🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Xunta, denunciada perante a Inspección de Traballo por non facer as medicións de gas radon

O sector da CIG-Administración Autonómica vén de presentar unha denuncia perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social para que obrigue á Xunta a facer unhas medicións que xa debera ter feito por si mesma ou a instancia do persoal e delegados/as de prevención. Demanda que unha vez medido, de ser preciso, faga as obras […]

CCOO insta a Xunta a deseñar «en clave de país» as políticas industriais e forestais

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras insta a Xunta de Galicia a deseñar «en clave de país» tanto a política industrial como a forestal. A xuízo do secretario xeral do sindicato, Ramón Sarmiento, trátase de dúas cuestións de «enorme transcendencia» para a comunidade autónoma que, ademais, terán implicacións «para as próximas décadas». Por esta razón, […]

CCOO apoia e comparte a denuncia do colectivo de traballadores do IMELGA sobre o estado da sala de autopsias do CHUO

CCOO súmase ás queixas presentadas polo colectivo de médicos forenses e denuncia o lamentable estado das instalacións onde teñen que realizar a súa actividade. Actualmente, están situadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), xa que o Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) carece de instalacións propias da Administración de Xustiza para realizar as […]

Convocan paros en Faurecia Asientos por incumprimentos en saúde laboral e aumento dos ritmos de produción

As seccións sindicais da CIG e da CUT na compañía viguesa Faurecia-Asientos de Galicia veñen de convocar paros de seis horas durante tres días ante os incumprimentos en saúde laboral e o aumento da produción. Ao mesmo tempo, desenvolverán concentracións diante da empresa coincidindo coas tres xornadas de folga, previstas para o mércores 10, xoves […]

A Inspección dá 3 meses ao CHUS para que adopte medidas que garantan a saúde laboral do seu persoal

CIG-Saúde de Compostela alerta do preocupante incremento dos accidentes de traballo por picaduras e cortes entre o persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago por non dispor de dispositivos de bioseguridade, como os que existen no resto dos hospitais de Galiza, e por non ser reemprazados os existentes, tal e como establece a normativa vixente. […]

Denuncia na Fiscalía contra Asepeyo por denegar unha prestación por risco no embarazo a unha socorrista

O Comité de Gaia Complexos Deportivos presentou a mañá do pasado día 24 de febreiro a denuncia diante da Fiscalía, solicitando que abran dilixencias informativas contra Asepeyo coa finalidade de determinar se hai delito de risco no caso dunha traballadora embarazada á quen a mutua lle atrasou a prestación por risco, a pesar dos informes […]