🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o nomeamento dos aspirantes seleccionados na última oferta pública de emprego das categorías de enfermeiro e médico de familia de atención primaria. Un total de 205 enfermeiros e 82 médicos de familia de atención primaria incorpóranse ao cadro de persoal fixo. Con esta […]

O Sergas publica as listas provisionais de selección temporal de diversas clases de persoal sanitario funcionario

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de admitidos e excluídos e aos resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes a nomeamentos temporais en postos de traballo de personal funcionario sanitario da escala de saúde pública e […]

Máis de nove de cada dez galegos afirman ter recibido unha asistencia boa ou moi boa na atención primaria e en hospitalización

Máis de nove de cada dez galegos que acudiron aos dispositivos de atención primaria, -un 90,1%- e tamén dos que foron ingresados en hospital (94,7%) teñen valorado como boa ou moi boa a asistencia dispensada, en ambos casos máis de catro puntos porcentuais por enriba da global do Sistema Nacional de Salud (SNS), segundo recolle […]

Sanidade convoca a todos os sectores implicados para optar unha posición conxunta co obxetivo de evitar o consumo de alcohol nos menores de idade

A sede da Escola Galega de Administración Pública, en Fontiñas, acolleu o pasado día 24 de febrerio unha reunión, convocada pola Consellería de Sanidade, para tentar de acadar un consenso co obxectivo de adoptar unha posición conxunta coa fin de evitar o consumo de alcohol nos menores de idade. A esta xuntanza, promovida polo departamento […]

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia rexeita que os profesionais da saúde sexan utilizados como «moeda de cambio» do PP para lograr o apoio do PSOE aos orzamentos estatais. Para o sindicato é «imprescindible» consolidar o emprego irregular que existe no Sergas e coida «impresentable» que Feijóo condicione a convocatoria dunha oferta […]

O Sergas destaca a contundencia das declaracións dos seus profesionais, que certificaron de novo a súa correcta actuación no caso dos tratamentos da Hepatite C

​O Servizo Galego de Saúde destaca a contundencia das declaracións dos seus profesionais, coas que certificaron unha vez máis a súa actuación rigorosa na autorización de fármacos para o tratamento da Hepatite C, baseada estrictamente en criterios clínicos e acreditando ao tempo que non houbo ningún tipo de retraso na súa intervención. O Sergas agarda […]

Os sucesos no servizo de saúde mental de Conxo son consecuencia dos recortes do PP na sanidade pública

A portavoz de Sanidade, Montse Prado, levou ao Parlamento os feitos acontecidos no servizo de saúde mental do centro hospitalario de Conxo saldados co falecemento dun doente e cunha agresión sexual que, para o BNG, son consecuencia dos recortes aplicados polo PP na sanidade pública. “Son feitos de enorme gravidade que poñen ao PP, ao […]

O BNG esixe ao SERGAS que aplique as melloras laborais pactadas co persoal da sanidade pública

A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, demanda ao Sergas que aplique as melloras laborais pactadas co persoal da sanidade pública e recollidas nos acordos derivados da negociación colectiva na Mesa Sectorial de Sanidade, pero que quedaron suspendidos “dentro da folla de ruta de recortes executada polo PP durante estes anos”. Na Comisión de Sanidade, […]

Sanidade terá que dar explicacións urxentes polos graves feitos ocorridos no hospital de Conxo

O suicidio dunha persoa ingresada, así como a agresión sexual a outra doente, son feitos moi graves aos que esiximos unha inmediata resposta por parte dos responsábeis da Consellaría de Sanidade. O BNG solicita a comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, no Parlamento galego e a apertura dunha investigación inmediata por parte […]

Podemos Galicia apoia a derrogación do Real Decreto Lei 16/2012 de medidas urxentes para garantir o Sistema Nacional de Saúde

A secretaria xeral de Podemos Galicia e deputada por En Marea, Carmen Santos, acompañada da responsable da área de sanidade, Isabel Varela apoiarán mañá á rolda de prensa na que os grupos da oposición no Parlamento de Galicia esixirán a derrogación do RDL 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade […]

O descontrol no servizo de ambulancias pon en perigo a saúde das persoas usuarias

O BNG e os traballadores técnicos de emerxencias sanitarias denuncian a falta de control por parte da Xunta sobre o servizo de ambulancias que prestan as empresas concesionarias, tanto a través do 061 como as denominadas concertadas para transporte de doentes, o que repercute na calidade do servizo e mesmo pon en risco a saúde […]

En Marea trasladará ó Parlamento a recuperación dos dereitos do persoal sanitario perdidos dende 2009

A deputada e vicepresidenta da Mesa do Parlamento, Eva Solla, mantivo esta mañá unha xuntanza na Cámara galega cos sindicatos CIG-Saúde, UGT, CSIF, CCOO e SATSE da que saíu o compromiso de esixirlle á Xunta que convoque canto antes Mesa Sectorial para tratar a recuperación dos dereitos laborais que o persoal sanitario leva perdidos dende […]

Persoal e pacientes do Álvaro Cunqueiro, en pé de guerra polo caos de tráfico e de aparcamento

A Xunta de Persoal do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo vén de iniciar unha campaña de mobilizacións contra a caótica situación do tráfico no exterior do centro médico e os problemas de acceso aos aparcamentos. Traballadores/as e usuarios/as desenvolveron esta mañá pasada unha concentración na entrada principal do edificio e diante do despacho da dirección […]

Denuncian novamente as enormes colas para acceder ao parking de persoal do Hospital Alvaro Cunqueiro

A Executiva Comarcal da Federación de Sanidade de CCOO de Vigo, quere denunciar que os traballasdores-as do Hospital Álvaro Cunqueiro, levan días a soportar enormes colas para poder chegar a entrada do do hospital. A avenida Clara Campoamor e a propia autovía son testemuñas da lentitude do tráfico porque a mala estructura do parking do […]

A xunta de persoal da área sanitaria de Santiago alerta da incerteza na que se atopa o Hospital Gil Casares

A Xunta de Persoal da área sanitaria de Santiago demanda que os orzamentos para 2017 inclúan unha partida para a elaboración dun proxecto que contemple e concrete a execución dunha infraestrutura para a reubicación dos servizos do hospital Gil Casares. Alerta da actual situación de incerteza na que se atopa tanto o seu persoal como […]

Denuncian o incumplimento do convenio por parte da directora do asilo “DIVINA PASTORA” de Vilagarcía

A executiva da Federacion de Sanidade e Servizos Sociosanitarios de Galicia de CCOO, denuncia o incumplimento por parte da directora do asilo “DIVINA PASTORA” de Vilagarcía do actual convenio colectivo que vincula as empresas e traballadoras-es do sector de residencias privadas de terceira idade. Néganlle días libres, permisos,compensacións económicas por festivo, roupa de traballo, etc. […]

Desde Sagap quieren poner en vuestro conocimiento la realización de las Asambleas Abiertas a todos los trabajadores y trabajadoras contratados de la Administración Pública

Desde Sagap quieren poner en vuestro conocimiento la realización de las Asambleas Abiertas a todos los trabajadores y trabajadoras contratados de la Administración Pública que se realizarán en Santiago y Ourense el próximo día 28 . Dichas Asambleas se celebran dentro del marco de la campaña de información que este sindicato está llevando a cabo […]

Feijóo afirma que a Sanidade seguirá a ser unha das prioridades do novo Goberno da Xunta

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Sanidade seguirá a ser unha das prioridades do novo Goberno, co obxectivo de que a finais da lexislatura o 100% dos galegos vivan na contorna dun hospital ou centro de saúde novo ou renovado. Durante unha visita ás instalacións do novo centro […]

CCOO-Sanidade esixe unha OPE excepcional para rematar coa precariedade laboral no SERGAS

O sindicato esixe a fin da precaridade laboral no Servizo Galego de Saúde ou intensificará a batalla xurídica e iniciará os contactos para un proceso unitario de mobilizacións. A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esixe a fin da precaridade laboral no SERGAS. A reivindicación sindical ampárase en recentes sentenzas do Tribunal Superior de […]

Un hospital inaccesíbel por desidia

A veciñanza de Teis mobilizouse o pasado día 27 para exixiren unha conexión directa por autobús co hospital Álvaro Cunqueiro (HAC). Denuncian que na actualidade elles prácticamente imposíbel desprazarse en transporte colectivo até o hospital, e de o lograr, os tempos de traxecto e a frecuencia fano unha odisea incómoda e pouco –ou nada– operativa. […]

O PP salienta os “grandes logros acadados” na sanidade viguesa nos últimos anos

Vázquez Almuiña destaca a maior accesibilidade do sistema desde atención primaria e os mellores servizos en especializado, tanto no Álvaro Cunqueiro como no Nicolás Peña e o Meixoeiro. Subliña que o Álvaro Cunqueiro foi unha “aposta decidida por colocar a Vigo na vangarda sanitaria”, dando resposta á necesidade de modernizar e integrar a atención.  O conselleiro de Sanidade e membro […]

En Marea: “Temos que auditar o concerto con Povisa e estudiar os incumprimentos que están a acometer”

A Escola Vella de Hío en Cangas acolleu esta tarde un novo encontro coa veciñanza, esta vez para expor as iniciativas de En Marea en materia sanitaria e de políticas sociais. A deputada e candidata por Pontevedra, Eva Solla, sinalou nesta xuntanza que vimos de presenciar, nos anos de goberno de Feijoo unha mudanza no […]

Xornada Informativa “O labor dos Terapeutas na Sanidade  Pública”, Vigo e Porriño.

Ó longo da mañá, deuse información sobre que facemos, onde atoparnos, como acceder a estes profesionais (fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais) e como reivindicar os seus dereitos como doentes. No caso dos fisioterapeutas, detectamos un maior coñecemento sobre as funcións que desempeñan dentro da Sanidade Pública. Sen embargo, observamos descoñecemento por parte da grande maioría, sobre como acceder as […]

EN MAREA aposta por rematar coa precariedade laboral na Sanidade Pública

Esta mañá representantes da candidatura de En Marea visitaron o Centro de Saúde de Lalín para coñecer de preto as deficiencias do centro sanitario, deficiencias coas que se atopan a maioría dos centros pertencentes á rede sanitaria pública galega. Na rolda de prensa posterior a esta visita, a deputada e candidata de En Marea, Eva […]

ECONOMÍA, SANIDADE e MAR, temas centrais do encontro de En Marea coa cidadanía de Moaña

As candidatas de En Marea pola provincia de Pontevedra participaron esta tarde nun mitin en Moaña no que a economía, a sanidade e a situación dos sectores primarios, especialmente o mar, foron os focos principais de atención. O encontro celebrouse no colexio público Reibón e contou coa participación dos candidatos Mariano Abalo, a número tres, […]

A Plataforma SOS MEIXOEIRO fai un chamamento á cidadanía de Vigo e a súa bisbarra

Unha vez máis a Plataforma SOS MEIXOEIRO vén organizar unha nova iniciativa para defender a sanidade pública, despois de sentadas, apertas sanitarias e peches agora organiza unha iniciativa, unha iniciativa que espera unir á cidadanía, profesionais e pacientes. Esta unión é para a defensa dun dereito que todos e todas temos por lei, que é […]

CCOO critica a “propaganda engañosa” do SERGAS sobre a mellora das listas de espera da área de Vigo

A Executiva Comarcal da Federación de Sanidade de CCOO de Vigo, consideran que nin a consellería de sanidade nin o xerente desta área, Felix Rubial, entran no fondo do problema na última comparecencia ante a prensa, cando falan da realidade sanitaria e as listas de espera. Para o sindicato Comisions Obreiras a situación da área […]