🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A deputacion “ficha” á asociación ecoloxista amigos da terra para asesorar sobre compostaxe e controlar 1.600 composteiros indviduais en Vilaboa

A Deputación de Pontevedra vén de ‘fichar’ á asociación ecoloxista Amigos da Terra para o seu ‘Plan Revitaliza’ de compostaxe. O vicepresidente Mosquera anunciou hoxe que a institución provincial vai asinar un convenio co colectivo e co Concello de Vilaboa co fin de dar charlas informativas á veciñanza , solucionar dúbidas , dar soporte técnico, […]

Expertos internacionais cualifican o Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación como unha experiencia “referente” en Europa

Os expertos internacionais que esta semana están a pronunciar as súas clases maxistrais na ‘Facultade da Compostaxe’ cualificaron hoxe o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra como unha experiencia de xestión do lixo que “é e será un referente en toda Europa”. Tanto o director técnico de residuos do Norte de Italia, Michele Giavini; o ideólogo […]

DEPO e Concello de Barro reparten 700kg de compost do Plan Revitaliza entre veciños e escola infantil

O concello de Barro foi hoxe o protagonista do Plan Revitaliza da Deputación: entregouse por primeira vez á veciñanza un lote de compost producido no centro de compostaxe comunitaria instalado nas inmediacións do Concello e tamén se levou unha partida á Escola Infantil para fertilizar un xardín. No acto estiveron a deputada de Areeiro, Eva […]

36 aspirantes pasaron probas prácticas para converterse en funcionarios interinos do Plan Revitaliza da DEPO

Un total de 36 aspirantes pasarán a realizar a próxima semana as probas prácticas para converterse en funcionario interino do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Na mañá de hoxe realizouse a proba tipo test para os candidatos a técnicos de xestión de lixo e pola tarde será a quenda do test para […]

146 aspirantes a praza de funcionario interino dentro do Plan Revitaliza da DEPO

A Deputación de Pontevedra vén de facer hoxe pública a listaxe de persoas admitidas para participar no proceso de selección de persoal interino para o Plan Revitaliza: en total son 164 persoas as que aspiran a traballar como funcionarios no plan provincial de compostaxe, o que demostra o ‘tirón’ da convocatoria e o interese sobre […]

550 rapazas e rapaces do CEIP Altamira, ás voltas coa compostaxe nos obradoiros da DEPO

Os 550 rapaces e rapazas de Educación Primaria do CEIP Altarmira participan estes días nos obradoiros organizados pola Deputación para aprender de xeito lúdico en que consiste a compostaxe. Esta semana os 90 rapaces de 6º curso participaron nunha visita ao centro de compostaxe comunitaria que está instalado fronte ao colexio, coñecendo da man da […]

0 90% dos aspirantes a mestr*s compesteir*s do Plan Revitaliza da DEPO, teñen titulación universitaria

O 90% dos aspirantes a mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza de compostaxe provincial teñen titulación universitaria. Así se puido comprobar tras finalizar as dúas primeiras probas de selección para escoller aos 15 bolseiros que traballarán para fomentar a compostaxe e encargarse dos composteiros distribuídos pola Deputación na provincia. Segundo indicou o vicepresidente Mosquera, […]

Aberto o prazo para presentarse ás 20 prazas de persoal interino do Plan Revitaliza de Compostaxe

O Boletín Oficial da Provincia (BOPO) publica hoxe as bases da convocatoria para o proceso de selección de 20 prazas de persoal interino para o Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación. O prazo para presentar solicitudes será de 15 días naturais contados a partir de mañá xoves. Esta convocatoria , que se resolverá por sistema […]

Boletín da provincia publica as bases das bolsas para novas mestras e mestres composteiros pola Plan Revitaliza

O Boletín da Provincia (BOPO) publicará mañá martes as bases da convocatoria das bolsas para as novas mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza. Os concorrentes terán un prazo de dez días naturais para presentar as súas solicitudes, que deberán cumprir cos requisitos aprobados na Xunta de Goberno de hoxe. Segundo explicou o vicepresidente Mosquera, […]

29 concellos solicitaron adherirse á  segunda fase do plan provincial de compostaxe da Deputación de Pontevedra

“Cos composteiros instalados na provincia polo Plan Revitaliza aforraremos nun ano máis de 1.200 toneladas de emisións de CO2 á atmosfera”: Así o manifestou hoxe o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, no balance dos beneficios ambientais da implantación da compostaxe como sistema de xestión do lixo orgánico. O nacionalista foi categórico e asegurou que a […]

Os colexios da provincia incluirán a compostaxe nas súas actividades didácticas

Os colexios da provincia incluirán a compostaxe como tema de traballo nas súas actividades didácticas para o alumnado. Así o indicou hoxe o vicepresidente provincial César Mosquera na sinatura da addenda para prorrogar durante este ano 2017 o convenio que a Deputación ten co Centro de Extensión Universitaria e Educación Ambiental de Galicia (CEIDA) para […]

A Deputación contratará 18 funcionarios interinos e convocará 15 novas bolsas de mestras/es composteiros

O vicepresidente Mosquera explicou que as novas prazas laborais ‘por programa’ cubriranse mediante un proceso selectivo por oposición. A cantidade de persoal contratado “é moi axustada con respecto ás necesidades” pola gran cantidade dos concellos interesados no plan provincial. O vicepresidente provincial César Mosquera anunciou hoxe que a Deputación contratará 18 funcionarios interinos e reeditará a […]

A Deputación amplía o prazo para que os Concellos se adhiran ao Plan Revitaliza de Compostaxe

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, anunciou hoxe a ampliación do prazo para que os concellos se adhiran ao Plan Revitaliza e apliquen a compostaxe como sistema global de tratamento de lixo. Segundo asegurou, a prórroga veu dada polo grande interese dos concellos, que están a celebrar numerosas reunións cos técnicos provinciais. A intención é […]

Ata 100.000 veciñas e veciños da provincia beneficiaranse da compostaxe gracas ás novas subvencións do Plan Revitaliza

O vicepresidente provincial pretende que a mediados de 2017 xa haxa concellos que apliquen a compostaxe como sistema de xestión de lixo. As axudas da Deputación para que os concellos merquen composteiros individuais e comunitarios poden chegar ata o 90% do custe total e alcanzarán 1.250.000 euros. Ata 100.000 veciñas e veciños da provincia beneficiaranse da […]