O Pleno solicita á Xunta incrementar as partidas para Vigo nos orzamentos de 2017

Os grupos do PSOE e da Marea deron luz verde esta mañá a unha moción socialista que reclama á Xunta que nos seus orzamentos para 2017 inclúa partidas para Vigo para infraestruturas necesarias, entre outros, na educación, na sanidade ou no transporte. Trátase, segundo defendeu o tenente de alcalde, David Regades, de actuacións “imprescindibles” que […]

CIG-Área Pública reitera, fronte o Parlamento, a súa oposición aos orzamentos da Xunta

Cunha nova protesta que se desenvolveu baixo unha intensa chuvia diante do Parlamento de Galiza a CIG-Área Pública reiterou a súa oposición tanto aos orzamentos da Xunta para este ano, como á Lei de Medidas Fiscais e Administrativas. “Estamos en contra duns orzamentos que non van posibilitar reforzar uns servizos públicos de calidade, nin recuperar […]

Ensino público galego: os recortes orzamentarios na etapa Feijóo acadan xa os 1.943 millóns de euros

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, denunciou en rolda de prensa a “involución” que padeceu un dereito fundamental como é o ensino público desde a chegada de Núñez Feijoo á presidencia da Xunta, cuns recortes orzamentarios acumulados de, nin máis nin menos, 1.943 millóns de euros que van continuar nos orzamentos actuais e que […]

Persoal da Área Pública demanda no Parlamento servizos públicos de calidade e a recuperación dos seus dereitos laborais

Delegados e delegadas da Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) concentráronse este mércores diante do Parlamento de Galiza para demandar uns servizos públicos de calidade e a recuperación dos dereitos laborais e salariais perdidos ao longo destes anos. A mobilización, que se repetirá o vindeiro luns, día 6 de febreiro, coincidiu co debate […]

En Marea solicita a devolución dos Orzamentos para 2017 cunha proposta alternativa centrada en blindar os dereitos sociais

En Marea explicou hoxe o seu posicionamento sobre os Orzamentos da Xunta para 2017 nun debate plenario que cualificou de “puramente propagandístico” pois o PP rexeitou todas as emendas da oposición a unhas contas que persiten na destrución do Estado social, recortando en máis do 50% partidas coma as axudas do Plan Aluga ou as […]

O BNG demanda á Xunta 61 millóns de euros máis de investimentos na cidade de Vigo

O BNG presentou esta mañá en rolda de prensa as emendas parciais relativas a Vigo que formulan aos orzamentos da Xunta para o ano 2017. As emendas nacionalistas demandan ao goberno galego case 61 millóns de euros máis de investimentos para a cidade. O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, xustificou as emendas […]

En Marea presenta unha emenda á totalidade dos orzamentos da Xunta para 2017 e propón unha alternativa en defensa dos dereitos sociais

En Marea considera que os orzamentos son un instrumento de goberno e demostran cal é as prioridades dun goberno. Por iso En Marea presentou unha menda á totalidade dos orzanentos cunha prioridade irrenunciable: recuperar o nivel de investimento social previo á crise, polo que presenta unha proposta alternativa á do PP que cuantifica en 2.600 millons de euros […]

O Goberno galego prorroga os Orzamentos de 2016 “para que Galicia non se pare nin un só día” mentres non se aproben as contas para 2017

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a prórroga dos Orzamentos de 2016 durante as primeiras semanas do próximo ano, mentres non se aproben as contas para 2017, que nestes momentos están pasando a súa tramitación parlamentaria. “As galegas e galegos pediron unha Galicia que non se parase nin un só día. Esta prórroga […]

O Concello aproba unhas contas para 2017 “de gran contido social, inversor e de fomento do emprego”

A maioría do grupo de goberno, encabezado por Abel Caballero, fixo posible este martes a aprobación definitiva do orzamento do Concello para o ano 2017, unhas contas “de gran contido social, inversor e de fomento do emprego”, tal e como manifestou o edil de Facenda, Jaime Aneiros. Vigo é unha das primeiras grandes cidades de […]

A Federación Galega de Taxi trasladalle a En Marea a preocupación pola regulación do transporte incluída nos Orzamentos da Xunta

Representantes da Federación Galega de Autónomos do Taxi mantiveron unha xuntanza esta mañá co vicevoceiro de En Marea Antón Sánchez e co deputado Marcos Cal para manifestarlle a súa preocupación polo  novo regulamento incorporado aos Orzamentos do 2017, mediante a Lei de Acompañamento, en materia de transporte público, pois consideran que os prexudica e, sen […]

Pedro Puy amosa a disposición de PP a negociar acordos que melloren os Orzamentos de 2017

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe que, unha vez rematen esta semana as comparecencias e se peche o prazo de presentación de emendas aos orzamentos da Comunidade galega para 2017, “iniciaremos un procedemento de negociación cos grupos da oposición que permita chegar a acordos e mellorar o documento orzamentario”. Pedro Puy iniciou […]

O BNG emenda 7,5 millóns de euros do orzamento municipal para que atenda as necesidades reais de Vigo

Propoñen duplicar o orzamento do Plan municipal de emprego, a construción de 3 novas escolas infantís e de 2 bibliotecas, crear unha axuda de 200€ mensuais para o alugueiro das familias sen recursos e a posta en marcha dun programa de apoio ás mulleres vítimas de violencia machista.   Esta mañá, o responsábel local do BNG […]

Os orzamentos da Vicepresidencia para 2017 incrementan as partidas en Xustiza e na loita contra a violencia machista

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para dar conta das liñas xerais do orzamento do seu departamento para 2017, onde destacou que as contas do vindeiro ano refrendan e intensifican a aposta polos servizos públicos esenciais que presta, como a xustiza e a loita contra a violencia de xénero. […]

Manuel Lago: “O Goberno de Feijóo o peor goberno da historia de Galicia dende que recuperamos a democracia, tamén na economía“

Esta mañá tivo lugar a presentación dos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano na Comisión 3º do Parlamento de Galicia. O deputado de En Marea responsable da área económica, Manuel Lago, comezou a súa intervención desmentindo o discurso propagandístico do Goberno Feijóo cando afirma que a volta a taxas positivas de variación […]

O BNG cualifica de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta por desatender as necesidades de Vigo

O Bloque Nacionalista Galego expresou o seu rexeitamento á proposta de orzamentos da Xunta para o ano 2016, cualificándoos de “decepcionantes” por desatender, en opinión das nacionalistas, “as principais necesidades da cidade de Vigo”. Para o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, as contas elaboradas polo Goberno galego confirman que “para Feijóo Vigo é de […]

Luís Villares: “Orzamento 2017 é propaganda e recupera senda de austeridade de Feijóo tras superar ciclo electoral”

Trala presentación dos Orzamentos para 2017 no Parlamento de Galicia esta mesma mañá, o portavoz de En Marea, Luís Villares cualificou a proposta da Xunta de “propaganda” pois recupera a senda das políticas de austeridade de Feijóo que fixeron que a recesión en Galicia durase máis que noutras Comunidades Autónomas con políticas de gasto público […]

Os orzamentos da Xunta para 2017 non se axustan á “dramática” realidade galega, nin ás necesidades do noso país

A consellaría de Facenda convocou para este mércores ás organizacións sindicais para falar dos orzamentos da Xunta de Galiza para 2017. Unha xuntanza á que en representación da CIG asistiron o secretario de Organización, Paulo Carril e a responsábel do Gabinete Técnico de Economía, Natividade López Gromaz. Unha xuntanza da que concluíron que os orzamentos […]

El PP presenta 60 enmiendas que plantean un ahorro del gasto y 25 nuevas propuestas

“Esperamos que el alcalde acepte debatir estos cambios y los analice con lealtad, porque corrigen graves deficiencias pensando sólo en lo que los vigueses necesitan”, explica. Apuesta por incrementar el denominado “cheque social” hasta casi 3 millones, destinar 400.000 euros al Plan de Empleo Juvenil o desarrollar un programa de asesoramiento y apoyo a emprendedores.  […]

Serafín Otero: “A proposta de orzamentos municipais non dá resposta aos problemas reais da xente e dos barrios”

O Bloque presentou esta mañá en rolda de prensa as 17 alegacións presentadas ás ordenanzas fiscais aprobadas en solitario polo PSOE, por ser “socialmente inxustas”. “As ordenanzas fiscais aprobadas o pasado mes de outubro e a proposta de orzamentos municipais para o ano 2017, son a clara demostración de que o Goberno local non ten […]

Marea de Vigo propón que para os Orzamentos do 2017 o Concello leve a cabo ferramentas participativas

Vistas as liñas xerais xa presentadas para o orzamento municipal do 2017, continuístas en cuestións de inversión e gasto, e mais aló das limitacións da lei Montoro e medidas como o teito de gasto, orientadas a priorizar o pago da débeda e supoñendo así a imposibilidade de empregar os orzamentos do 2017 como un instrumento […]