🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Lídia Senra reclámalle ao Consello da UE que acabe coa discriminación da pesca artesanal no reparto de cotas

Tomou a palabra este mércores  na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo para dirixirse a Siim Valmar Kiisler, ministro de Medio Ambiente de Estonia, país que ocupa a presidencia rotatoria do Consello da UE, e reclamar que nas próximas negociacións para o reparto dos TACs de 2018 se aborde dunha vez por todas e con criterios transparentes o […]

A eurodeputada galega Lídia Senra reclama a liberación dos presos políticos saharauis

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), participou este sábado pasado pola noite en Sarria (Lugo) nun acto pola liberación dos 24 presos políticos saharauis encarcerados pola súa participación no campamento GdeimIzik, que están a ser xulgados pola xustiza marroquí por reivindicar o dereito de autodeterminación do pobo saharaui e […]

Esquerda Unida súmase á denuncia de SOGAPS e esixe o cese de actos violentos no Aaiún

Nestes últimos días estanse a  consumar uns brutais, inhumanos e inaceptables feitos na capital do Sáhara Occidental. Dende Esquerda Unida condenamos enerxicamente esta desproporcionada violencia exercida polas forzas de ocupación marroquí contra a pacífica poboación saharauí, maltratada e violentada sistematicamente. Tamén entendemos que o que sucede no Aaiún esixe unha resposta firme e contundente. Neste […]

CCOO súmase á concentración convocada en apoio dos activistas saharauís

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia solidarízase cos activistas saharauís do grupo Gdeim Izik que serán xulgados o vindeiro luns, día 13 de marzo, e pide a súa inmediata liberación. Unha delegación de CCOO participará na concentración que se convocará para ese día, ás 12 h, fronte ao museo MARCO, en Vigo. A Delegación […]

O Concello traslada o seu apoio ao labor do pobo saharauí

O alcalde reuniuse este mércores coa ministra de Cultura da República Árabe Saharauí Democrática, Jadiya Hamdi, a quen lle transmitiu “a vocación de continuar co noso apoio ao programa Vacacións en paz” que lle permite pasar o verán na cidade a nenos e nenas que viven nos campamentos de Tinduf. Ademais amosou o respaldo xeral […]

En Marea esixe unha solución política para o Sáhara Occidental

A Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS-Sáhara) presentou este martes no Congreso dos Deputados a campaña #EspañaNoDescoloniza, á que se adheriron máis de 300 persoas do ámbito da política, da cultura, da sociedade civil e do mundo académico, entre outros. O manifesto presentado solicita ó Goberno (que durante o mes de decembro asume a presidencia do […]

X.Ron: “Se Dajla se incorpora á Conferencia de Rexións Marítimas e Periféricas estaríamos ante unha nova violación dun dereito internacional”

Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e ex deputado de AGE, trasladou está mañá en rolda de prensa a súa preocupación respecto á vulneración constante dos dereitos do pobo saharauí por parte do Reino de Marrocos. Un novo exemplo diso sería a incorporación de Dajla á Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas, “unha manobra […]

Xabier Ron presenta mañá martes en Sigüeiro a “Exposición Fotográfica Solidaria co Sáhara”

Mañá, martes 11 de outubro, ás 20 horas, no Centro Cultural Fernando Casas de Novoa en Sigüeiro (Oroso), terá lugar a inauguración da exposición fotográfica solidaria co Sáhara que será presentada mediante unha conversa por Xabier Ron, membro da dirección de EU, ex-deputado de AGE e membro do Intergrupo Parlamentario Paz e Liberdade para o […]

O voceiro de En Marea na Comisión de Asuntos Exteriores, Antón Gómez-Reino, vén de solicitar no Congreso o nomeamento dun Representante Especial para o Sáhara Occidental, auxiliado por un Comisionado da Cámara Baixa, para impulsar o dereito de autodeterminación e a independencia do pobo saharaui no marco das resolucións de Nacións Unidas. Para Gómez-Reino “o […]