico que non exista ningún problema para […]

Recuperemos a xestión pública dos saltos hidroeléctricos da Galiza

A recuperación da xestión pública evitaría a especulación e  beneficiaría a todo o pobo galego. O BNG pedirá no Parlamento Galego que a Xunta estude a viabilidade dunha tarifa eléctrica galega. As deputadas Olalla Rodil e Noa Presas participaron esta mañá dun acto simbólico no encoro dos Peares. Acompañadas dun grupo de militantes despregaron dúas […]

O BNG apoia a mocidade nas súas reivindicacións contra a LOMCE e en defensa do ensino público galego

A portavoz de educación do BNG, Olalla Rodil participou hoxe  na manifestación convocada pola Plataforma en defensa do ensino público e dos dereitos. A parlamentaria do BNG manifestou ante os medios de comunicación o compromiso desta forza política co ensino público galego e reivindicou a “derrogación da LOMCE e o decreto do plurilinguismo”. Olalla Rodil […]

Aprobada no Parlamento a iniciativa do BNG para acometer o transvase na praia de Covas, en Viveiro

O BNG, a través dunha proposición non de lei defendida pola deputada Olalla Rodil acadou un acordo por unanimidade  na Comisión de Ordenación do Territorio celebrada hoxe no Parlamento galego. Tras a intervención da parlamentaria do BNG que ademais reclamaba iniciar un dialogo coa Plataforma Salvemos a Praia de Covas en Viveiro, o acordo obriga […]