🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O emprego precario, temporal e conxuntural suaviza os datos da EPA

O terceiro trimestre do ano, ao englobar os meses estivais é, tradicionalmente, un período con resultados positivos no mercado de traballo, máxime cando o sector Servizos, e especialmente as actividades relacionadas co turismo,  teñen cada vez maior peso na economía. Este último do ano 2017 non foi unha excepción. Outra cuestión é a calidade do […]

A caída da poboación activa e o incremento da temporalidade definen a EPA do segundo trimestre

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) referida ao segundo trimestre de 2017 confirma a alarmante precarización do mercado de traballo, derivada das políticas laborais aplicadas nos últimos anos. Como é habitual no segundo trimestre de cada ano, rexístrase un incremento da ocupación relacionada coas contratacións para o período estival. De aí que o maior medre […]

UGT-Galicia denuncia que se está fiando toda a recuperación do emprego á estacionalidade

Os datos do paro, correspondentes ao mes de maio e publicados hoxe polos Servizos Públicos de Emprego, amosan que en Galicia o paro baixa en 4.991 persoas, en relación a abril, o que supón un 2,44 por cento. Situando así a cifra total de desempregados en Galicia en 199.638 persoas. Non obstante, como se vai […]

CCOO afirma que se reduce o paro á custa de crear postos de traballo «precarios e sen futuro»

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que a redución do paro vai ligada á creación de emprego en condicións «precarias e con data de caducidade». Desde o sindicato insisten en que a falta de postos de traballo de calidade, especialmente pola elevada temporalidade, se está convertendo nun «problema crónico» en Galicia. Ao tempo, a evolución do desemprego […]

En Galiza asináronse 74.091 contratos no mes de abril, pero o paro reduciuse só en 5427 persoas

No noso país asináronse durante o mes de abril un total de 74.091 contratos, mais o descenso do número de parados/as foi unicamente de 5427, o que amosa ben ás claras a principais características do mercado laboral galego: a temporalidade e a rotación. Ademais, a baixada do paro foi máis acusada no conxunto do Estado […]

CCOO reitera a necesidade de cambiar o modelo produtivo de Galicia, cuxos datos de desemprego continúan peor que no Estado

Comisións Obreiras (CCOO) reitera a necesidade de cambiar o modelo produtivo de Galicia. Os datos de desemprego da nosa comunidade seguen sendo peores que os do Estado. No mes de febreiro permaneceu case estancado o paro rexistrado no noso país, xa que só baixou en 154 persoas con respecto ao mes de xaneiro: diminuíu só […]

O paro baixa en 154 persoas no mes de febreiro en Galiza, pero o número de contratos dispárase até os 62.323

O mes de febreiro rematou con 211.924 persoas rexistradas como paradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) en Galiza, 154 menos que en xaneiro, o que en termos porcentuais equivale a un descenso do 0,07%. Este dato contrasta co elevado número de contratos rexistrados neste período, 62.323, o que amosa claramente a […]

Galicia comeza o ano igual que rematou o anterior: máis desemprego e unha situación peor que no resto do estado

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia (CCOO) afirma que Galicia comeza o 2017 igual que rematou 2016: con máis desemprego e unha situación económica peor que no conxunto do estado. A secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, denuncia que os poucos postos de traballo que se crean son «precarios» e salienta que nove […]

O incremento do paro rexistrado en Galiza en decembro duplica a media estatal

O incremento do paro rexistrado en Galiza durante o mes de decembro duplicou a media estatal, ao contabilizar unha subida do 2,99% (6164 persoas) fronte ao 1,55% no conxunto do Estado. Ademais, o noso país perdeu neste período un total de 12.998 afiliados/as á Seguridade Social, o que supón tamén o dobre do que medra […]

En Marea asegura que o desemprego continúa a ser o principal problema de Galicia e o fracaso do goberno de Feijóo

Ante os últimos datos do paro coñecidos, o grupo de En Marea lamenta que o paro continúe a ser o principal problema de Galicia e o fracaso definitivo do Goberno de Núñez Feijóo. O deputado do grupo parlamentario Manuel Lago explicou que os datos demostran que o noso país depende da estacionalidade para aliviar os malos datos […]

Galicia pecha xaneiro con 24.369 parados menos que hai un ano

Nos menores de 30 anos decreceu nun 17,44%, nos parados de longa duración nun 10,75% e nas mulleres nun 8,61%. Galicia pechou o mes de xaneiro con 24.369 persoas menos en situación de desemprego, o que supón un descenso do 10,31% con respecto a hai un ano, case un punto máis que a media do […]

Yolanda Díaz: “Ten que haber un cambio no modelo produtivo, o futuro non pode ser elexir entre o paro e un contrato precario”

“Hai un problema grave de emigración de mozos e mozas, ademais dun problema de envellecemento do mercado laboral. Eso non se soluciona con este plan”. A deputada Yolanda Díaz defendeu hoxe no pleno do Congreso dos Deputados a postura de En Marea e o grupo confederal sobre o Real Decreto-Lei 6/2016 de medidas urxentes para […]

CCOO ve na última EPA un «balance negativo» do 2016

Comisións Obreiras (CCOO) ve na enquisa de poboación activa (EPA) do derradeiro trimestre do 2016 un «balance negativo» do último ano. A xuízo da secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, os datos debuxan unha Galicia con menos emprego e un volume «insostible» de paro, precariedade e pobreza. Segundo a sindicalista, a actividade recupérase, mais […]

O descenso da poboación activa e da ocupación fixo baixar o paro no último trimestre de 2016 en Galiza

Segundo os datos que vén de publicar a EPA, o IV Trimestre de 2016 rematou cun total de 204.200 persoas desempregadas en Galiza, o que supón un descenso do paro do 2,6% respecto do trimestre anterior. Porén este descenso vén provocado por unha caída da poboación activa de 10.900 persoas respecto do trimestre anterior –o […]

Galiza lidera a subida do paro no conxunto do Estado en decembro

Galiza rexistrou o maior incremento do paro en termos absolutos do Estado español en decembro ao contabilizar 2360 persoas máis anotadas nos servizos públicos de emprego con respecto a novembro, o que sitúa a cifra total de parados/as en 205.914. A subida foi do 1,16%, mentres que na media estatal baixou un 2,29% (86.849 desempregados/as menos). […]

Galicia pecha outubro cunha baixada do paro do 10,42% con respecto a 2015 rexistrando o maior descenso neste mes desde 1996

Galicia pechou o mes de outubro cun total de 198.940 persoas desempregadas, o que supón que o paro baixa con respecto a hai un ano nun -10,42%. É dicir, Galicia conta hoxe con 23.152 desempregados menos que en 2015, o que supón xa 3 anos de baixadas consecutivas e é o maior descenso producido en […]

A temporalidade e a precariedade provocan un cada vez maior deterioro das condicións laborais da clase traballadora galega

O mes de outubro remata cun total de 198.940 parados/as rexistrados nas oficinas do SEPE en Galiza; un 2,37%  máis que no mes anterior (4.604 nos parados), practicamente duplicando o incremento medio estatal que foi do 1,20%. Así, Galiza, xunto coa Rioxa e Estremadura, foi unha das comunidades onde máis se incrementou o desemprego neste […]

Declaracións do portavoz de En Marea Luís Villares facendo unha valoración dos datos do paro do mes de outubro

O portavoz de En Marea e cabeza de lista, Luis Villares, ofreceu está mañá os medios que nos dimos cita unhas primerais valoracións despois de coñecerse os datos de paro rexistrado no noso país.