Lídia Senra denuncia que a CE quere favorecer o mercado das pensións privadas cun novo produto paneuropeo

A Comisión Europea (CE) está intentado presionar para desmantelar totalmente os sistemas públicos de pensións. Así o asegurou este venres a eurodeputada galega Lídia Senra, que ofreceu unha rolda de prensa en Pontevedra, acompañada por Victoria Portas Mariño, voceira da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e membro do Movemento Galego en Defensa […]

Suba insignificante do 0,25% das pensións para este ano fronte o incremento do 1,2% da carestía da vida

A CIG-Ensino cualifica de “ridícula” a suba da contía das xubilacións do profesorado que, de media, rolda os 5 euros ao mes, moi lonxe da suba do IPC que finalmente acadou o 1,2% ao longo de 2017. O sindicato alerta ademais de que a partir de 2019 o escenario será de baixada efectiva progresiva ao […]

O Parlamento aproba a iniciativa de En Marea de reclamarlle a España que demande a Noruega por discriminar os mariñeiros do Long Hope

O Parlamento galego aprobou onte por unanimidade a instancia de En Marea unha iniciativa na que se pide á Xunta que interceda ante o Estado español para que este demande a Noruega perante o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos. A defensora da proposición non de lei, a vicevoceira de En Marea Carmen Santos, referiuse á […]

Prado: “O PP non quere dar a cara diante dos mariñeiros aos que lles rouban anos de xubilación”

“Non queren dar a cara ante os mariñeiros aos que lles están roubando anos da súa xubilación”, espetou a portavoz parlamentaria de Pesca, Montse Prado, ao PP tras vetar a proposta do BNG para demandar ao Goberno central que retire a circular de setembro de 2017 na que, unha vez máis, os tripulantes galegos de […]

En Marea defende a súa posición sobre as pensións da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva

A deputada e voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, defendeu no Pleno o posicionamento de En Marea relativo á non consideración de unidade de convivencia en determinadas situacións, a efectos de acceso e mantemento no percibo das pensións da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva. “O PSOE carece dunha proposta global en materia […]

Os recortes nas pensións dos mariñeiros/as

No video fala Victoria Portas (MODEPEN movemento galego pola defensa das pensións públicas) que denuncia que tras éste vídeo xa vai un ano e nada mudou, máis ben empeorou xa que o recorte do que falan nel xa foi extensivo a frota de Arrastre e Palangre.

Ou como ou suscribo un plan de pensións?

Por Victoria Portas Portavoz da Coordinadora Estatal en Defensa do sistema público de pensións. E membro de Modepen (Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas). No 2013 Fátima Báñez convocou a un “comité de expertos” co obxetivo de diseñar unha reforma que se anticipe as tensións financieras do sistema a medio prazo. Dito comité de expertos, formado principalmente […]

CCOO esixe solucións «urxentes» para garantir o sistema público de pensións

Comisións Obreiras (CCOO) esixe solucións «urxentes» para garantir o sistema público de pensións. Así o expresaron os representantes do sindicato após unha reunión coa voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz. O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, instou as forzas da esquerda a traballaren para contrarrestar as medidas «antisociais» do PP. Na mesma […]

A reforma silenciosa que atacou o noso sistema de Seguridade Social

Históricamente e ata 2011, as decisiones políticas  sempre tiberon o obxetivo de consolidarlo sistema a favor  dos contribuintes, a revalorización anual das pensións de acordó o IPC previsto (1997), a creación dun fondo de reserva (2000) o  aumento das pensións mínimas (2004 – 2009). Pero a partir do 2011  as decisións políticas orientándose cara os […]

O Movemento Galego en Defensa dás Pensións Públicas (MODEPEN) e a Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións inician a campaña “Unha carta un/a parlamentario/a” para restituír o subsidio a maiores de 52 anos

O Movemento Galego en Defensa dás Pensións Públicas (MODEPEN) e a Coordinadora Estatal en Defensa dás Pensións Públicas iniciaron unha campaña a nivel estatal para esixir a restitución do subsidio para maiores de 52 anos. Baixo o eslogan, “Unha carta, un parlamentario” ambas as asociacións dirixiron unha misiva a todos os deputados e deputadas dos […]

O finanzamento só con impostos das pensións de viudedade, orfandade e a favor de familiares | Neceidade ou oportunismo?  

Verbas da Portavoz de la Coordinadora Estatal en Defensa de las Pensiones Preténdese, por parte do goberno, facernos crer a través duns informes incertos ,  que a maioría das prestacións por morte e supervivencia son compatibilizadas e cobradas a vez que outras prestacións, polo que é  inxusto  por un lado  e que ademais supón un gran […]

O BNG propón reducir a dez anos o período de cálculo das pensións e fixar a contía mínima no SMI

A portavoz parlamentaria de Asuntos Sociais, Montse Prado, defendeu no Parlamento garantir o modelo público de pensións e modificacións substanciais no actual sistema, en concreto reducir a dez o período de cálculo da prestación, -agora fixado en 25 anos, e fixar a contía mínima a percibir no equivalente ao salario mínimo interprofesional (SMI). Igualmente, o […]

UGT presenta en Santiago a campaña en defensa do presente e futuro das pensións

UGT ven de por en marcha en todo o Estado a campaña “Por un sistema de pensións, público e sostible. Defender as pensións é cousa de todos” que hoxe foi presentada en Santiago en rolda de prensa polo secretario xeral da Unión de Xubilados e Pensionistas, Valentín Tato, e polo responsable de Política Sindical, Emprego […]

O colectivo de pensionistas da CIG mobilízase en defensa do sistema público de pensións

O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG concentrouse este mércores diante das oficinas do INSS de Compostela, Ferrol, Pontevedra, Lugo e Vigo -onde ademais ocuparon o edificio- en defensa do sistema público de pensións e para desmontar a “mentira” de que non é viábel. Xunto a isto denunciaron as consecuencias das reformas, demandaron a […]

O colectivo de pensionistas da CIG demanda que se revaloricen as pensións e incrementar as mínimas

O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG convoca concentracións para o vindeiro mércores, día 5 de abril, para denunciar as consecuencias das reformas dos gobernos do PSOE e do PP, nos anos 1997 e 2011, reclamar a revalorización anual das pensións consonte o IPC; garantías para a sustentabilidade do sistema público e exixir un […]

Senra reclama á UE que medie para pór fin á discriminación á que a Axencia Tributaria somete a emigrantes retornados

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou este mércores que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo manteña aberta e que se continúe a estudar a petición realizada pola Coordenadora Nacional de Emigrantes Retornados de Galicia, que pide mediación desde a UE para que se poña fin á […]

Lídia Senra esixe que a UE protexa aos mariñeiros/as aos que Noruega lles nega a xubilación

A eurodeputada acompañou á asociación Long Hope nun encontro coa equipa de Marianne Thyssen, comisaria de Emprego e Asuntos Sociais. Asegurou que a negociación das pensións é un problema de dimensións europeas no que a UE debe tomar cartas fronte a Noruega. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda […]

Defenderon as pensións diante do Parlamento Galego

Esta mañá a plataforma Movemento Galego en Densa das Pensións Públicas e a Coordinadora Estatal en Defensa das Pensións Públicas concentráronse ante a sede do Parlamento Galego de Santiago de Compostela, a concentración arrinco ás 11 da mañá, coincidindo cunha reunión plenaria. Os pensionistas, que mostraron varias pancartas reivindicativas e corearon consignas como “máis pensión e menos […]

Marea de Vigo rexistra unha moción pola defensa das pensións pública e apoia as mobilizacións convocadas

O Grupo Municipal da Marea de Vigo ven de rexistrar hoxe unha moción na que se recollen as demandas das diferentes plataformas e organizacións que están, hoxe en día, levando a cabo unha loita activa pola defensa das pensións públicas. Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo, explica que “O estado […]

A columna galega das machas da dignidade volve a tomar as rúas

Onte, na asemblea de Compostela, decidiuse facer a manifestación do 25 de febreiro na Coruña. Como ben sabedes que, ademáis das reivindicacións habituais como a de pan, traballo e teito, o tema protagonista desta manifestación galega é a defensa das pensións e dos servizos públicos. Desde a columna galega das marchas da dignidade ven que […]

Miles de traballadores/as, xubilados/as e pensionistas chegados de toda a xeografía galega sumáronse na defensa das pensións

Miles de traballadores/as, xubilados/as e pensionistas chegados de toda a xeografía galega sumáronse á manifestación convocada para este sábado pola CIG en defensa do sistema público de pensións. Unha mobilización que forma parte dunha campaña máis ampla que a central sindical puxo en marcha pola recuperación dos dereitos perdidos pola clase traballadora galega nos últimos […]

A CIG-Vigo mobilízase polas rúas da cidade en defensa do sistema público de pensións

A CIG-Vigo desenvolveu hoxe unha xornada para “quentar motores” de cara á manifestación nacional en defensa do sistema público de pensións que terá lugar en Santiago este sábado. A central desenvolveu unha asemblea de delegados/as na que se analizaron os principais retos aos que se enfrontan as pensións “presentes e futuras” e a continuación desprazouse […]

Xubilados e pensionistas da CIG chaman á mobilización en defensa das pensións

O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG iniciou este xoves, con concentracións nas sete cidades e en Verín, unha campaña para sensibilizar á poboación, nomeadamente aos xubilados/as e pensionistas, sobre a necesidade de mobilizarse en defensa do sistema público de pensións, do poder adquisitivo das mesmas e polo dereito a que as pensións mínimas […]

Mobilizacións o 17 de novembro “ante a ameaza constante ás nosas pensións”

O Colectivo de Xubiladas/os e Pensionistas da CIG vai iniciar unha campaña para “propiciar a mobilización e a participación activa” deste colectivo na defensa do sistema público de pensións, do poder adquisitivo das mesmas e polo dereito a que as pensións mínimas sexan iguais ao SMI. Con tal motivo, o 17 de novembro teñen convocadas […]