A CIG rexistra no Parlamento de Galiza preto de 14.300 sinaturas en defensa do sistema público de pensións

O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG rexistrou este mércores, no Parlamento de Galiza, un total de 14.218 sinaturas dirixidas aos grupos parlamentares. Segundo explicou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, o obxectivo é que esta institución acorde a oposición do goberno da Xunta aos ataques ao sistema público de pensións, que se […]

Miles de traballadores/as, xubilados/as e pensionistas chegados de toda a xeografía galega sumáronse na defensa das pensións

Miles de traballadores/as, xubilados/as e pensionistas chegados de toda a xeografía galega sumáronse á manifestación convocada para este sábado pola CIG en defensa do sistema público de pensións. Unha mobilización que forma parte dunha campaña máis ampla que a central sindical puxo en marcha pola recuperación dos dereitos perdidos pola clase traballadora galega nos últimos […]

A CIG, disposta á folga xeral se non se derrogan a lei mordaza e as reformas laboral, da negociación colectiva e das pensións

A CIG celebrou este mércores asembleas de delegados/as e mobilizacións en todas as comarcas para analizar as consecuencias das “contrarreformas” laborais, da negociación colectiva e das pensións nas condicións laborais e de vida da clase traballadora galega. A central acordou o inicio de protestas para exixirlle ao Goberno español un cambio de políticas que posibilite […]

A CIG reclama intervir na Comisión do Pacto de Toledo

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, vén de dirixirse á presidenta da Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo, Celia Villalobos, para demandar, en nome da central sindical, a participación neste foro no que, neste intre, se debate o futuro do sistema de pensións. Seixo manifesta que para a CIG […]

Mobilizacións o 17 de novembro “ante a ameaza constante ás nosas pensións”

O Colectivo de Xubiladas/os e Pensionistas da CIG vai iniciar unha campaña para “propiciar a mobilización e a participación activa” deste colectivo na defensa do sistema público de pensións, do poder adquisitivo das mesmas e polo dereito a que as pensións mínimas sexan iguais ao SMI. Con tal motivo, o 17 de novembro teñen convocadas […]