🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A folga en Citroën atrasa o arranque da cadea de produción e fai que non funcione con normalidade

A xornada de folga convocada na planta de PSA Citroën en Vigo para rexeitar o incremento dos ritmos de traballo provocou que a cadea de produción se iniciase con atraso e que non estea a funcionar con normalidade. A CIG, CUT e CCOO cualifican a xornada de “moi positiva” a pesar dos intentos da dirección […]

A CIG, CUT e CCOO convocan folga en Citroën contra a suba dos ritmos de traballo

As centrais CIG, CUT e CCOO rexistraron este venres a convocatoria dun día de folga en toda a factoría de PSA Peugeot Citroën en Vigo para rexeitar o incremento dos ritmos de traballo como consecuencia do aumento da produción. A medida terá lugar o vindeiro sábado día 15, e celebrarase tras a exitosa xornada de […]

Persoal de montaxe de Citroën rebélase contra a suba dos ritmos de traballo

O persoal de montaxe de PSA Peugeot Citroën en Vigo decidiu rebelarse contra a decisión da empresa de incrementar a cadencia de traballo a partir do mes de xullo, cando está previsto que se fabriquen nove vehículos máis en cada unha das tres quendas sen que isto supoña a contratación de máis traballadores/as. Diante disto, […]

O presidente da Xunta participou na inauguración da nave H da factoría de PSA Peugeot Citroën

O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe o compromiso da Xunta para que Galicia sexa “un país de certezas no que investir”. “Creceremos tanto como a confianza que sexamos capaces de proxectar. Temos capacidade de traballo, centros coma o CTAG e temos a experiencia gañada ao longo de décadas de […]