Consultas pechadas, falta de servizo médico ou cupos excesivos, consecuencias da política sanitaria do PP

Segundo as recomendacións que recollía o Plan Mellora de Atención Primaria, o cupo máximo que debera asumir cada profesional sanitario sería de 1.200 cartillas, pero no caso dos centros de saúde da Mariña, “polo abandono que se está producindo, as e os profesionais vense obrigados a asumir máis de 3.000 cartillas”. Así o denuncia a […]

Ana Pontón: “Os Orzamentos de 2018 son os orzamentos dun presidente acomplexado e sen ambición de país”

A portavoz nacional, Ana Pontón, criticou que o PP reduza a mero ritual o debate parlamentario dos orzamentos pola vía de pasar o rodillo sobre as proposta do resto dos grupos, 324 emendas por parte do  BNG para modificar unhas contas que repiten receitas fracasadas, manteñen os recortes, non xeran emprego e ignoran ás persoas […]

Ana Pontón traslada o total apoio do BNG en defensa do Hospital da Mariña contra os recortes do PP

Na ronda de encontros en relación a contrarreforma sanitaria do Goberno de Feijóo, a portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo unha reunión coa xunta de persoal do Hospital da Costa, en Burela, que atende unha poboación de 80.000 habitantes pero que soporta un desmantelamento de servizos e un proceso de privatización ao que ven sumarse agora […]

Ana Pontón: “O PP non se atreverá a tirar o Hospital do Salnés, pero quere reducilo a un ambulatorio”

A portavoz nacional, Ana Pontón, e a portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, encabezaron a delegación do BNG na reunión coa xunta de persoal do Hospital do Salnés á que lle transmitiron a súa total oposición á contrarreforma sanitaria que quere impoñer a Xunta que, nesta comarca, suporía a desaparición da área sanitaria afondando na […]

Ana Pontón tilda de “canallada” a reforma da Lei de Saúde do PP

O BNG anuncia que vai promover “unha fronte política e social” contra o proxecto de reforma da Lei de sanidade aprobado polo Goberno de Feijóo no pasado consello da Xunta, un texto que a portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou de “canallada” con efectos para a saúde das persoas. “É unha bomba de reloxería na liña […]

En Marea denuncia o novo desmantelamento da atención primaria por parte da Xunta de Galicia

O grupo parlamentario de En Marea denunciou o novo desmantelamento da atención primaria por parte do Goberno galego. Como xa fixeran co Anteproxecto de reforma, en pleno verán, o Consello da Xunta aproba a proposta de reforma da Lei de Saúde na véspera dun festivo, no medio dunha longa ponte, cunha clara intención de que […]

Ana Pontón: “A Lei de Saúde é un novo paso do PP para seguir con máis recortes na sanidade pública galega”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón denuncia o  “ novo recorte” nos servizos sanitarios galegos que se esconde detrás da   reforma aprobada hoxe no Consello da Xunta  que “actualiza” a lei galega de saúde  do 2008. Para a nacionalista,  esta “contrarreforma”  provocará máis deterioro na sanidade porque “consolida a liña de recortes, prioriza o […]

En Marea lamenta que a Xunta continúe a insistir la liña de atacar a educación pública mentres subvenciona empresas educativas contrarias ao espírito da coeducación e da igualdade

O gran argumento do Partido Popular para a existencia dos centros concertados, era garantir o acceso ao ensino básico da cidadanía, porque non había suficientes centros, e nun determinado momento histórico foi necesario concertar unidades. Agora os centros públicos poderían garantir tal acceso nunha porcentaxe maior. Malia todo, o Partido Popular opta por un ensino […]

Cualifican de “nova tomadura de pelo” ao persoal da sanidade pública a xuntanza da Mesa Sectorial

A Federación de Saúde da CIG cualificou como “unha nova tomadura de pelo” a reunión extraordinaria da Mesa Sectorial que tivo lugar este mércores 2 de agosto, xa que na mesma a Consellaría negouse a abordar a negociación dun calendario de recuperación dos acordos salariais e laborais suspendidos. CIG-Saúde denuncia que as e os traballadores […]

O profesorado afectado polo peche de centros descoñece en que situación quedará para o curso seguinte

Logo dun final de curso protagonizado pola arremetida da Consellaría contra o ensino público galego, co peche de centros educativos e o traslado de ensinanzas da ESO e co importante recorte de aulas e postos de traballo do corpo de mestres publicado no DOG a finais de mes de xullo, o profesorado afectado polo peche […]

Ana Pontón: “A nova coitelada ao ensino público galego esixe a dimisión do conselleiro de Educacion”

A portavoz do BNG, Ana Pontón anunciou hoxe que o BNG pedirá a dimisión do conselleiro de Educación, Román Rodríguez na vindeira sesión plenaria do Parlamento galego, “a nova coitelada ao ensino galego esixe a dimisión do conselleiro”, afirmou a líder do BNG na concentración fronte á Xunta celebrada hoxe en protesta polo peche de […]

O recorte orzamentario en Correos afonda na precariedade laboral e no desmantelamento do servizo

O sector de Correos da CIG-Administración vén de denunciar que o recorte de 60,5 millóns de euros na Sociedade Estatal Correos e Telégrafos aprobado nos Orzamentos Xerais do Estado afondará na precariedade laboral e no desmantelamento do Servizo Postal Universal. Dende a central advirten que esta redución presupostaria deteriorará aínda máis un servizo que nos […]

SOS Sanidade apoia denuncia traballadores hospital Monforte

Ante a denuncia dos traballadores sanitarios do Hospital de Monforte de que os recortes de persoal que sofre o centro, obrigan a reducir a atención e os coidados de pacientes crónicos (non se lles levantan da camas polas mañás, co conseguinte aumento no risco de ulceracións ou atrasos na súa recuperación), desde a Plataforma SOS […]

A CIG reiterou que só a través da contestación social se poderán recuperar os dereitos roubados

Recuperar os nosos dereitos e derrotar as contrarreformas laborais. Baixo esa consigna a CIG mobilizouse no día de onte 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, por todo o país. Unha data na que se rememora os feitos ocorridos en Ferrol no ano 72, cando Amador Rey e Daniel Niebla foron asasinados a tiros […]

A Secretaría das Mulleres solicita que se investiguen os feitos ocorridos no Hospital de Conxo

Tal e como denunciaba a pasada semana o Movemento Galego de Saúde Mental (do que a CIG forma parte), o deterioro progresivo na atención á saúde mental en Galiza vén de cobrarse dúas vítimas: unha morte por suicidio e unha agresión sexual que puideron evitarse e “que son froito e consecuencia de decisións erróneas”, nas […]

Denuncian un novo recorte na área sanitaria de Vigo e desta vez en Aldán

A denuncia ven desde a a executiva Comarcal da Federacion de sanidade de CCOO que ven a denunciar un novo recorte na área sanitaria de Vigo, o recorte neste caso ven de deixar sen pediatría o centro de saúde de Aldán, o tixeretazo foi no día de hoxe e durará ata un mínimo de dous […]

En Marea ante o grave caso denunciado da morte dunha paciente nos corredores de urxencias

En Marea ante o grave caso denunciado da morte dunha paciente nos corredores de urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) por dous sindicatos ante a Fiscalía, que se suman á situación de Conxo tamén denunciada polos profesionais ou ao colapso case permanente das Urxencias de Ourense entre outras cuestións, evidencian que os recortes […]

O MGSM atribúe aos recortes un suicidio e unha agresión sexual en Psiquiatría do hospital de Conxo

O Movemento Galego de Saúde Mental vén de denunciar, a través dun comunicado, o grave deterioro que sofre a Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo por mor dos recortes recortes de persoal. Un deterioro ao que atribúe o falecemento dunha doente por sucidio e a denuncia, uns días antes, dunha agresión sexual. […]

Denuncian que os colapsos das urxencias son consecuencia dos recortes

A federación de sanidade de CCOO de Galicia, ante os colapsos en urxencias dos hospitais galegos, ven a manifestar que a situación de caos e saturación é consecuencia da planificación da consellería de sanidade, mais preocupada en recortar recursos sanitarios, persoal e medios que en satisfacer as demandas de profesionais e usuarios. Desde o sindicato veñen […]

Servizos de urxencias dos principais hospitais do país saturados pola “gripe”

Ante a saturación dos servizos de urxencias dos principais hospitais da rede púbica galega pola epidemia de gripe desde a Asociación Galegta para a Defensa dá Sanidade Pública ven comunicar, que este colapso non ten que ver coa gravidade desta enfermidade que non supón ningún risco para a maioría poboación, dado que as características do […]