O Goberno de Vigo contrata o mantemento das piscinas municipais por case 2,5 millóns

O goberno local aprobou a adxudicación do mantemento das instalacións e dos servizos complementarios para as piscinas de As Travesas, Lavadores, Teis e Valladares, ademais dos ximnasios de As Travesas e o Berbés. O importe é de 2.460.327 euros e a adxudicataria -Clece- incluíu melloras como o importe anual para renovación de materiais ou equipos. […]