🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Desmantelamento das 4 áreas sanitarias para reconvertilas en distritos con menos recursos e capacidade de xestión

Núñez Feijoo quere cambiar a Lei Galega de Saúde para reconverter as esta Áreas Sanitaria en Distritos de menor rango,  para alcanzar tres grandes obxectivos 1.- Recortar e desmantelar os hospitais comarcais, para transformalos nunha especie dos antigos ambulatorios de especialidades, coa finalidade de reducir gasto 2.- Recentralizar a xestión das áreas e Atención Primaria, […]

Miles de persoas claman contra as políticas de recortes e privatización da sanidade do Partido Popular

Milleiros de persoas participaron este mércores nas concentracións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública para denunciar a política de recortes, privatizacións e a mala xestión do Goberno de Feijoo, as graves consecuencias que isto ten para garantir unha atención sanitaria de calidade; e ao tempo rexeitar as modificacións que o PP pretende introducir na Lei […]

Presentan un escrito ante a fiscalía pola situación da ciruxía pediátrica en Ourense

A Plataforma SOS Sanidade Pública realizo onte unha roda de prensa na porta do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, na que participou o portavoz, Anxo Pérez, acompañado de representantes de En Marea, PSdeG e BNG. Na mesma , anunciou que o a Plataforma poñerá esta semana en coñecemento da Fiscalía esta situación  ao entender que […]

SOS Sanidade apoia denuncia traballadores hospital Monforte

Ante a denuncia dos traballadores sanitarios do Hospital de Monforte de que os recortes de persoal que sofre o centro, obrigan a reducir a atención e os coidados de pacientes crónicos (non se lles levantan da camas polas mañás, co conseguinte aumento no risco de ulceracións ou atrasos na súa recuperación), desde a Plataforma SOS […]

Cinco anos de exclusión sanitaria

Dende a Rede galega pola defensa do Dereito á Saúde, integrada por Médicos do Mundo, Foro galego de inmigración, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Plataforma SOS Sanidade Pública, Agamfec e Amnistia internacional, queremos lembrar que lamentablemente neste mes de abril cumpre cinco anos o Real Decreto Ley 16/2012, que supuxo a exclusión […]

O sistema sanitario público galego en estado crítico tralos recortes do 18% do orzamento sanitario

A grave situación do sistema sanitario público galego en estado crítico tralos recortes do 18% do orzamento sanitario, eliminación de máis de 1.800 postos de traballo dos que 513 foron prazas de médicos, 200 de enfermeira ou de máis de 450 camas; a utilización da colaboración Público Privada para financiar e xestionar os novos centros […]

Denuncian “sectarismo nos correos corporativos da EOXI de Vigo”

CIG-Saúde denuncia que o pasado mércores 1 de febreiro recibiron polo correo corporativo do EOXI de Vigo un correo con propaganda de contido relixioso concretamente católico, no correo viña anunciando un acto que contiña diversos enlaces, un deles á páxina da Conferencia Episcopal. Desde o sindicato se preguntan se o correo corporativo do SERGAS é […]

Veciños/as e profesionais demandan na rúa máis persoal para o centro de saúde de Navia

Máis dun milleiro de veciños/as e de profesionais da sanidade participaron este mércores na manifestación convocada pola xunta de persoal do Chuvi, a Plataforma SOS Sanidade Pública e a asociación veciñal Novo Vigo para reclamar máis persoal no centro de saúde de Navia. Coa moilización tamén demandan apertura do centro polas tardes e que se […]

A Plataforma SOS Sanidade Pública Compostela, desmente o SERGAS, no caso relativo as agullas de inxección de insulina para persoas diabéticas

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, vén de manifestar o seu profundo malestar polo contido da nota emitida pola consellaría de Sanidade, na que se afirma que “se utilizaron probas falsas” no proceso xudicial da causa sobre o procedemento da contratación de subministro de agullas de insulina, cando no Auto Xudicial non se fai […]

Vigo converterase a próxima semana en cita internacional de denuncia da privatización sanitaria

Unha xornada aberta ao público reunirá o venres e sábado na cidade olívica a unha vintena de ponentes para tecer alianzas de loita común. Lídia Senra, que exercerá de anfitrioa e organizadora do evento, denuncia o negocio de entregarlle os servizos públicos a multinacionais. A cidade de Vigo converterase os próximos venres e sábado, 28 […]

As Plataformas en defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña esixen máis transparencia nas listas de espera e maior compromiso co cidadán

O triunfalismo do Sergas empregando os datos das demandas cirúxicas como reclamo publicitario dunha boa xestión sanitaria en Galiza choca coa crúa realidade. Son medias verdades, cifras que ocultan a cidadanía a verdadeira política sanitaria da Xunta: continuando a derivación de partidas orzamentarias de cartos públicos a concertos con clinicas privadas, sen por en valor […]

Un centenar de persoas deronse concentración e posteriori marcha pola contorna do Vello Hospital Xeral-Cies

Despois da concentración do día 7 no Meixoeiro e despois da concentración do día 14 no Hospital Álvaro Cunqueiro deste mes a seguinte parada foi no ex Hospital Xeral-Cies. Este pasado xoves 21 entorno a un centenar de persoas deronse concentración diante da vella porta de urxencias do Hospital Xeral-Cies combocados pola Plataforma SOS Sanidade […]

SOS Sanidade e Xunta de Persoal do Chuvi convoca aos vigueses e viguesas a unha nova acción para mañá.

A plataforma SOS Sanidade e a Xunta de Persoal do Chuvi convocan aos vigueses e viguesas a unha nova concentración de protesta que terá lugar ante o hospital do Meixoeiro para o día de mañá xoves, día 7 de Xullo, ás 12:00h. Esta é a primeira das mobilizacións tras levantar o peche que os profesionais […]

A Plataforma SOS sanidade Pública de Vigo denuncia que queren destinar o Anexo 1 e a torre do Xeral para a Cidade da Xustiza

A plataforma SOS Sanidade pública de Vigo din que a superficie da Torre do edificio, de 36.717 metros cadrados, é máis que suficiente para cubrir as necesidades da Cidade da Xustiza, xa que excede en 10.000 m2 aos edificios actuais dos xulgados, polo que non precisa utilizar os anexos da torre. A Xunta de Galicia […]

O Movemento Galego da Saúde Mental e SOS Sanidade pediron o xoves un plan galego de prevención do suicidio

Denunciaron na Praza da Vila (Constitucion) nunha pequena concentración que empezou as 20h que no noso país morre por esta causa unha persoa cada día, realidade que se agravou coa crise a causa da desprotección social. O Movemento Galego da Saúde Mental e a plataforma SOS Sanidade Pública reclamaron onte un plan galego de prevención […]

Vigo e veciños volveron sair na defensa do Hospital do Meixoeiro e da sanidade pública

A sanidade viguesa non se dá por vencida seguen mais unidos que nunca e seguirán cara a adiante na defensa da sanidade publica Centos de miles de persoas onte déronse concentración na entrada principal para despois marchar pola contorna do Hospital Meixoeiro contra o seu desmantelamento, a marcha arrincaba pasadas as 20 horas baixo un […]

Xunta de Persoal do Chuvi e SOS Meixoeiro chaman a participar na marcha de hoxe contra o desmantelamento do hospital

A xunta de persoal do Chuvi e a plataforma SOS Meixoeiro compareceron onte para facer un chamamento a todos os traballadores/as do Sergas e á cidadanía en xeral para que participen hoxe mércores 22 na manifestación convocada para rexeitar o desmantelamento do hospital. Os colectivos de consideran que centro médico é “un símbolo da política […]