🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O parque infantil Marqués de Valterra contará cunha nova estrutura de xogo de oito torretas

O Concello de Pontevedra iniciou o martes a mellora do parque infantil da praza de Marqués de Valterra, en Estribela, parroquia de Lourizán. Trátase dunha instalación que ten máis de 20 anos de antigüidade, e aínda que viviu diversas reformas e mantementos asiduos, os técnicos municipais estimaron que grande parte dos elementos de xogo xa […]

A asociación veciñal de Teis, reivindica no orzamento do concello unha biblioteca, parque infantil e beirarrúas para o barrio

A Asociación Veciñal de Teis, presentou onte no rexistro do Concello de Vigo, tres reclamacións ao orzamento do Concello de Vigo para o ano 2018, que se atopaba en período de exposición pública. Nestas alegacións a Asociación Veciñal de Teis, reivindica a inclusión no orzamento de tres novas partidas, por un importe total 1.314.000 euros, para […]

O Concello aproba o proxecto do “macroparque” infantil de Barreiro por 200.000 euros

Segundo Caballero supoñerá a “reforma global da zona”. Na Xunta de Goberno Local quedou adxudicada tamén a contratación do deseño das carrozas da Cabalgata de Reis 2016 por un importe de 65.000 euros.  O alcalde deu conta este xoves de varios acordos da Xunta de Goberno Local, entre eles, a aprobación do proxecto do novo […]

O Concello de Mos segue a optimizar a zona das Pozas, agora instalarase un novo parque infantil inspirado na reciclaxe

Grazas a un convenio coa consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia o Concello de Mos continúa a optimizar o contorno do edificio Multiusos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos; nesta ocasión coa creación dun novo parque infantil ambientado na reciclaxe que permitirá recuperar ambientalmente o espazo no que se proxecta […]