🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Abre o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios da Cultura Galega 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca unha nova edición dos Premios da Cultura Galega, uns galardóns que teñen por obxecto apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, […]

Cultura publica os criterios de avaliación documental, unha nova ferramenta para facilitar a xestión dos arquivos galegos

O Diario Oficial de Galicia fai públicos hoxe os criterios de avaliación para a selección, transferencia da custodia e o acceso aos documentos, en desenvolvemento da Lei de arquivos de Galicia aprobada polo Parlamento galego en 2014. Estes criterios foron fixados, de acordo co marco legal, polos membros do Consello de Avaliación Documental de Galicia […]

O catálogo de Libros infantís e xuvenís de Galicia 2017 difunde máis de 100 títulos en galego no mercado internacional

O catálogo de ‘Libros infantís e xuvenís de Galicia 2017’ reúne un total de 109 títulos en galego publicados no último ano por 23 entidades para os lectores máis novos. A obra, coeditada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e pola Secretaría Xeral de Cultura, co apoio da Asociación Galega de Editoras […]

A XVI Bienal de Teatro ONCE percorrerá os escenarios galegos con espectáculos de oito grupos

A XVI Bienal de Teatro ONCE percorrerá, desde o 30 de marzo ao 2 de abril, un total de 10 municipios das catro provincias galegas, da man de oito grupos de teatro integrados na súa maioría por actores e por actrices cegos ou con discapacidade visual grave. A programación, que conta co apoio da Consellería […]

Nova edición dos Premios Martín Códax para recoñecer e darlle visibilidade ao traballo dos profesionais da industria musical galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a asociación Músicos ao Vivo subscribiron hoxe o convenio de colaboración dunha nova edición dos Premios Martín Códax da Música, que se organizan anualmente co obxectivo de recoñecer e lle dar visibilidade ao traballo dos profesionais da industria musical […]

A Memoria dixital de Galicia preséntase no foro estatal sobre cultura intelixente

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá en Madrid a iniciativa Memoria Dixital de Galicia no Foro “Cultura Intelixente”, organizado pola entidade estatal Red.es. No encontro, no que participaron preto de 30 representantes de entidades estatais para debater […]

O Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca traerá á capital galega a Quiroga, Mesa e Lemaitre

O Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente Rosalía-Abanca traerá ata a capital galega o vindeiro 21 de marzo a Xavier Quiroga, Sara Mesa e Pierre Lemaitre, gañadores da XXII edición deste galardón que promove a compostelá Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais […]