🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Vigo concentra o 48 por cento dos perceptores da Risga na provincia de Pontevedra, con 2.447 beneficiarios en agosto

Vigo concentra o 48 por cento dos perceptores da Renda de Inclusión Social (Risga) da provincia de Pontevedra, cun total de 2.447 beneficiarios segundo os datos correspondentes o pasado mes de agosto. O importe destinado pola Administración autonómica a esta prestación na cidade ascende no que vai de ano a 8.585.552,73 euros. Cifra, esta última, […]

En Marea pide que a Xunta recoñeza o dereito a cobrar a RISGA a persoas que conviven sen relación familiar

A deputada  de En Marea Paula Verao trasladou esta mañá á Comisión de Políticas Sociais do Parlamento de Galicia a petición dunha modificación dos mecanismos regulamentarios polos que a Xunta concede a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), para que dúas persoas que conviven poidan percibir esta axuda. Vázquez Verao acusou á Xunta de […]

A Xunta endurece a RISGA a base de instrucións opacas

A Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, continúa co seu acoso ás persoas máis empobrecidas, en concreto ás perceptoras da RISGA. Explicamos a situación que está a sufrir unha compañeira. A muller recibiu, a mediados de marzo, un requirimento da Xunta. Nel esíxenlle que acredite que vive nunha vivenda independente á […]

A Xunta abordará este ano unha ampliación dos supostos e tramos dá Renda de Inclusión Social de Galicia

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, anunciou a tarde pasada en sede parlamentaria que nesta lexislatura avanzarase non desenvolvemento normativo dá Lei de Inclusión Social de Galicia, coa elaboración do decreto que regula os aspectos relacionados coa Risga que beneficiarán ás persoas que reciben esta prestación. Ademais, Rey Varela reiterou o compromiso […]

A Xunta desoe ao xulgado e segue a impedir que beneficiarias da RISGA compartan vivenda

Hai unhas semanas celebrabamos a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Vigo, que recoñecía que nun mesmo domicilio poden convivir varias perceptoras da RISGA, sempre e cando non formen parte da mesma unidade familiar. Na Xunta sabían antes desta sentenza que a RISGA, 400 € de media ao mes, non abonda para cubrir […]

Un xuíz recoñece que nun mesmo domicilio poden convivir varias perceptoras de RISGA

Levamos tempo berrando que estamos fartas da miseria das políticas sociais da Xunta de Galicia, que cada vez pon máis atrancos ás solicitantes e perceptoras da RISGA. Un exemplo do seu desinterese é que seguimos sen decreto que desenvolva a lei actual pasados máis de tres anos. Se a RISGA constitúe en si mesma, unha […]

Concentración en Nigrán: “CONTRA a CRIMINALIZACIÓN da POBREZA”

A ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o mércores 28 de setembro unha concentración baixo o lema: Contra a criminalización da pobreza. Será en Nigrán, diante do concello na praza da Constitución a partir das 11:00. Imos até este municipio para amosar o noso apoio a unha compañeira, perceptora de RISGA, que denunciou o trato recibido […]

Colectivos sociales exigen mejora de rentas de inclusión

Extremos solicitados durante el acto “mejoremos las rentas de inclusión” celebrado en la Xunta de Galicia durante el día de ayer junto a los compañeros de la Red Solidaria Popular (RSP)y Voces da rúa junto con el Colectivo Os Ninguéns. Sobre la RISGA: – Solicitamos que se aumenten sus cuantías, acercándose más al salario mínimo. […]

Nesta tolemia de sistema no que nos vemos obrigadas a movernos, estase a xeneralizar unha práctica abusiva e ilegal por parte dos bancos e entidades financeiras que consiste en embargar, reter e/ou compensar os saldos bancarios das persoas perceptoras de prestacións e axudas públicas, tales como RISGA, PNC, RAI…. por débedas daquelas. A normativa aplicable1 […]

Plantando cara á pobreza e á inxustiza

Esta semana, no Punto, tivemos a oportunidade de conversar cunha veciña e tras escoitar o seu relato viñéronnos á cabeza unhas verbas que Ruth López pronunciara na 2ª edición da Escola Ramón Fernández Durán: “Igual que se recuperó un cierto orgullo y se desplazó la “culpa” de los desahucios a través de las afectadas por […]

Caballero muda o nome das axudas sociais para continuar ofrecendo esmolas

O 30 de decembro de 2015 a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou o chamado “Programa Contra Desafiuzamentos e de Emerxencia Social para o ano 2016”. Malia o “rimbombante” do nome do programa, o certo é que, se botamos unha ollada ás bases que o regulan, non son máis que as mesmas […]

Os Ninguéns, sobre la demora en la RISGA

Sobre las consideraciones reflejadas ayer en prensa sobre la Consellería de Traballo e Benestar, hablando de que el año pasado existían demoras en la RISGA pero que *ahora mismo esos plazos ya se están cumpliendo*, queremos manifestar las siguientes puntualizaciones: Nos parece muy correcta la intención de la Xunta de agilizar esta problemática y que multiplique sus esfuerzos en […]

Os Dereitos Sociais son unha emerxencia municipal en Vigo

João naceu en Madeira como o seu compatriota Cristiano Ronaldo. João padece unha enfermidade crónica, leva anos desempregado e carece de ingresos. No mes de marzo pide cita cunha traballadora social do Concello de Vigo. Un mes máis tarde acode á entrevista onde as respostas son desoladoras: fica sen dereito á RISGA, e polo momento […]

A RISGA: a Xunta condénanos á miseria e á precariedade

Seguen os problemas da RISGA. Polo momento o decreto que ten que desenvolver a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia segue na neveira, mais ben no conxelador. Na consellería falaban de mediados de 2015 como posible data de publicación do mesmo. Polo momento non hai novas, e os tempos fixados […]

Esixe o complemento de alugamento de cobrares a RISGA

Xuño de 2014 era o prazo máximo que a Xunta se fixou como tope para ter publicado o Decreto que desenvolvera a nova Lei de inclusión social de Galicia que trouxo mudanzas na RISGA. Imos camiño dun ano de espera e semella que a Xunta aínda vai tardar en dar resposta a unha desfeita que […]

Concentración: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!

O vindeiro mércores 18 de febreiro, ás 10h00 celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha compañeira da ODS-Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas). En apoio desta compañeira, […]

O labirinto do emprego e a precariedade laboral como ferramenta de exclusión e miseria

Cara a finais do verán a Xunta de Galicia aprobou unha partida orzamentaria (5 millóns de euros) para a contratación de persoas que cobraban a RISGA por parte dos concellos (un total de 126 administracións locais). Un contrato de sete a nove meses, inferior á xornada completa e para o desempeño de perfís de baixa […]

Crónica concentración acto público de denuncia da discriminación a migrantes no acceso o RISGA

– Ningunha persoa sen dereitos! Foi un dos berros máis repetidos esta mañá na concentración ás portas da delegación da Xunta de Galiza en Vigo. Con este acto convocado polo Foro Galego de Inmigración, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social queriamos denunciar a discriminación que sofren as persoas […]

A Xunta perpetúa a esmola da RISGA nos orzamentos de 2015

Hai uns días o goberno da Xunta presentaba o borrador de orzamentos para 2015 que recollen o aumento da partida destinada a RISGA. Dita partida contará cun orzamento inicial de 47´7 millóns de euros, un 12% máis do gastado en 2014 (42´7 millóns de euros). As manobras da Xunta por tratar de disimular a miseria […]

VENRES 17 – No renomeado “Día contra a Riqueza” lanzamos a campaña galega: “Da RISGA á RBis”

Volvemos ás rúas para celebrar o 17 de outubro, data que renomeamos o ano pasado como “Día contra a riqueza”. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Vitoria, o Grupo de Axitación Social (GAS) e as xentes de Baladre aproveitamos este día para denunciar, unha vez máis, que o capitalismo é o responsable da desigualdade, da inxustiza, da pobreza… que […]

A nova lei da RISGA, unha desfeita

O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor unha nova lei de RISGA. A Xunta superou o prazo máximo (6 meses) para ter o decreto que desenvolva a lei e mentres as de sempre sufrimos as consecuencias dunha lei moi condicionada pola escaseza de orzamento. A indeterminación, a interpretación restritiva da lei e o […]

A RISGA e a Renda Básica: da esmola institucionalizada ao reparto da riqueza

Moitas veces temos denunciado que a terrible situación de empobrecemento e precariedade que padecen tantas persoas e familias en Galicia está a ser agravada dun xeito intolerable pola resposta insuficiente e precaria da Xunta, que pasa case exclusivamente por unha RISGA insuficiente e excluínte, que pouco axuda e nada transforma. Orzamentos que rozan a miseria, […]

Clamor para urxir as axudas sociais: “Xunta, Concello, o mesmo cortello!”

Decenas de persoas concentráronse novamente ás portas do Concello de Vigo. Mensaxes despeseradas exixindo a Concello e Xunta que prioricen a atención das necesidades sociais foron o leitmotiv da concentración que esta mañá decorreu na Praza do Rei. Na convocatoria, promovida pola Asemblea de Movementos Sociais, na que participaron representantes da CIG, BNG, Podemos e CxG, […]

Solicita atrasos de RISGA, ante a insoportable demora na tramitación

Algunhas fontes falan que no que vai de ano apenas concedéronse RISGAs. Non sabemos se a entrada en vigor da nova lei, o aumento do número de solicitudes, a mala xestión, a falta de cartos… ou a mestura de todas estas causas unida a nula vontade política están a provocar un grave problema de vulneración […]