O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou ao Consello da Xunta o informe final do Programa de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño de Galicia 2017. En xeral, obsérvase unha tendencia á mellora na calidade das augas de baño cada ano ao aumentar a porcentaxe de praias con clasificación sanitaria excelente e diminuír aquelas […]
A Consellería de Sanidade segue a levar a cabo o control da auga de mananciais e pozos para consumo humano que puideran estar afectados polo lindano no concello do Porriño. Nos últimos quince días realizou novas mostraxes nas que se contrastou o comportamento da auga despois das últimas choivas naqueles nos que se obtiveran resultados […]
As últimas analíticas realizadas polos técnicos do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade confirman que os valores que se fixan para garantir a calidade da auga como son a cor, o ferro e a turbidez permanecen altos en varios puntos dos concellos da área metropolitana. Segundo informan os técnicos do servizo, […]
Na época do outono cada ano máis persoas buscan, recollen, cociñan e comen cogomelos silvestres. Esta afección crecente está a aumentar o risco de que algunha persoa apañe, cociñe e coma cogomelos tóxicos, ben por descoñecer as graves consecuencias dunha intoxicación, ben pola falla de experiencia para distinguir con total seguridade os exemplares comestibles daqueles […]
Na ronda de encontros en relación a contrarreforma sanitaria do Goberno de Feijóo, a portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo unha reunión coa xunta de persoal do Hospital da Costa, en Burela, que atende unha poboación de 80.000 habitantes pero que soporta un desmantelamento de servizos e un proceso de privatización ao que ven sumarse agora […]
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destaca a importancia do diagnóstico precoz de enfermidades como a fibrose quística porque “pode prolongar a esperanza de vida das persoas que a sofren e sobre todo mellorar a súa calidade de vida”. Almuiña inaugurou hoxe a VIII Xornada de Fibrose Quística de Galicia, que se celebrou no […]
A situación de colapso do servizo de urxencias do complexo hospitalario universitario de Vigo (CHUVI) que se está a vivir nos últimos días, pon de manifesto para o BNG “as consecuencias da nefasta política sanitaria da Xunta de Galiza e do desmantelamento da sanidade pública que promove o Partido Popular”. Para a fronte nacionalista é […]
A coordinadora nacional de Esquerda Unida vén de denunciar que “a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias do noso país”. Segundo explica Eva Solla, “se ben a Xunta traslada cada ano que é normal que […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, e a portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, encabezaron a delegación do BNG na reunión coa xunta de persoal do Hospital do Salnés á que lle transmitiron a súa total oposición á contrarreforma sanitaria que quere impoñer a Xunta que, nesta comarca, suporía a desaparición da área sanitaria afondando na […]
A federación de sanidade de CCOO da comarca de Vigo, esixe solucións os crónicos problemas da sanidade de Vigo. Todos os anos as urxencias hospitalarias de Vigo colápsanse, fundamentalmente pola escasez de camas hospitalarias da nosa área sanitaria. Escasez que non solucionou o novo hospital de Vigo, polo brutal recorte en camas de casi un […]
O BNG anuncia que vai promover “unha fronte política e social” contra o proxecto de reforma da Lei de sanidade aprobado polo Goberno de Feijóo no pasado consello da Xunta, un texto que a portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou de “canallada” con efectos para a saúde das persoas. “É unha bomba de reloxería na liña […]
Dende a entrada en vigor en abril de 2015 do Decreto 55/2015 do 26 de marzo, polo que se regula a libre elección de persoal médico de familia, pediatra e profesional de enfermaría no ámbito da asistencia sanitaria e ata o 30 de setembro deste ano, un total de 239.542 usuarios do Servizo Galego de […]
O grupo parlamentario de En Marea denunciou o novo desmantelamento da atención primaria por parte do Goberno galego. Como xa fixeran co Anteproxecto de reforma, en pleno verán, o Consello da Xunta aproba a proposta de reforma da Lei de Saúde na véspera dun festivo, no medio dunha longa ponte, cunha clara intención de que […]
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón denuncia o “ novo recorte” nos servizos sanitarios galegos que se esconde detrás da reforma aprobada hoxe no Consello da Xunta que “actualiza” a lei galega de saúde do 2008. Para a nacionalista, esta “contrarreforma” provocará máis deterioro na sanidade porque “consolida a liña de recortes, prioriza o […]
Os profesionais sanitarios dos doce centros de vacinación internacional da Consellería de Sanidade dispensaron 8.878 vacinas a 5.686 persoas nos primeiros nove meses deste ano. Nos centros da provincia da Coruña subministráronse 3.926 vacunas, 1.578 nos de Lugo, 1.013 en Ourense e 2.361 nos da provincia de Pontevedra. Por centros, na provincia da Coruña dispensáronse […]
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación da reforma da Lei de saúde que blinda a existencia dos hospitais comarcais coa creación de 14 distritos sanitarios, de tal xeito que “ningún goberno poderá diminuír ou eliminar un hospital comarcal en Galicia se non é por […]
Esgotamento emocional, despersonalización e realización persoal, son as tres dimensións principais que definen en gran medida a aparición da síndrome do queimado ou burnout no traballo. “O concepto burnout refírese ás experiencias estresantes en períodos de tempo prolongados dentro do ámbito laboral. Neste sentido, nos traballadores que experimentan situacións estresantes dentro do traballo ou a exposición a factores laborais […]
Ata o 2001 Sanidade Pública financiábase cos Orzamentos do Estado que destinaba a ela unha cantidade que se repartían entre todas as CCAA en base ao % poboación de cada territorio respecto ao total do estado. Tras completarse o proceso de transferencias sanitarias a todas as Comunidades Autónomas CCAA en 2001 o Consello de Política […]
O comité de Veolia Servicios Norte, empresa encargada do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, convoca mobilizacións para reclamar un convenio colectivo específico para este centro de traballo. Con esta iniciativa queren igualar as condicións salariais e laborais do cadro de persoal e así rematar coas importantes diferenzas existentes. A representación legal […]
Polo seu traballo habitual, a Enfermería constitúe o colectivo sanitario que maiores riscos laborais ten de sufrir un accidente biolóxico. Ante esta realidade, a Mesa da Profesión Enfermeira –integrada polo Consello Xeral de Enfermería e polo Sindicato de Enfermería, SATSE– creou en 2014 o Observatorio de Bioseguridade, co obxectivo de monitorar e avaliar o grao […]
Ao redor de tres mil persoas mobilizáronse o domingo en defensa da sanidade pública e da área sanitaria do Salnés. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, da que forma parte CCOO, alerta dos prexuízos que lle causaría á cidadanía a supresión desta área sanitaria, tal como pretende a Xunta. A Federación de […]
A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia rexeita o nomeamento de Rocío Mosquera como nova responsable da empresa pública Galaria. O sindicato lembra que Mosquera fora destituída como conselleira de Sanidade pola súa «nefasta xestión». Critica, así mesmo, que sexa nomeada para ocupar a xerencia de Galaria malia que durante o seu mandato se […]
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse esta mañá co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva para presentar o protocolo de actuación ante as agresións laborais externas que están a sofrer os profesionais sanitarios. Asistiron tamén a xuntanza representantes dos Colexios Médicos e de Enfermería das catro provincias galegas, xunto a responsables da […]
A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do concello de Cangas do Morrazo organiza as Xornadas de Saúde – Humorías e Memoria, que se celebrarán os días 15, 16, 17, 21, 22 e 23 de novembro. As xornadas consisten en seis obradoiros impartidos por Vanesa Sotelo de dúas horas cada un, o que supón […]
A portavoz parlamentaria de Sanidade do BNG, Montse Prado, lamentou que, un ano máis, os orzamentos non dean resposta aos problemas da sanidade pública: listas de espera, insuficiencia de persoal, precariedade laboral, recortes e privatización progresiva. “Continuistas”, sintetizou Prado, para quen “os números” que presenta a Consellería de Sanidade para 2018 evidencian que desmantelan a […]
A Consellería de Sanidade inicia hoxe, luns 23 de outubro, a campaña anual de vacinación fronte a gripe, que se prolongará durante as próximas dez semanas, ata o seu remate o 29 de decembro. Como cada ano o obxectivo desta iniciativa é minimizar o impacto da gripe na saúde da poboación lucense mediante a vacinación, […]
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se anuncia a licitación para a subministración de equipamento electromédico de radioloxía con destino a diversos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde. Na EOXI da Coruña os destinatarios dos novos equipamentos serían os centros de saúde do Ventorrillo e Ponteceso […]
A federación de Saúde da CIG de Pontevedra denuncia que no centro de saúde de Arcade non se están a cubrir as ausencias do persoal médico, mesmo a risco de poñer en perigo a saúde da veciñanza. Sinalan que o centro atende unha media de 50 pacientes diarios, o que impide unha boa asistencia sanitaria […]
Ante a información de que a patronal da sanidade privada (IDIS) pretende que o SERGAS destine 88 millóns de euros para eliminar a Listas de Espera Quirúrxica utilizando os centros privados, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública veñen a comunicar que os plans de choque baseados no uso intensivo dos quirófanos, ben […]
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a posta en funcionamento do primeiro quirófano híbrido de España no Hospital público Álvaro Cunqueiro de Vigo, e un dos dez primeiros de toda Europa, permitirá levar a cabo unha cirurxía máis rápida, máis segura e máis precisa. “Estamos a falar do quirófano máis complexo […]
A Xunta de Galicia confirma a apertura dun expediente sancionador ao Concello de Nigrán polos episodios de contaminación rexistrados en Praia América e dos que non se informou á poboación mediante carteis informativos na zona de baño, tal e como se lle requiriu. Este incumprimento está recollido na lei de Saúde de Galicia como unha […]
A través dunha mensaxe no noso Facebook e tras contrastar a noticia co ingreso da paciente e máis a folla de reclamacións, o día 27 de agosto de 2017 nos afirman que unha paciente ingresaba no Hospital Álvaro Cunqueiro ás 18h para ser operada ao día seguinte, día 28. No relato dos acontecementos a afectada […]
O Servizo Galego de Saúde puxo en marcha en xaneiro a aplicación SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios), un sistema pioneiro para a localización e guiado de pacientes no interior de varios dos seus centros. Desde entón leva 9.117 descargas, 5.386 a través Google Play y 3.731 da App Store de Apple. […]
Funcionarios farmacéuticos da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade realizaron ata o 15 de agosto un total de 214 inspeccións en piscinas de uso colectivo da provincia da Coruña para comprobar a calidade e tratamento das augas de baño. Tras estas inspeccións, detectáronse tres incumprimentos moi graves da normativa sanitaria que motivaron o peche preventivo […]
Coa fin de garantir a maior transparencia posible, a Consellería de Sanidade vai ampliar, ata o 1 de setembro, o período de suxestións ao anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. O texto está, actualmente, publicado no portal de Transparencia da Xunta de Galicia para que toda a […]
O goberno municipal de Nigrán, tanto por acción como por omisión, está pondo en risco a saúde da veciñanza ao permitir o baño en zonas nas que está prohibido pola contaminación. Concretamente, o goberno de Nigrán, ademais de non prohibir o baño temporalmente en zonas puntualmente contaminadas como aconteceu o ano pasado na praia das […]
Ante o Anteproxecto de Lei que modifica a Lei de Saude de Galicia desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública reaccionan e vense a manifestar que pretendese crear a Axencia Galega do Coñecemento para ampliar e dar cobertura á participación privada nas actividades de Investigación e Desenvolvemento que agora se ampla á […]
A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña solidarizase co encerro no hospital Comarcal do Bierzo, que están a protagonizar os compañeiros e compañeiras da Asemblea de Usuarios pola Sanidade Publica de O Bierzo e Laciana. Esixen umha reunión con Conselleiro de Sanidade da Xunta de Castela e Leon, onde manifestar as suas reivindicacións a […]
A deputada do BNG, Montse Prado afirmou hoxe que a modificación do mapa sanitario en Galiza proposto no anteproxecto de lei do Partido popular “provocará máis deterioro na sanidade pública, consolida a liña de recortes, prioriza o criterio económico en detrimento das necesidades dos usuarios e usuarias e afecta negativamente á calidade asistencial”. A parlamentaria […]
O Portal de Transparencia e Bo Goberno da Xunta de Galicia publica hoxe o anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. A organización territorial do sistema público de saúde é unha das liñas fundamentais desta reforma xunto coa mellora da participación social no ámbito […]