🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Ana Pontón tilda de “canallada” a reforma da Lei de Saúde do PP

O BNG anuncia que vai promover “unha fronte política e social” contra o proxecto de reforma da Lei de sanidade aprobado polo Goberno de Feijóo no pasado consello da Xunta, un texto que a portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou de “canallada” con efectos para a saúde das persoas. “É unha bomba de reloxería na liña […]

Feijóo impón a súa reforma sanitaria e coloca ao mesmo nivel a sanidade pública e a privada

O goberno de Feijóo aprobaba, o pasado xoves día 7 de decembro, a reforma da Lei de Saúde de Galiza, coa que recupera o texto da LOSGA (Lei de Saúde de Galiza) feita polo goberno do PP antes do bipartito. Deste xeito, pon ao mesmo nivel a sanidade pública e a privada e recentraliza os […]

En Marea denuncia o novo desmantelamento da atención primaria por parte da Xunta de Galicia

O grupo parlamentario de En Marea denunciou o novo desmantelamento da atención primaria por parte do Goberno galego. Como xa fixeran co Anteproxecto de reforma, en pleno verán, o Consello da Xunta aproba a proposta de reforma da Lei de Saúde na véspera dun festivo, no medio dunha longa ponte, cunha clara intención de que […]

Ana Pontón: “A Lei de Saúde é un novo paso do PP para seguir con máis recortes na sanidade pública galega”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón denuncia o  “ novo recorte” nos servizos sanitarios galegos que se esconde detrás da   reforma aprobada hoxe no Consello da Xunta  que “actualiza” a lei galega de saúde  do 2008. Para a nacionalista,  esta “contrarreforma”  provocará máis deterioro na sanidade porque “consolida a liña de recortes, prioriza o […]

A privatización dos Servizos de Limpeza de hospitais e centros de saúde

Ante os resultados do Informe do Consello de Contas de Galicia que fiscalizou a privatización dos Servizos de Limpeza de hospitais e centros de saúde, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública veñen a denunciar que esta privatización do servizo público realizouse con absoluta opacidade e falta de transparencia. Desde a asociación […]

CIG-Correos de Compostela denuncia a decisión do Concello de privatizar o Servizo de Notificacións

CIG-Correos compareceu este xoves no pleno do Concello de Santiago para denunciar a privatización do servizo municipal de entrega de notificacións e a retirada ao operador público Correos das Noficacións de sancións de tráfico dentro da cidade, outorgándollas a unha empresa privada de Valencia e inscrita no rexistro mercantil de Bizkaia. Para a CIG-Correos esta […]

Montse Prado: “Sanidade reduce persoal mentres beneficia a empresas privadas con tecnoloxía”

A parlamentaria do BNG, Montse Prado cuestionou hoxe  o novo modelo de Atención Primaria do que informou  o conselleiro de sanidade, Jesús Vázquez Almuíña por considerar que, máis unha vez, sanidade prima a tecnoloxía en detrimento de máis recursos humanos. Prado explicou que a Atención primaria debe caracterizarse pola “proximidade, persoal, continuada no tempo e […]

Montse Prado alerta do peche de camas durante o verán na sanidade pública derívándose doentes á privada

A deputada do BNG, Montse Prado preguntou onte ao Goberno se defender a sanidade pública é pechar camas durante os catro meses de verán e ao tempo privatizar servizos e derivar doentes á sanidade privada. A deputada trasladou ao director Xeral de Asistencia sanitaria a preocupación ante a paralización da actividade cirúrxica e o  incremento  […]