🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Lídia Senra desprázase a Estonia para coñecer os desafíos do desenvolvemento rural no Báltico

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), desprazouse esta semana a Estonia para asistir, como parte dunha delegación da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, á Conferencia internacional Agroforum Mare Balticum e á feira agrícola Maamees, a maior dos estados bálticos, así como a reunións paralelas […]

O BNG tenta frear no Parlamento o peche do centro de saúde de Soutelo de Montes, Forcarei

A deputada por Pontevedra Montse Prado trasladou ao Parlamento a alarma social xerada entre a veciñanza de Soutelo de Montes ante o previsible peche do centro de saúde e a derivación das persoas doentes ao centro de Forcarei. De feito, o PAC ameazado de peche xa non cubriu máis que con persoal temporal a praza […]

Concentrásense en Defensa dá Sanidade Pública diante da Xunta en Vigo

Sera o próximo xoves 6 de abril ás 12horas diante do edificio da Xunta de Galicia en Vigo, organiza a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas. Como sabedes a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas estiveron durante todo o mes de febreiro na rúa recollendo sinaturas dos veciños/as de Cangas solicitando […]

Ángeles Vázquez: “Para Galicia é de vital importancia manter os dous piares da PAC como elemento esencial da política agraria”

A Consellería do Medio Rural, Ángeles Vázquez, defendeu esta mañá os intereses de Galicia na conferencia de alto nivel organizada polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente para debater sobre o futuro da PAC. A portavoz da Xunta explicou que para a nosa comunidade “é de vital importancia manter os dous piares […]

Galicia participará na conferencia de alto nivel sobre o futuro da PAC que terá lugar a próxima semana en Madrid

Galicia estará presente na conferencia de alto nivel sobre o futuro da Política Agraria Común (PAC) en Europa que organiza o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente coa que se abrirá o debate sobre a PAC a partir do 2020. Será a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola directora xeral […]

En Marea denuncia no pleno o servilismo de Rajoy ao establishment e aos poderes financeiros europeos e pide melloras na PAC e na axuda a refuxiados

O deputado e portavoz de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, denunciou este mércores no pleno do Congreso dos Deputados o “servilismo” do Goberno de Mariano Rajoy ao establishment e os poderes financeiros europeos e pediu melloras na PAC e na axuda a refuxiados. “A Europa que nos sirve é a Europa dos dereitos; dereitos sociais, […]

Medio Rural consultará ao sector para buscar o máximo consenso de cara á renovación da PAC a partir de 2020

A Consellería do Medio Rural comezou a traballar nas consultas co sector agrogandeiro galego para acadar o maior consenso posible con vistas a nova Política Agrícola Comunitaria (PAC). Trátase de trasladarlles aos agricultores e gandeiros as principais liñas que rexerán a xestión agraria da UE a partires de 2020, co fin de que poidan realizar […]

O PAC de Vigo avalía a súa grande capacidade de resolución no seu primeiro ano de funcionamento

O Punto de Atención Continuada de Vigo cumpre mañá o seu primeiro ano de funcionamento -trala súa unificación no edificio anexo ao Hospital Xeral- cuns índices de actividade que constatan a súa eficacia e alta capacidade de resolución. Así, este dispositivo de atención ás Urxencias Extrahospitalarias atendeu o pasado ano a 58.359 pacientes. Destes, tan […]

Cangas do Morrazo se mobiliza contra os recortes na Sanidade Pública

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, iniciou este martes unha campaña de recollida de sinaturas entre os veciños para instar á Conselleria de Sanidade a resolver o grave problema existente en Cangas referente a situación do servizo do PAC de Urxencias. Son numerosas as ocasión nas que os veciños/as acuden ao Servizo […]

Feijóo avanza que preto de 26.000 agricultores e gandeiros recibirán o maior anticipo da PAC da historia de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que preto de 26.000 agricultores e gandeiros recibirán o maior anticipo da PAC da historia de Comunidade, que ascende a 102,7 millóns de euros. Feijóo subliñou que esta achega supón un incremento do 57% respecto do pago anticipado do pasado […]

Denuncian a arbitrariedade do SERGAS ao establecer o calendario de traballo do persoal de enfermaría dos Puntos de Atecnción Continuada da área sanitaria de Vigo

CCOO Sanidade Vigo, denuncia ante a opinión pública a confrontación que está a provocar o Sergas entre o persoal de enfermaría dos Pacs (puntos de atención continuada das urxencias extrahospitalarias) de Tui e Redondela entre outros. Nos primeiros anos deste século e ante a escasez de persoal de enfermaría, o Sergas negociou cos sindicatos un […]

En Marea pedirá que as axudas da PAC se adianten ao mes de outubro como ocurre noutros países europeos

No marco da rolda de encontros sectoriais que está mantendo En Marea con colectivos e sindicatos, esta mañá unha representación do grupo parlamentario mantivo unha xuntanza no Parlamento de Galicia co Sindicato Labrego Galego. Trala xuntanza, o deputado de En Marea na Comisión de Agricultura, Davide Rodríguez, anunciou que dende En Marea solicitarán o adianto […]