Rubén Pérez reelexido coordinador local de Esquerda Unida en Vigo

A Coordinadora Local reuniuse no día de onte para renovar as responsabilidades locais e definir a política de Esquerda Unida para o vindeiro ciclo político, relanzando a actividade da organización local tanto nos espazos de confluencia onde participa como desenvolvendo actividade propia froito das campañas que se leven a cabo desde Esquerda Unida Nacional ou […]

Marea de Vigo amosa total apoio ao sector da estiba e apoia a convocatoria de folga

Hai máis de dous anos da saída da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea , dous anos nos que as persoas representantes do Goberno español, lonxe de traballar conxuntamente co sector cara a acadar solucións, trataron de aproveitar a situación para a introdución de medidas cara a total liberalización do sector, medidas que […]

Marea de Vigo lémbralle a Caballero que para ter o AVE por Cerdedo primeiro hay que quitar ao PP do Goberno

Tal e como xa explicou a propia Senadora de En Marea, Vanesa Angustia, á que a Marea de Vigo apoia no traballo feito sobre esta moción; “En Marea non votou en contra de que se rematen as obras do AVE a Galicia en prazo e forma. O grupo aportou 12 propostas nas súas emendas á […]

Marea de Vigo pide ao Concello que invista na construcción de escolas infantís

A lei Montoro impide ao Concello de Vigo utilizar o superávit para a construción de escolas infantís mais a consignación de recursos no capítulo de investimentos permitiría que se puidesen facer. A escasa existencia de escolas infantís públicas está obrigando á creación de bonos para as familias co obxectivo de que poidan acceder ás escolas […]

Marea de Vigo califica de moi grave adxudicación de concesións públicas á empresarios que non cumpren dereitos dos traballadores/as

Nos pasados días, a empresa que figuraba como primeira na clasificación de ofertas para esta concesión, renunciou á mesma no momento da entrega da documentación solicitada pola Mesa de Contratación, dada a imposibilidade que tiña para entregar dita documentación a causa das débedas de natureza tributaria coas que contaba e a imposibilidade de obter aval […]

Marea de Vigo considera que os mais de 3 millóns de euros recadados na venda de vivendas deberían empregarse en adquirir máis de titularidade municipal

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal, considera que “os valores catastrais e os prezos de saída das vivendas de Rosalía de Castro eran altas, polo que co recadado en cada vivenda poderían adquirirse varias repartidas polo conxunto da cidade para artellar un parque de vivenda municipal de emerxencia social, feito que reiteradas veces temos reclamado […]

Esquerda Unida presenta a súa XII Asemblea Nacional co lema “A Forza das Ideas”

Esta mañá Yolanda Díaz, coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida e Raquel Bernárdez, membro da Comisión Preparatoria da XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida, presentaron en rolda de prensa a XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida que terá lugar este vindeiro 3 de xuño en Compostela co lema […]

Marea de Vigo atribúe nova investigación xudicial a práctica habitual de Caballero de asignar postos ao seu gusto

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, denuncia que “os informes sobre a maior parte das inversións en contratacións, tanto en concesións de obras e servizos como en humanizacións, están feitos por persoal absolutamente descoñecido e sen a correspondencia adecuada na RPT”. Destaca que “asistimos a un rosario de recursos no […]

Marea de Vigo pide a paralización do concurso para a contratación da promoción turística de Vigo-Rías Baixas

“Non existe nin a mínima aclaración técnica nos pregos do novo concurso que xustifiquen manter o importe do concurso con menos voos e menos frecuencias semanais” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal, polo que pide “un novo concurso con garantías conforme non esteamos subvencionando sen control a compañías aéreas que logo non consolidan destinos […]

O Concello está gastándose 1000€ ao día, pagando á concesionaria de Conservación e Mantemento de Zonas Verdes por un servizo que non se está levando a cabo

Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, a desfeita que se está facendo na xestión da contratación pública no Concello de Vigo está chegando a límites de dubidosa legalidade, cando se están pagando aproximadamente 1000 euros ao día dende o día 1 de abril á empresa concesionaria de Parques e Xardíns para que teñan […]

Marea de Vigo considera que o uso polo Celta de Balaídos debería garantir o retorno da inversión feita na reparación

O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera que “a solución da concesión a 50 anos permite ao Celta aportar recursos ao Concello e amortizar nun prazo moi vantaxoso os recursos públicos que se aportan dende Concello e Deputación para a reforma do actual estadio. O retorno ás arcas públicas dunha […]

Marea de Vigo presenta as súas achegas para a elaboración da nova ordenanza de mobilidade sostible

O novo título proposto pola Marea de Vigo, ven a establecer un marco de normas orientadas cara os traslados a pé, e dicir, a figura do peón dentro do concepto de mobilidade sostible, tal e como se está introducindo dentro dos PMUS (Plan de Mobilidade Urbana sostible) en moitos concellos do estado. Rubén Pérez, voceiro […]

Marea de Vigo manifesta a súa absoluta repulsa ante un artigo publicado no Faro

O domingo día 12 de marzo do 2017, só uns días despois do día da muller traballadora, o Faro de Vigo publicaba un artigo de opinión propio do século pasado. Neste artigo podemos ler xoias como “prefiro a expresión ‘crime pasional’ a ‘crime machista’” ou “as mulleres, en conxunto, son demasiado intelixentes para deixarse manipular […]

Esquerda Unida esixe que se leven a cabo todas as iniciativas necesarias para depurar responsabilidades penais e políticas polo accidente do Alvia

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, que instrúe a causa polo accidente do Alvia ocorrido en xullo de 2013 en Angrois e no que morreron 80 persoas e houbo unhas 144 feridas, citou para o vindeiro 23 de marzo a Andrés Cortabitarte, entón xefe de seguridade de Adif, como presunto responsable dos delitos […]

Marea de Vigo abandona o salón de plenos polo uso propagandístico e partidario que se lle está dando

Rubén Pérez destacou que o Pleno foi perdendo funcións desde que existe a lei de grandes cidades e a maior parte dos temas non pasan por este órgano, certo é que “incluso os acordos unánimes que se toman neste Pleno quedan no limbo precisamente porque se lle quitan garantías aos acordos plenarios”. Así, Rubén Pérez […]

Marea de Vigo tacha o proxecto de Porto Cabral como unha operación especulativa

O Grupo municipal da Marea de Vigo, vistas os últimos movementos arredor do proxecto de Porto Cabral, considera inaceptables os argumentos que grupo inversor, directiva da comunidade de montes e unha asociación de comerciantes pretenden utilizar para resucitar o proxecto. En canto aos aspectos legais utilizados para defender o desenvolvemento de Porto Cabral, a Marea […]

Esquerda Unida existe un tipo de financiación local eficiente que salve da axfisia económica aos Concellos

Foto de arquivo Dende Esquerda Unida reiteramos que, na actualidade, a xestión da financiación local non é eficiente, o que provoca a asfixia económica dos concellos, ademais de non ser capaz de dar cuberta ás necesidades da veciñanza, polo que vemos imprescindible levar ao executivo central un debate que permita abordar o tan necesario financiamento […]

Alexandra Fernández anuncia a presentación dunha batería de preguntas ao Ministerio de Medio Ambiente para coñecer estado da EDAR de Vigo

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández e o voceiro municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, estiveron esta mañá na área da EDAR do Lagares, onde fixeron declaracións aos medios e após mantiveron unha xunta con veciños afectados por esta infraestrutura. Alexandra Fernández anunciou a presentación dunha batería de preguntas dirixidas ao […]

Esquerda Unida acudirá á mobilización a favor da dotación de máis recursos para o centro de saúde de Navia

EVA SOLLA E RUBÉN PÉREZ PARTICIPAN MAÑÁ MÉRCORES NA MOBILIZACIÓN A PROL DA DOTACIÓN DE PERSOAL E RECURSOS PARA O CENTRO DE SAÚDE DE NAVIA Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de En Marea, e  Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, participarán mañá mércores 11 ás 19h. na mobilización, convocada […]

Esquerda Unida participará na mobilización contra os despidos do Banco Pastor-Popular

Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada electa de En Marea, xunto con Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, participarán mañá xoves 20 ás 18h. na mobilización para expresar o total rexeitamento aos despidos colectivos que pretende levar a cabo Banco Pastor-Popular. De saír adiante, este ERE afectaría a unhas […]

Yolanda Díaz: “O 25S pon de manifesto que En Marea se consolida como espazo político e chega para quedarse”

Esquerda Unida reuníu hoxe o seu Consello Nacional, órgano máximo de dirección entre asembleas para afrontar o escenario político tras as eleccións dos 25 de setembro. A coordinadora Nacional, Yolanda Díaz manifestou que os resultados de En Marea non foron suficientes para mudar o goberno da Xunta, pero poñen de manifesto a consolidación dun espazo […]

Marea de Vigo pídelle ao alcalde que “deixe de enredar” é redacte un novo PXOM

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera que a “non existencia de alternativa política na Xunta de Galicia tralo resultado electoral do 25S augura unha consolidación do modelo de urbanismo contido na nova lei do solo” e ademais, a aprobación o venres pasado no Consello da Xunta do Regulamento que […]

En Marea propón unha aposta pola rehabilitación de vivendas e unha derogación da actual lei de ordenación territorial

A defensa do territorio e do ambiente son obxectivos primordiais da formación nesta materia. As candidatas de En Marea Eva Solla e Paula Quinteiro, acompañadas polos números oito e o número dezaseis, Manuel Moreira, e o concelleiro da Marea de Vigo Rubén Pérez achegáronse na mañá de hoxe ata o Paseo de Alfonso onde presentaron […]

Acto: A Aposta Municipalista

Este venres 22 de xullo, celebrarase no local da Marea de Vigo un acto Con Rommy Arce, concelleira de Ahora Madrid e da Marea de Vigo, Paula Quinteiro e Rubén Pérez. Con elas falarase das experiencias municipalistas, do paso adiante que teñen significado, e das perspectivas de futuro. Agardanvos en Av das Camelias 85 ás […]