Luís Bará dille ao PP que con slogans non se frea deslocalizacion da automocion

Bará a Conde: “Mentres vostede está na autocompracencia do slogan de industria 4.0, Portugal ten unha política de Estado para este sector”. Aposta por unha tarifa eléctrica galega aproveitando os recurso do país para ganar competitividade. O deputado por Pontevedra, Luís Bará, reclamou á Xunta no Parlamento que elabore unha estratexia para combater a deslocalización […]

O BNG esixe a Educación convocar xa as oposicións e plantarlle cara a Madrid

Trala comparecencia do conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez  para informar das liñas xerais do seu departamento, a deputada do BNG, Olalla Rodil emprazou ao titular de educación “a convocar as oposicións e non utilizar ás persoas que concorrerán como moeda de cambio para a negociación dos orzamentos dos Estado”. A nacionalista cualificou de […]

Ana Pontón: “Feijóo ten que facer valer a unidade de Galiza na AP9 para que non se repita o vergoñento veto de Rajoy”

A portavoz nacional, Ana Pontón, espera que o segundo intento do Parlamento para conseguir a transferencia da AP9 non volva ter como resposta “o veto vergoñento e antidemocrático” de Rajoy e da deputada electa por Pontevedra, Ana Pastor, a unha demanda unánime de Galiza. Esta unanimidade, dixo, “supón unha responsabilidade engadida para o Goberno galego […]

O BNG pide á Xunta que sancione á familia de Franco por impedir as visitas ao Pazo de Meirás

O deputado do BNG, Luís Bará insta á Xunta a adoptar algunha das medidas sancionadoras recollidas na lei 8/1985 de Patrimonio Cultural de Galiza previstas para casos como o de incumprimento do réxime de visitas  no Pazo de Meirás. O parlamentario  reclama “abrir expediente para sancionar aos propietarios do BIC, Pazo de Meirás e facer […]

O BNG reclama que se cumpran os prazos para as oposicións en Galiza

A través dunha pregunta parlamentaria do deputado do BNG, Luís Bará, sobre os atrasos nos procesos selectivos dos corpos xerais da Xunta de Galiza e os problemas detectados nos prazos da súa realización, o director xeral de Función pública cualifico de “normalidade” o acontecido e anunciou  que o proceso da Oferta pública de Emprego para […]

O BNG leva ao parlamento o “posíbel incremento” no recibo da luz por mor do canon eólico

Noa Presas pregunta ao goberno se aceptará que os galegos e galegas paguemos máis na factura da luz polo posible incremento do canon eólico ou plantará cara a Madrid. A deputada do BNG formulou unha pregunta ante o anuncio do Goberno central de cargar no recibo da luz o canon que a Xunta  cobra ás […]

Mini: “É surrealista que a Xunta tarde 12 anos en afastar a zona de caza que limita con Novo Mesoiro”

O deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas cualificou de “surrealista” que a Xunta precisara máis dunha década para asumir que o barrio coruñés de Novo Mesoiro, con 9.000 residentes, debe ser afastado da zona de caza que limita con esta zona urbana, unha vella demanda da veciñanza e dos propios cazadores. O deputado ironizou atribuíndo […]

O BNG pide axudas da Xunta para paliar os danos causados polos xabarín no Baixo Miño

A deputada por Pontevedra Montse Prado leva ao Parlamento as demandas da veciñanza da Comarca do Baixo Miño, en particular no Concello da Guarda, en relación á poboación de xabarín que experimentou un importante incremento nos último anos  sen que exista un control por parte da Administración. Ese incremento, unido a falta de control, tradúcese […]

Mini pide á Xunta que cofinancie a residencia da terceira idade de Boimorto

Demanda ao Goberno galego que sufrague a ampliación desta infraestrutura que ten 29 prazas a templo completo e 15 de centros de día. “Pedimos prazas concertadas e que cofinancie unha serie de servizos ás persoas maiores no rural como comedor, lavandería ou fisioterapia”. O deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, presentou unha batería de iniciativas […]

O BNG impulsa no Parlamento unha Lei Galega da Memoria Histórica

O parlamentario do BNG, Luís Bará presentou  hoxe unha proposición non de lei para instar ao goberno galego a desenvolver unha “política pública sobre a memoria histórica”, fundamentada nos Dereitos humanos, a Verdade, a Xustiza e a reparación das vítimas do franquismo en Galiza. Para o deputado, o pasado segue sendo “moi incómodo” para algúns […]

O BNG leva á Cámara o incremento da desigualdade das mulleres que se plasma en salarios e pensións

Pontón confía que no segundo intento por acadar a transferencia da AP9, “o PP non volva traizoar a Galiza e vote en Madrid o mesmo que aquí”. Suspensión das oposicións e deslocalización na automoción centran as outras iniciativas nacionalistas no próximo pleno. A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou un pleno “social e laboral” especialmente centrado […]

A praga da couza da pataca débese á importación masiva e á política de “brazos cruzados” da Xunta

O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas, criticou a política de “brazos cruzados” da Xunta de Galiza en relación á praga da couza guatemalteca que afecta á produción de pataca e que ten en xaque aos produtores de 31 concellos en Ferrolterra e na Mariña lucense. O deputado do Bloque atribuíu a chegada da couza […]

Luís Bará acusa ao PP de querer pasar a historia como o “enterrador da Área Metropolitana de Vigo”

O parlamentario do BNG, Luís Bará acusou hoxe ao Partido popular de sentir “unha obsesión enfermiza” contra determinados gobernos municipais e facer “oposición” dende o propio goberno da Xunta. No ano 2000, explicou o nacionalista, catorce concellos foron o xermolo da Área Metropolitana de Vigo para acadar a “vertebración e  prestación conxunta de servizos a […]

O BNG esixe a Educación que cumpra a lei e presente os resultados da aplicación do decreto do plurilingüismo

A deputada e portavoz de educación do BNG, Olalla Rodil reclamou a través dunha proposición non de lei instar a Xunta a avaliar “os resultados prácticos trala aplicación do decreto do plurilingüismo” e presentar os resultados na Cámara galega. A deputada aludiu á disposición adicional quinta da propia norma que obriga a  “con periodicidade anual […]

O BNG pide que o Panteón de Galegos Ilustres sexa de titularidade pública, de uso civil e laico

O BNG volveu reclamar onte no Parlamento galego o uso civil, laico e  titularidade pública do Panteón de Galegos Ilustres ante a imposibilidade de poder visitalo  sen a pertinente autorización do Arcebispado de Santiago. A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, Olalla Rodil considerou paradóxico que non exista ningún problema para […]

Ana Pontón advirte a feijóo que se autoriza a venda das centrais do Xallas perderanse 284 empregos

A portavoz nacional, Ana Pontón, propuxo facer unha fronte común de todas as forzas políticas para garantir o futuro de Ferroatlántica na Costa da Morte con dous puntos concretos: Pechar a porta a calquera venda ou segregación das centrais do  Xallas e demandar da empresa que cumpra cos seus compromisos con Galiza en materia de […]

Ana Pontón a PP e PSOE: “Votarían non a unha comisión de investigación se viaxasen no Alvia accidentado?”

Citando un poema de Rosalía sobre o dereito á xustiza a portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu por cuarta vez no Parlamento galego a creación dunha comisión de investigación do accidente de Angrois esgrimindo tres argumentos: O dereito das vítimas a coñecer a verdade, esixencia de responsabilidades políticas e adoptar as medidas para evitar outra traxedia […]

Noa Presas tilda de “compracente e propagandística” a estratexia da Xunta en emprego e industria

A portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, cualificou de autocompracente e propagandística a estratexia da Xunta en materia de emprego e industria confirmada pola intervención do conselleiro, Francisco Conde. “Propaganda e publicidade, a dobre  PP”, ironizou a deputada do Bloque, “porque a recuperación só chega nas notas de prensa da Xunta”. Presas iniciou a súa […]

Os sucesos no servizo de saúde mental de Conxo son consecuencia dos recortes do PP na sanidade pública

A portavoz de Sanidade, Montse Prado, levou ao Parlamento os feitos acontecidos no servizo de saúde mental do centro hospitalario de Conxo saldados co falecemento dun doente e cunha agresión sexual que, para o BNG, son consecuencia dos recortes aplicados polo PP na sanidade pública. “Son feitos de enorme gravidade que poñen ao PP, ao […]

Noa Presas reclama reducir o IVE do 21% ao 4% no consumo doméstico de electricidade

A través dunha moción, a parlamentaria do BNG, Noa Presas reclamou  reducir o IVE do 21% ao 4% no consumo doméstico de electricidade, modificar a lei para eliminar os suplementos territoriais e  elaborar un estudo do viabilidade na implantación da tarifa eléctrica galega. A parlamentaria reiterou que Galiza é un país excedentario en produción de […]

O Parlamento ten que investigar se hai delito no “secuestro” da lei a favor das persoas estafadas polas preferentes

Ana Pontón lembra que Santalices estaba na Mesa que deixou o texto nun caixón 32 meses: “A prioridade do presidente non é pasear en coche oficial senón velar pola función lexislativa da Cámara”. Reunión con representantes das plataformas de afectados para esixir a devolución dos 100M€ pendentes de reintegrar a 10.000 aforradores. O BNG rexistrou […]

O BNG pide celeridade no pago das indemnizacións polos ataques dos lobos cubrindo todos os danos

O portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, reclamou á Xunta no Parlamento celeridade no pago das axudas ás explotacións gandeiras que se viron afectadas por ataques de lobo no concello de Vilasantar, que están sendo obxecto de acoso por este animal cun balance de 143 animais mortos só nunha única explotación en catro anos. […]

Mini demanda un plan de limpeza de montes e esixe que o orzamento se execute na súa totalidade

O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas, reclamou ao goberno un plan de limpeza de montes “en tempo e forma” para que non volva quedar sen executar o 20% do orzamento presupostado, -15 millóns de euros en 2016-, e non sexan rexeitadas por defecto de forma máis da metade das solicitudes de axudas dun total […]

Aprobada a iniciativa do BNG que instará ao Goberno central a cambiar a Lei da Tesourería Municipal

O BNG acadou hoxe un acordo por unanimidade na comisión de Administración  para que o Parlamento galego inste ao Goberno central a demandar do Goberno do Estado a eliminación da obrigatoriedade de habilitación nacional para os tesoureiros e tesoureiras dos concellos de 10.000 habitantes e un segundo punto dedicado aos concellos de entre 10.000 e […]