🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Concello organiza unha viaxe á capital arxentina para participar no centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, anunciaron hoxe que o Concello organiza unha viaxe a Bos Aires para celebrar o centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires. A Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires recibiu en 2010 a Medalla ó Mérito Cultural […]

A alcaldesa reúnese cos traballadores/as do Servizo de Axuda no Fogar

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, reuníronse onte pola tarde de onte cunha ampla representación dos traballadores/as do SAF mosense. En total son 42 asistentes a domicilio as persoas que prestan o Servizo de Axuda no Fogar na localidade mosense nas súas dúas modalidades: Dependencia e Básica. […]

O CIM de Mos estará funcionando esta mesma primavera

A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou a mañá de onte o Concello de Mos para abordar o tema da vindeira apertura dun Centro de Información á Muller en Mos. Estivo acompañada da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, da concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, das tamén edís mosenses Julia Loureiro e Kely Monzón, […]

Nun mes estará rematada a obra da Ludoteca de Louredo segundo informa o Concello de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, visitaron hoxe as obras de rehabilitación da construcción como ludoteca en Louredo. Os labores de rehabilitación da Escola Unitaria de Louredo en Ludoteca prevese que estean finalizados nun prazo dun mes. Ademais as representantes municipais informaron tamén de que as […]

Aforro enerxético do 80% no Centro de Saúde de Mos grazas á tecnoloxía led

O Concello de Mos ven de acometer unha obra de mellora da iluminación interior do Centro de Saúde. Así o informaron hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro. Os traballos, que se prolongaron durante unha semana e xa están rematados, consistiron na subsitución por lámpadas de tecnoloxía led […]

Mos proxecta tres plans de actuación, un inminente e outros dous a curto e medio prazo, para continuar a ampliar os servizos do Centro de Día

O Concello de Mos fixo unha importantísima recuperación do patrimonio histórico municipal rehabilitando a antiga Casa Reitoral de Petelos e adaptándoa para Centro de Día. Estes traballos, que se iniciaron fai máis de seis anos e se levaron a cabo en varias fases, prolongaranse no tempo porque “aínda queda moito por facer”, segundo se informou […]

Aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso nas Escolas Infantís

Dende a concellería de Política Social mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que se atopa aberto o prazo para adxudicación de prazas nas dúas Escolas Infantís de Mos, tanto a da Porteliña coma a de Cototorrón. Trátase do prazo de inscrición para o curso 2017/18 das Escolas Infantís para nenos/as de 0 […]