O Pleno solicita á Xunta incrementar as partidas para Vigo nos orzamentos de 2017

Os grupos do PSOE e da Marea deron luz verde esta mañá a unha moción socialista que reclama á Xunta que nos seus orzamentos para 2017 inclúa partidas para Vigo para infraestruturas necesarias, entre outros, na educación, na sanidade ou no transporte. Trátase, segundo defendeu o tenente de alcalde, David Regades, de actuacións “imprescindibles” que […]

En Marea vota en contra do Orzamento da Xunta por ser un modelo de “desigualdade e inxustiza”

En Marea defendeu as súas emendas ao Orzamento da Xunta de Galicia 2017 no Parlamento de Galicia e criticou o falso discurso do diálogo mantido polo PP. O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, xustificou a postura en contra do seu grupo ao Orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2017 xa que o que […]

En Marea solicita a devolución dos Orzamentos para 2017 cunha proposta alternativa centrada en blindar os dereitos sociais

En Marea explicou hoxe o seu posicionamento sobre os Orzamentos da Xunta para 2017 nun debate plenario que cualificou de “puramente propagandístico” pois o PP rexeitou todas as emendas da oposición a unhas contas que persiten na destrución do Estado social, recortando en máis do 50% partidas coma as axudas do Plan Aluga ou as […]

En Marea propón un incremento de 750 millóns de euros aos Orzamentos da Xunta para rescatar os servizos públicos e recuperar a economía

En Marea afronta o debate orzamentario do vindeiro luns no Parlamento de Galicia dende unha posición de país que garanta os dereitos das maiorías sociais. Así o avanzou esta mañá Luís Villares despois da Xunta de Portavoces, tras cuestionar a decisión do Partido Popular de reducir todo o debate sobre os orzamentos do ano 2017 […]

O BNG demanda á Xunta 61 millóns de euros máis de investimentos na cidade de Vigo

O BNG presentou esta mañá en rolda de prensa as emendas parciais relativas a Vigo que formulan aos orzamentos da Xunta para o ano 2017. As emendas nacionalistas demandan ao goberno galego case 61 millóns de euros máis de investimentos para a cidade. O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, xustificou as emendas […]

En Marea presenta unha emenda á totalidade dos orzamentos da Xunta para 2017 e propón unha alternativa en defensa dos dereitos sociais

En Marea considera que os orzamentos son un instrumento de goberno e demostran cal é as prioridades dun goberno. Por iso En Marea presentou unha menda á totalidade dos orzanentos cunha prioridade irrenunciable: recuperar o nivel de investimento social previo á crise, polo que presenta unha proposta alternativa á do PP que cuantifica en 2.600 millons de euros […]

Xabier Ron: “Hoxe temos 16 millóns de euros menos que no 2012 para Cultura, limitando así o dereito de acceso para a cidadanía”

Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e ex deputado de AGE, trasladou está mañá que “os Orzamentos que a Xunta dedica no 2017 á Cultura seguen a perpetuar unha senda de empobrecemento do dereito ao acceso á mesma, xa que, se ben a cultura ten que servir para socializar e ser redistribuída por […]

O Goberno galego prorroga os Orzamentos de 2016 “para que Galicia non se pare nin un só día” mentres non se aproben as contas para 2017

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a prórroga dos Orzamentos de 2016 durante as primeiras semanas do próximo ano, mentres non se aproben as contas para 2017, que nestes momentos están pasando a súa tramitación parlamentaria. “As galegas e galegos pediron unha Galicia que non se parase nin un só día. Esta prórroga […]

A Federación Galega de Taxi trasladalle a En Marea a preocupación pola regulación do transporte incluída nos Orzamentos da Xunta

Representantes da Federación Galega de Autónomos do Taxi mantiveron unha xuntanza esta mañá co vicevoceiro de En Marea Antón Sánchez e co deputado Marcos Cal para manifestarlle a súa preocupación polo  novo regulamento incorporado aos Orzamentos do 2017, mediante a Lei de Acompañamento, en materia de transporte público, pois consideran que os prexudica e, sen […]

Eva Solla: “A pesar de que Galicia é a comunidade con máis sinistralidade, recortan máis do 96% nas partidas de seguridade no traballo”

Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia por En Marea, valorou en Compostela os Orzamentos Autonómicos da Xunta de Galicia para o 2017. Segundo a deputada, “con estas cifras se consolidan as contas da pobreza e da degradación das condicións de acceso ao servizos públicos para a […]

Manuel Lago: “O Goberno de Feijóo o peor goberno da historia de Galicia dende que recuperamos a democracia, tamén na economía“

Esta mañá tivo lugar a presentación dos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano na Comisión 3º do Parlamento de Galicia. O deputado de En Marea responsable da área económica, Manuel Lago, comezou a súa intervención desmentindo o discurso propagandístico do Goberno Feijóo cando afirma que a volta a taxas positivas de variación […]

O BNG cualifica de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta por desatender as necesidades de Vigo

O Bloque Nacionalista Galego expresou o seu rexeitamento á proposta de orzamentos da Xunta para o ano 2016, cualificándoos de “decepcionantes” por desatender, en opinión das nacionalistas, “as principais necesidades da cidade de Vigo”. Para o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, as contas elaboradas polo Goberno galego confirman que “para Feijóo Vigo é de […]

O alcalde critica a inversión da Xunta en Vigo que supón menos dun 2% do total de Galicia

O rexedor olívico referiuse este luns aos presupostos da Xunta de Galicia para o ano 2017 como os “peores da historia da cidade” polo “abandono practicamente total” que considera que supoñen para Vigo, xa que hai ámbitos demandados que non reciben asignación e do total do investimento de 805 millóns en Galicia, reserva para Vigo […]

Vigo será la ciudad gallega con más inversión de la Xunta en 2016

160 millones de euros y un crecimiento del 40% respecto al año anterior. Elena Muñoz sostiene que “están todos los proyectos claves de la ciudad” y exige “la colaboración real y leal del Concello para hacer realidad hasta la última obra”. El diputado Javier Dorado destaca el “papel fundamental de Vigo en los primeros presupuestos […]