O BNG alerta de que a involución democrática do Estado dá alas á extrema dereita

A portavoz nacional, Ana Pontón, advirte que o momento de involución democrática que vive o Estado español está dando alas á extrema dereita, mesmo coa reaparición de actitudes fascistas, e critica “unha xustiza que encadea polític@s por defender as súas ideas mentres continúan impunes os crimes da ditadura e non ve delito cando a Fundación […]

Medio cento de eurodeputadas/os responden á chamada de Lídia Senra para demandar á CE medidas contra os lumes

Máis de medio cento de deputadas e deputados no Parlamento Europeo integrantes dunha ampla variedade de partidos políticos -GUE/NGL; Verdes-ALE; S&D; ALDE e EPP- subscribiron a iniciativa lanzada pola eurodeputada galega Lídia Senra para demandar ao Comisario de Agricultura, Phil Hogan, e ao de Medio Ambiente, Karmenu Vella, a posta en marcha inmediata de medidas para facer […]

Senra: “O marcado “CE” debería estar reservado exclusivamente aos produtos da Unión Europea”

Durante a tarde de hoxe -primeiro día da sesión plenaria do Parlamento Europeo que terá lugar até o vindeiro xoves en Estrasburgo (Francia) [ORDE DO DÍA]-, a representante do Grupo da Esquerda Verde Nórdica/Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Lídia Senra, esixiu á Unión Europea o establecemento de límites estritos ás substancias químicas nos […]

Senra pide á CE investigar se a Lei de Depredación incumpre unha das principais directivas medioambientais da UE

Dentro das medidas que Lídia Senra vai desenvolver para elevar ás institucións comunitarias a denuncia das consecuencias que para Galiza, a nivel humano e ecolóxico, pode carrexar a Lei de Fomento da Implantación das Iniciativas Empresariais (“Lei de Depredación de Galiza”) aprobada pola Xunta de Galicia esta semana, a eurodeputada galega rexistrou onte unha primeira pregunta parlamentaria dirixida á Comisión […]

O BNG reclama en Bruxelas que se active o mecanismo europeo de protección civil

A portavoz do BNG en Bruxelas presentou unha iniciativa na Eurocámara para reclamar da Comisión Europea a posta en marcha do Mecanismo Europeo de Protección Civil, -como xa fixo Portugal-, para responder ás necesidades inmediatas derivadas da vaga de lumes,  ademais de reclamar do Executivo comunitario que esixa ao Goberno español o cumprimento da normativa […]

Lidia Senra denuncia na CE que na Illa de Ons falta persoal e os medios cos que contan son escasos

Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea, por segunda vez este verán, deficiencias no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.  Esta  denuncia refírese ao pouco persoal e aos poucos medios cos que contan. Na illa de Ons hai 3 funcionarios e […]

Lidia Senra denuncia na CE que o Pazo de Sober recibiu fondos FEDER e un préstamo do BEI, e que non consta que foran devoltos pola empresa beneficiaria , Alvaher 98, S.L.

Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea que a empresa Alvaher 98, S.L., promotora dun hotel de “gran luxo” no Concello de Sober (Lugo), entrou en concurso de acredores fai máis dun ano e non consta información sobre  se esta empresa […]

Ana Miranda pide a intervención da Comisión Europea contra a Fundación Franco

A Portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda solicita a intervención da Comisión europea contra a Fundación Nacional Francisco Franco (FNFF) por “apoloxía da ditadura e da figura do ditador”, nas visitas que xestiona no Pazo de Meirás. A portavoz do BNG en Europa salienta que a  Fundación Nacional Francisco Franco, frecoñecida conforme ao amparo do […]

Lídia Senra reclama na CE que se garantan os dereitos das traballadoras e traballadores do Banco Santander e Popular

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), rexistrou esta semana en Bruxelas un documento escrito dirixido á Comisión Europea (CE), interesándose pola situación laboral dos traballadores e traballadoras do Banco Popular e do Banco Santander a raíz da operación levada a cabo a principios de xuño deste ano na que […]

O BNG rexistra ante a UE unha denuncia contra o Estado español en relación ao accidente do Alvia

O BNG rexistrou esta maña ante a Comisión Europea unha denuncia contra o Estado español, -en concreto contra o Goberno, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Ferrocarriles, ADIF e Renfe Operadora-, por infracción do Dereito Comunitario e incumprimento das obrigas aplicables á avaliación do control de riscos da líña 082 do tren de alta velocidade […]

Senra defende que se poña fin á cada vez máis evidente obsolescencia programada dos produtos fabricados

Votou este martes pola mañá no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, a favor do “Informe sobre unha vida útil máis longa para os produtos: vantaxes para os consumidores e as empresas”. A eurodeputada considera este documento un “importante punto de partida para iniciar un camiño que é imprescindíbel transitar: o camiño do decrecemento, porque o […]

Ana Miranda ve positivo que o xuíz pida á UE un informe integral de riscos no accidente de Angrois

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda considera moi positivo que o  xuíz instrutor do accidente ferroviario de Angrois,  Andrés Lago  Louro requira  da  Axencia Ferroviaria Europea un informe para determinar a  avaliación integral de riscos  na liña   Ourense-Santiago, onde se produciu o accidente de Angrois. Miranda salienta que o BNG xa solicitou […]

O Comité do 112 denunciará á Xunta ante o Comité de Peticións do Parlamento Europeo

Representantes do comité do 112 compareceron este mércores en rolda de prensa xunto coa representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, para anunciar a presentación dunha denuncia perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, pola situación do servizo universal de emerxencia europeo 112 e a aplicación deficiente, por parte do Goberno da Xunta […]

Lídia Senra reclama en galego no Parlamento Europeo o cumprimento da Carta Europea das Linguas

Lidia tomou a palabra este luns pola noite no pleno do Parlamento Europeo, que se está a desenvolver esta semana en Estrasburgo, para facendo uso da lingua propia e coincidindo co 25 aniversario da adopción da Carta Europea das Linguas Rexionais, Minoritarias ou Minorizadas denunciar que pasado un cuarto de século nin a propia UE, nin o Goberno do […]

A europarlamentaria Lídia Senra apoia a loita por unha xustiza adaptada á infancia

acolleu onte no Parlamento Europeo a xornada de traballo “Unha xustiza adaptada á infancia: A consideración da voz das vítimas menores de idade”, un encontro organizado en colaboración coa Asociación Galega contra o Maltrato a menores (AGAMME) e a Rede Internacional para os dereitos da infancia (Fight4 Child) e que contou coa presenza de persoas especializadas no […]

Lídia Senra intervén no pleno do Parlamento Europeo para sinalar que “a fame non se combate con caridade”

Defendeu este martes no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, que “a fame non se combate con caridade, combátese con políticas que garantan renda e salarios decentes para toda a poboación”. Senra tomou a palabra no plenario, para explicar o seu voto en contra da ‘Iniciativa sobre o uso eficiente dos recursos: reducir o desperdicio […]

La investigadora Carmen Martínez inaugura en el Parlamento Europeo la exposición sobre la vid y el vino

Carmen Martínez, directora del Grupo de Viticultura de la Misión Biológica de Galicia – CSIC, es la impulsora del traslado a la sede del Parlamento Europeo en Bruselas de la exposición itinerante “La vid, el vino y el CSIC” que, entre otros objetivos, trata de sensibilizar a la sociedad sobre la importancia del patrimonio vitivinícola […]

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo analiza hoxe posibles irregularidades da praxis xudicial no Estado español en casos de violencia de xénero e abusos de menores

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo tratará hoxe a situación de posibles irregularidades que se estarían cometendo na praxis xudicial no Estado español en casos referidos a violencia de xénero e abusos de menores. O organismo comunitario aceptou a trámite hai xusto un ano a petición promovida pola Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), a […]

A UE aproba o informe co-impulsado por Lídia Senra sobre a necesidade de mellorar as condicións das mulleres no rural

O pleno do Parlamento Europeo aprobou onte en Estrasburgo, con 523 votos a favor, 104 en contra e 58 abstencións, o informe de iniciativa propia das Comisións de Agricultura e Desenvolvemento Rural e Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero “Sobre as mulleres e o seu papel nas zonas rurais”, no que a eurodeputada galega Lídia Senra […]

A comisaria de transportes traslada ao BNG que o caso Alvia segue aberto para o executivo da UE

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, amosa a súa satisfacción trala xuntanza coa comisaria europea de  Transportes, Violeta Bulc na sede da Eurocámara en Estrasburgo, na que a responsable comunitaria confirmou que, a efectos do Executivo europeo, o caso da traxedia do  Alvia permanece aberto. Neste encontro, Miranda trasladou á comisaria a petición […]

Ana Miranda pide á CE de Transportes que abra a Comisión de Investigación do accidente de Angrois

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda  reúnese mañá en Estrasburgo coa  coa Comisaria europea de Transportes, Violeta Bulc á que trasladará a necesidade de abrir un novo procedemento de infracción contra o Estado español “por incumprir a normativa comunitaria na investigación do accidente ferroviario de Angrois”. Miranda pedirá á comisaria que se sume […]

O pleno europeo debate e vota esta semana un informe do que é co-relatora Lídia Senra sobre as mulleres no medio rural

O pleno do Parlamento Europeo que arranca esta semana en Estrasburgo someterá a debate e votación un informe do que é co-relatora a eurodeputada galega Lídia Senra. Trátase dun informe de iniciativa propia “Sobre as mulleres e o seu papel nas zonas rurais”, no que Senra leva meses traballando, exercendo de relatora para a súa elaboración e defensa […]

Lídia Senra reclama una distribución de TACs e cotas xusta e transparente coa pesca artesanal e de baixura

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), recibiu en Bruxelas as inquedanzas e reivindicacións do sector pesqueiro artesanal e de baixura de Galiza no marco dunha iniciativa centrada en analizar as desigualdades na pesca e o impacto dos superarrastreiros e as pesquerías industriais no sector artesanal […]

Ana Miranda valora que a Eurocámara saia en defensa das persoas emigrantes retornadas acosadas por Facenda

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda valora que a Eurocámara saia na defensa dos emigrantes galegos retornados acosados por Facenda. No debate da denuncia de “acoso de Facenda ás persoas emigrantes galegas retornadas”,celebrado onte no Parlamento europeo,  a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda e a Plataforma de afectad@s demandaron da Comisión […]