Concentración: Caballero, o lado escuro das políticas sociais

Nuns días estrease a nova peli de Star Wars, en Coia non queriamos desaproveitar a ocasión para ofrecer a nosa ollada sobre esta saga. Por iso o vindeiro martes 19 de decembro convocamos unha concentración baixo o lema: Caballero, o lado escuro das políticas sociais. Será a partires das 12:00 no parque de “Os volcáns” […]

Opóñense a que a Consellería de Política Social realice un convenio co Sergas para axilizar as listas de espera nos equipos de valoración e orientación de discapacidades

Neste proceso, o Comité intercentros, do que FeSP-UGT-Galicia forma parte, denuncia o escurantismo co que a Xunta realizou este convenio, parcheando así un problema de falta de recursos humanos e de cobertura de postos cunha solución externa aos órganos que teñen competencia nos procedementos en cuestión. O Comité intercentros, en reiteradas ocasións, solicitou por escrito […]

Nidia Arévalo reúnese con Rey Varela para plantexarlle necesidades de Mos en materia social

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para plantexarlle tres necesidades fundamentais en materia social do municipio mosense. Estas necesidades son a ampliación do Centro de Día para maiores que se atopa instalado na antiga Casa Reitoral de Petelos, outro […]

Román Rodríguez e José Manuel Rey entregan os premios do certame Lingua de namorar

Os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e de Política Social, José Manuel Rey Varela, participaron hoxe na entrega dos premios do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, organizado pola Secretaría Xeral e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O concurso está dirixido a mozos e […]

A Xunta de Galicia aposta por reforzar os servizos de atención á dependencia para chegar a un maior número de beneficiarios

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou a evolución positiva do sistema para a autonomía e atención á dependencia en Galicia durante a conferencia que impartiu esta tarde pasada nas instalacións do Sporting Club Casino da Coruña con motivo dun encontro de asociados da Unión Democrática de Pensionistas (UDP). De feito, nos […]

Lingua de namorar premia a mocidade pola súa creatividade en galego

As Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a de Política Social, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, fan pública hoxe a resolución da quinta edición do certame de declaracións de amor na rede. O xurado –que estivo presidido pola escritora María […]

En Marea insta á Consellería de Política Social que dea conta da investigación aberta polos presuntos malos tratos no centro de menores Fundación de Caridad de Vigo-Hogar de San José.

As denuncias de malos tratos a menores no centro concertado da Xunta de Galicia, Fundación Casa de Caridad de Vigo-Hogar de San José, – ás que un psicólogo dá credibilidade – constitúen uns feitos moi graves polo que o grupo parlamentario de En Marea considera que o Parlamento Galego debe coñecer todo o relativo ao […]

O PP destaca que Vigo é a cidade galega con máis investimentos en política social, aposta que se reforzará cunha nova residencia de maiores

Subliña que o Goberno galego inviste en política social 40 millóns de euros na cidade. Aposta por seguir a traballar sobre “dous eixos fundamentais”: a atención aos maiores e a conciliación da vida familiar.  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe pola mañá nun acto sectorial con distintos colectivos sociais de Vigo. Durante o encontro, no […]