🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O conflito no Grupo Deus, exemplo da perversidade da reforma laboral

Delegados e delegadas da Unión Comarcal da CIG da Coruña realizaron unha concentración o pasado medio día de onte na Alameda de Ordes en apoio á loita das traballadoras do Grupo Deus, para esixir a derrogación inmediata das contrarreformas laborais, e demandar un plan de medidas concretas de actuación para o sector téxtil a creación […]

O BNG pide a xunta que defenda os produtores agrarios afectados polos plans mineiros de ERIMSA

O deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas levou ao Parlamento os plans mineiros da empresa ERIMSA nos concellos de Frades, Mesía, Oroso e Ordes, en particular os efectos que tería na actividade agrogandeira da zona que acadase a concesión mineira que busca. Estes municipios suman unha superficie agraria de 6.721Has que sustentan preto de 200 […]

“A piques de quedar sen emprego, as traballadoras seguen a ser vítimas das ruíns actuacións do Grupo Deus”

Case un mes despois de iniciar folga, as traballadoras de Grupo Deus volvían marchar este mércores polas rúas de Ordes para denunciar os 103 despedimentos e o impago dos salarios, que xa acada as seis mensualidades. Aínda que a folga continúa, esta é a última manifestación que as traballadoras van realizar pola vila, xa que […]

Os concellos do distrito forestal Santiago-Meseta Interior reúnense con Medio Rural para enfrontarse aos incendios

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou a mañá de onte na reunión de seguimento do convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural el os representantes dos 21 concellos do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior. Trátase dun acordo establecido en 2016, cunha vixencia de tres anos, ata o 2018, e que […]

Nin a sarabia nin o frío paralizan a loita das traballadoras do Grupo Deus

As traballadoras do Grupo Deus non se arredan nin diante das alertas meteorolóxicas, nin do frío, nin da sarabia nin da choiva. Coa dignidade que as caracteriza, as traballadoras realizaron este mércores outra marcha a pé dende a fábrica até a Alameda de Ordes para reclamar contra un ERE que é unha fraude e na […]

Prepotencia do Grupo Deus non ten límites: entrega as cartas de despedimento reiterando que non pode pagar a indemnización

A prepotencia do Grupo Deus non coñece límites. Mentres as traballadoras van camiño de cumprir as tres semanas en folga, a empresa comezou onte mesmo a entregar as cartas de despedimento, que terán efecto o vindeiro 3 de abril. Nas comunicacións, a empresa fai constar que non pode pagar a indemnización que legalmente lles corresponde […]

As traballadoras do Grupo Deus continúan esta semana coa folga e realizarán unha marcha a pé este mércores

As traballadoras do Grupo Deus continúan esta semana coa folga para esixir o cobro dos seus salarios e rexeitar o ERE de extinción co que a empresa pretende despedir a 103 empregadas. O persoal tomou a decisión de manter o paro logo de que a dirección confirmara que non ten intención de pagar ás nóminas […]

O BNG reclama á Xunta un plan para recolocar as traballadoras do téxtil

O deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, reclamou da Xunta un plan de reactivación do emprego na Comarca de Ordes para darlle unha alternativa laboral a máis de 400 mulleres que perderon o seu emprego ou están a punto de perdelo no sector téxtil, primeiro co peche da empresa Viriato e agora co ERE no […]

O persoal do Grupo Deus mobilízase en Ordes na segunda xornada de folga

A segunda xornada de folga no Grupo Deus está a rexistrar un seguimento total. Dende primeiras horas, as traballadoras volveron concentrarse ás portas da fábrica no Polígono Industrial de Ordes, berrando contra un ERE que consideran unha fraude e denunciando o impago dos salarios. Para dar máis visibilidade a súa loita, o persoal desenvolveu unha […]

Seguimento total no primeiro día de folga no Grupo Deus

O 100% das traballadoras do Grupo Deus están a secundar a primeira xornada de folga convocada na empresa en rexeitamento ao ERE de extinción para 103 empregadas e para esixir o cobro dos salarios adebedados. Para visibilizar a súa loita, as traballadoras permanecen concentradas dende primeira hora da mañá diante da fábrica do grupo no […]

Folga no Grupo Deus para esixir o cobro dos salarios e rexeitar o ERE de extinción

As traballadoras do Grupo Deus irán á folga o martes 7, mércores 8, xoves 9 e venres 10 de marzo para esixir o cobro dos salarios adebedadas (que nestes momentos xa ascende a cinco mensualidades) e en rexeitamento ao ERE presentado pola empresa en tres das sociedades do grupo, a través do que pretende despedir […]