As axudas pola seca constatan o desprezo da Xunta polo rural e condenan miles de granxas a unha ruína segura

Compareceron diante dos medios de comunicación a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane; Bernardo Estévez, viticultor que ten unha pequena adega no Ribeiro e responsábel do Sector do Viño na organización agraria; e Samuel Formoso, gandeiro da parroquia de Gomareite (Vilar de Barrio) que cría vacas de carne co selo de Tenreira Galega Suprema. […]

Mos aproba inicialmente o inventario de camiños en núcleo rural

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Patrimonio, Camilo Augusto, informaron hoxe de que foi aprobado inicialmente no pasado Pleno Ordinario da Corporación municipal, celebrado o luns 30 de outubro, o inventario de camiños en núcleo rural do Concello de Mos. Tras a aprobación inicial en Pleno, o inventario pasará por […]

Lídia Senra denuncia que a Xunta está abrindo pistas nos montes queimados sen que se saiba para que son

A eurodeputada galega Lídia Senra, acompañada pola deputada de En Marea no Parlamento Galego Alexandra Fernández, e o deputado de En Marea no Parlamento galego Davide Rodríguez, ofreceron este venres pola mañá unha rolda de prensa en Santiago para facer balance das respostas dadas pola Administración galega e estatal ante os incendios forestais acontecidos na última semana. Os tres […]

Ana Pontón: “Terrorismo incendiario é manter unha política forestal que converte Galiza nun polvorín”

A portavoz nacional, Ana Pontón, criticou a negativa de Feijóo a explicar a vaga de lumes que provocou catro vítimas mortais e sumiu Galiza nunha situación de emerxencia nacional. Nin o Goberno central nin o galego “estiveron á altura das circunstancias”, nun momento en que milleiros de persoas se sentiron abandonadas en medio das lapas. […]

Segue activo o incendio forestal do municipio ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior Escoitar

A Consellería do Medio Rural informa de que segue activo o lume rexistrado no concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior. Por precaución segue activada a Situación 2, aínda que arestora non hai perigo para os núcleos de poboación da zona. Este incendio comezou ás 16,30 h. de onte e no seu control levan traballado […]

Xornada de análise e debate en Pontevedra sobre como acadar a xestión sustentábel do territorio na Galiza e na UE

A cidade de Pontevedra acollerá o sábado 8 de xullo unha xornada de análise sobre como lograr “A xestión sustentábel do territorio: Debate para avanzar na Galiza e en Europa”. O evento, que estará aberto á asistencia de todas as persoas que o desexen, sen necesidade de inscrición previa, está organizado pola eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no […]

O BNG denuncia o desmantelamento do servizo de Correos no rural de Ourense

A parlamentaria do BNG, Noa Presas  pediu hoxe no Parlamento galego demandar do goberno central recuperar os empregos perdidos dende o ano 2010 e incrementar persoal do servizo de correos a través de procesos “transparentes e xustos”. No transcurso da pregunta parlamentaria, a nacionalista denunciou  “o agravio e discriminación” do rural ourensá fronte ao resto […]

540 mozos interésanse este ano por incorporarse ao rural galego

A Consellería do Medio Rural, Ángeles Vázquez, adiantou hoxe que 540 mozos solicitaron este ano as axudas de incorporación ao agro galego. Tras pecharse o prazo de solicitudes hai 15 días, as primeiras cifras veñen demostrar que se mantén o interese dos novos polo rural. O ano pasado obtíñanse cifras históricas con 784 solicitudes, das […]

O BNG pide a dimisión da conselleira de Medio Rural polo “desprezo”aos afectados polas xeadas

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas pediu hoxe a dimisión da conselleira de Medio Rural por afirmar que “aquilo que non é asegurable, non é subvencionable” respondendo desta maneira á petición de axudas dos afectados  polas  xeadas nas zonas vitivinícolas e na produción de noz, castaña e cereal. Para o deputado, as afirmacións de […]

Xornada sobre programas da UE para o desenvolvemento das zonas de alta montaña, este sábado na Pobra do Brollón

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), organiza este próximo sábado, 6 de maio, no Salón de Actos da Casa da Cultura “Olga Novo” da Pobra do Brollón (Lugo), unha xornada sobre Programas da UE para o desenvolvemento das zonas de alta montaña. O evento, que está […]

Noa Presas pide á Xunta medidas para que Cartelle e A Merca teñan acceso a internet e telefonía móbil

A deputada por Ourense, Noa Presas, reclamou no Parlamento medidas efectivas para corrixir as deficiencias técnicas que impiden á veciñanza dos concellos de Cartelle e A Merca ter acceso á telefonía móbil e a internet que, ata agora, a Xunta non logrou corrixir pese ao Plan de banda larga 2020 aprobado en outubro de 2015. […]

A UE aproba o informe co-impulsado por Lídia Senra sobre a necesidade de mellorar as condicións das mulleres no rural

O pleno do Parlamento Europeo aprobou onte en Estrasburgo, con 523 votos a favor, 104 en contra e 58 abstencións, o informe de iniciativa propia das Comisións de Agricultura e Desenvolvemento Rural e Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero “Sobre as mulleres e o seu papel nas zonas rurais”, no que a eurodeputada galega Lídia Senra […]

O pleno europeo debate e vota esta semana un informe do que é co-relatora Lídia Senra sobre as mulleres no medio rural

O pleno do Parlamento Europeo que arranca esta semana en Estrasburgo someterá a debate e votación un informe do que é co-relatora a eurodeputada galega Lídia Senra. Trátase dun informe de iniciativa propia “Sobre as mulleres e o seu papel nas zonas rurais”, no que Senra leva meses traballando, exercendo de relatora para a súa elaboración e defensa […]

Medio Rural consultará ao sector para buscar o máximo consenso de cara á renovación da PAC a partir de 2020

A Consellería do Medio Rural comezou a traballar nas consultas co sector agrogandeiro galego para acadar o maior consenso posible con vistas a nova Política Agrícola Comunitaria (PAC). Trátase de trasladarlles aos agricultores e gandeiros as principais liñas que rexerán a xestión agraria da UE a partires de 2020, co fin de que poidan realizar […]

A Xunta impulsa a Lei de agricultura no marco do Consello Agrario co fin de rematala nesta lexislatura

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá a reunión do Consello Agrario Galego, que tiña como punto destacado da orde do día impulsar a lei de agricultura, que estará lista nesta lexislatura. Así o avanzou a propia conselleira e explicou que será este “o órgano de asesoramento e diálogo no que se […]

Feijóo salienta que 3.462 parroquias beneficiaranse do programa de impostos cero para a compra de vivenda habitual no rural, o 93,7% do territorio galego

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que 3.462 parroquias beneficiaranse do programa de impostos cero para a compra de vivenda no rural, é dicir, o 93,7% do territorio, onde vive o 32% do total da poboación galega Durante a súa intervención, Feijóo precisou que, con esta […]

Feijóo avoga por a estabilidad para impulsar acordos en emprego, rural, mellorar servizos públicos e financiamento autonómico

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por aproveitar a estabilidade que Galicia xa ten para impulsar grandes acordos de país no eido do emprego, na aposta polo rural e por mellorar o futuro dos servizos públicos e nun novo modelo de financiamento autonómico. “Temos marxe para tecer consensos galegos que nos permitan […]

Luís Bará: “O rural é un sector estratéxico para recuperar a economía galega: haino que poner a producir”

“O BNG é unha aposta galega de calidade que ten demostrada a súa valía e saber facer nos gobernos nos que estivo”. O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe en Tomiño que o rural galego é un sector estratéxico na recuperación económica de Galiza e apostou por levar adiante políticas de desenvolvemento para […]