Medio Rural prohibe desde mañá as queimas agrícolas e forestais polas condicións meteorolóxicas e o índice de risco de lume

A partires das 00,00 horas de mañá mércores quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición. A decisión tomouse despois de avaliar as actuais condicións […]

Suspensión da expedición de permisos de queimas en Vigo

Co inicio da campaña de verán , época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes. Durante este período, que vai do 1 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo. Ca finalidade […]

A partir de hoxe poderanse solicitar os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde hoxe martes, día 9, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución do risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas. A prohibición de queimas de restos agrícolas e forestais prolongouse ata o de agora debido á climatoloxía adversa. Así pois, […]

Prohibidas as queimas agrícolas e forestais polas condicións meteorolóxicas

As queimas de restos agrícolas e forestais quedaron prohibidas en Galicia a partir desde onte ata novo aviso, tendo en conta as condicións actuais de vento e as previsións para os vindeiros días. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez […]