🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Comeza o período de inscrición nas xornadas de saúde, humorías e memoria 

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do concello de Cangas do Morrazo organiza as Xornadas de Saúde – Humorías e Memoria, que se celebrarán os días 15, 16, 17, 21, 22 e 23 de novembro. As xornadas consisten en seis obradoiros impartidos por Vanesa Sotelo de dúas horas cada un, o que supón […]

Os Orzamentos de 2018 destinan 0 € a reducir as listas de espera e non solucionan os problemas da sanidade

A portavoz parlamentaria de Sanidade do BNG, Montse Prado, lamentou que, un ano máis, os orzamentos non dean resposta aos problemas da sanidade pública: listas de espera, insuficiencia de persoal, precariedade laboral, recortes e privatización progresiva. “Continuistas”, sintetizou Prado, para quen “os números” que presenta a Consellería de Sanidade para 2018 evidencian que desmantelan a […]

A Xunta habilita en Lugo 154 puntos de vacinación para a campaña antigripal que comeza hoxe e se prolongará durante as próximas dez semanas

A Consellería de Sanidade inicia hoxe, luns 23 de outubro, a campaña anual de vacinación fronte a gripe, que se prolongará durante as próximas dez semanas, ata o seu remate o 29 de decembro. Como cada ano o obxectivo desta iniciativa é minimizar o impacto da gripe na saúde da poboación lucense mediante a vacinación, […]

A Xunta licita a renovación dos equipamentos de radioloxía de varios centros sanitarios por 1,2 millóns de euros

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se anuncia a licitación para a subministración de equipamento electromédico de radioloxía con destino a diversos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde. Na EOXI da Coruña os destinatarios dos novos equipamentos serían os centros de saúde do Ventorrillo e Ponteceso […]

Denuncian que no centro de saúde de Arcade non se cubren as ausencias do persoal médico

A federación de Saúde da CIG de Pontevedra denuncia que no centro de saúde de Arcade non se están a cubrir as ausencias do persoal médico, mesmo a risco de poñer en perigo a saúde da veciñanza. Sinalan que o centro atende unha media de 50 pacientes diarios, o que impide unha boa asistencia sanitaria […]

A patronal da sanidade privada (IDIS) pretende que o SERGAS destine 88 millóns de euros para eliminar a Listas de Espera Quirúrxica

Ante a información de que a patronal da sanidade privada (IDIS) pretende que o SERGAS destine 88 millóns de euros para eliminar a Listas de Espera Quirúrxica utilizando os centros privados, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública veñen a comunicar que os plans de choque baseados no uso intensivo dos quirófanos, ben […]

Feijóo destaca que a posta en marcha do primeiro quirófano híbrido de España no Hospital Álvaro Cunqueiro permitirá unha cirurxía máis rápida, segura e precisa

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a posta en funcionamento do primeiro quirófano híbrido de España no Hospital público Álvaro Cunqueiro de Vigo, e un dos dez primeiros de toda Europa, permitirá levar a cabo unha cirurxía máis rápida, máis segura e máis precisa. “Estamos a falar do quirófano máis complexo […]

A Xunta abre un expediente sancionador a Nigrán por unha infracción moi grave contra a saúde pública en praia América

A Xunta de Galicia confirma a apertura dun expediente sancionador ao Concello de Nigrán polos episodios de contaminación rexistrados en Praia América e dos que non se informou á poboación mediante carteis informativos na zona de baño, tal e como se lle requiriu. Este incumprimento está recollido na lei de Saúde de Galicia como unha […]

Suspendida unha operación no Hospital Álvaro Cunquereiro por falta de material

A través dunha mensaxe no noso Facebook e tras contrastar a noticia co ingreso da paciente e máis a folla de reclamacións, o día 27 de agosto de 2017 nos afirman que unha paciente ingresaba no Hospital Álvaro Cunqueiro ás 18h para ser operada ao día seguinte, día 28. No relato dos acontecementos a afectada […]

A app do Sergas para guiar os pacientes polos centros sanitarios leva máis de 9000 descargas desde o seu lanzamento en xaneiro

O Servizo Galego de Saúde puxo en marcha en xaneiro a aplicación SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios), un sistema pioneiro para a localización e guiado de pacientes no interior de varios dos seus centros. Desde entón leva 9.117 descargas, 5.386 a través Google Play y 3.731 da App Store de Apple. […]

Sanidade detectou tres incumprimentos moi graves da normativa nas 214 inspeccións que realizou en piscinas colectivas da provincia da Coruña

Funcionarios farmacéuticos da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade realizaron ata o 15 de agosto un total de 214 inspeccións en piscinas de uso colectivo da provincia da Coruña para comprobar a calidade e tratamento das augas de baño. Tras estas inspeccións, detectáronse tres incumprimentos moi graves da normativa sanitaria que motivaron o peche preventivo […]

O 99,84% das consultas telefónicas foron resoltas sen necesidade de acudir ao centro de saúde

No primeiro semestre de 2017, o 99,84% das consultas telefónicas foron resoltas sen necesidade de que o paciente acudise ao seu centro de saúde. Este tipo de atención está dispoñible en medicina de familia, pediatría, enfermería, matrona, odontoloxía, hixiene bucodental e traballo social. Esta modalidade de consulta telefónica permitiu a realización de 1.272.221 citas, un […]

Sanidade amplía ata o 1 de setembro o período de suxestións ao anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia

Coa fin de garantir a maior transparencia posible, a Consellería de Sanidade vai ampliar, ata o 1 de setembro, o período de suxestións ao anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. O texto está, actualmente, publicado no portal de Transparencia da Xunta de Galicia para que toda a […]

Nigrán decide: O goberno municipal de Nigrán pon en risco a saúde da veciñanza

O goberno municipal de Nigrán, tanto por acción como por omisión, está pondo en risco a saúde da veciñanza ao permitir o baño en zonas nas que está prohibido pola contaminación. Concretamente, o goberno de Nigrán, ademais de non prohibir o baño temporalmente en zonas puntualmente contaminadas como aconteceu o ano pasado na praia das […]

O Anteproxecto de Lei que modifica a Lei de Saude de Galicia

Ante o Anteproxecto de Lei que modifica a Lei de Saude de Galicia desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública reaccionan e vense a manifestar que pretendese crear a Axencia Galega do Coñecemento para ampliar e dar cobertura á participación privada nas actividades de Investigación e Desenvolvemento que agora se ampla á […]

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña solidarizase co encerro no hospital Comarcal do Bierzo

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña solidarizase co encerro no hospital Comarcal do Bierzo, que están a protagonizar os compañeiros e compañeiras da Asemblea de Usuarios pola Sanidade Publica de O Bierzo e Laciana. Esixen umha reunión con Conselleiro de Sanidade da Xunta de Castela e Leon, onde manifestar as suas reivindicacións a […]

Montse Prado: “O novo mapa do SERGAS provocará máis deterioro na sanidade pública”

A deputada do BNG, Montse Prado afirmou hoxe que a modificación do mapa sanitario en Galiza proposto no anteproxecto de lei do Partido popular “provocará máis deterioro na sanidade pública, consolida a liña de recortes, prioriza o criterio económico en detrimento das necesidades dos usuarios e usuarias e afecta negativamente  á calidade asistencial”. A parlamentaria […]

A Xunta impulsa a reforma da Lei de saúde que simplifica a organización territorial do sistema sanitario e o adapta ás novas necesidades poboacionais

O Portal de Transparencia e Bo Goberno da Xunta de Galicia publica hoxe o anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. A organización territorial do sistema público de saúde é unha das liñas fundamentais desta reforma xunto coa mellora da participación social no ámbito […]

A privatización dos Servizos de Limpeza de hospitais e centros de saúde

Ante os resultados do Informe do Consello de Contas de Galicia que fiscalizou a privatización dos Servizos de Limpeza de hospitais e centros de saúde, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública veñen a denunciar que esta privatización do servizo público realizouse con absoluta opacidade e falta de transparencia. Desde a asociación […]

Feijoo asegura que a sanidade galega do futuro comeza no Hospital de Ourense, onde se implantarán 24 proxectos innovadores

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou onte que a Sanidade galega do futuro comeza no Hospital de Ourense, onde se implantarán 24 proxectos piloto innovadores. Durante unha visita ao novo edificio de hospitalización do CHUO, Feijóo asegurou que esta infraestrutura será a primeira pedra da modernización e da innovación do Servizo Galego de […]

Noa Presas reclama no parlamento servizo de cirurxía pediátrica as 24 horas no hospital de Ourense

A deputada por Ourense, Noa Presas, reclamou no Parlamento un servizo de cirurxía pediátrica as 24 horas para o Hospital de Ourense, que poña fin a unha situación na que os pais e as nais teñen que desprazarse a Vigo para que os nenos e as nenas reciban esta atención sanitaria. “Non cree que é […]

Reclaman no Parlamento maior dotación de persoal no centro de saúde de Cambados

A deputada por Pontevedra, Montse Prado, reclamou a Xunta que garanta o persoal sanitario suficiente no centro de saúde de Cambados durante a época estival, na que se produce un incremento substancial da poboación da vila, en particular na semana da celebración da festa do albariño. A nacionalista advirte que a política de non substituír […]

O 061 de Galicia aconsella un ano máis ter precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras para evitar incidentes na noite de San Xoán

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, servizo que coordina as urxencias e emerxencias sanitarias na comunidade galega, recomenda un ano máis ter precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras para evitar incidentes durante a celebración da Noite de San Xoán. Como todos os anos nesta data, a Central de […]

Olalla Rodil: “En Galiza chove e en Lugo tamén, non é normal que no HULA entre a auga como se veu onte”

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, presentou, esta mesma mañá, unha serie de preguntas no Parlamento Galego en relación as filtracións de auga derivadas da choivas de onte nalgunhas dependencias do HULA. Rodil dixo que “o BNG quere que se esclareza se a auga entrou por un defecto construtivo ou por fallos no mantemento do […]