🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Inspección require a corrección inmediata das deficiencias detectadas en Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa

A Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo vén de elevar un requirimento á Xerencia do Hospital da Costa, instando á “corrección inmediata” das deficiencias detectadas no Servizo de Anatomía Patolóxica e á adopción das medidas necesarias para garantir a seguridade das traballadoras e traballadores deste servizo. A Inspección dá razón así á […]

A CIG pide paralizar as obras da cuberta da estación de autobuses da Coruña por graves faltas de seguridade

A Federación de Construción e Madeira da CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo contra o Concello da Coruña, a contratista Desarrolla e a subcontrata OSMEGA polo incumprimento das medidas de prevención de riscos laborais nas obras de reparación de cuberta da estación de autobuses. A central solicitou da autoridade laboral que […]

Estupor na CIG-Saúde da Mariña pola “desaparición” da denuncia por riscos en Anatomía Patolóxica

A CIG-Saúde da Mariña vén de manifestar a súa sorpresa pola “desaparición” da denuncia presentada na Inspección de Traballo pola ausencia de medidas preventivas no almacenamento e condicións de uso de formaldehido no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa. A denuncia, explican, foi rexistrada o pasado 11 de abril no portelo único, “está […]

Traballadores/as de Alcoa marchan a pé dende San Cibrao até Viveiro en solidariedade co compañeiro despedido tras un accidente laboral

Arredor de cen traballadores e traballadoras de Alcoa realizaron este venres unha marcha a pé dende San Cibrao até os xulgados de Viveiro, en solidariedade co compañeiro despedido tras do accidente laboral ocorrido en xuño e a quen “a dirección pretende cargar en exclusiva a responsabilidade do sinistro e facer así un lavado de cara”. […]

Denuncian a falta de medidas preventivas no servizo de anatomía patolóxica no Hospital da Costa

A CIG-Saúde da Mariña presentou denuncia na Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo diante da situación que se está a dar no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa, debido á ausencia de medidas preventivas no almacenamento e condicións de uso de formaldehido (clasificado como canceríxeno e mutáxeno 1B). A Federación […]

A Deputación contrata asistencia técnica para vixiar seguridade e saúde e previr riscos laborais en todas as obras

A Deputación de Pontevedra garantirá mediante unha asistencia técnica que todas as obras que realice o departamento de Mobilidade na provincia cumpran coa normativa vixente en materia de seguridade, saúde e prevención de riscos laborais. O contrato terá unha duración de dous anos prorrogables a outros dous e unha contía variable en función do número […]