Gañan unha sentenza a Eulen no servizo da axuda a domicilio de Narón

A Federación de Construción e Servizos de CCOO gañou unha nova sentenza que mellora as condicións laborais no sector da axuda domiciliaria. Neste caso, a resolución xudicial obriga a empresa Eulen, concesionaria deste servizo en Narón, a actualizar os salarios do persoal, conxelados desde o 2013. CCOO saúda a sentenza, mais critica o Concello naronés […]

O colexio Salvador Moreno de Pontevedra vulnerou os principios de igualdade, mérito e capacidade

O TSXG vén de dar a razón á CIG-Ensino na denuncia por vulneración dos principios de igualdade, mérito e capacidade e de liberdade ideolóxica no sistema de acceso a unha praza no colexio Salvador Moreno de Pontevedra. “É inconcibíbel que no século XXI o Ministerio de Defensa continuara da man da igrexa católica pretendendo saltar […]

Unha nova sentenza recoñece o dereito do persoal docente interino a computar as vacacións para trienios e sexenios

A CIG-Ensino vén de gañar unha nova sentenza, neste caso no Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense, pola que se recoñece o dereito a unha docente interina con contratos de substitución a que se lle compute o tempo de vacacións cobradas e cotizadas mais non gozadas para os efectos de antigüidade, tanto para trienios como […]

Entrevista a Isabel Coto, traballadora que gañou un xuízo contra El Corte Inglés por acoso laboral e sexual

O caso de Isabel Coto constitúe un exemplo para as mulleres que sofren unha situación de acoso laboral e sexual no seu traballo. Farta de sentir medo e de que pisaran os seus dereitos, decidiu loitar para recuperar a dignidade, aínda que iso supuxera enfrontarse a unha grande empresa como El Corte Inglés. Agora, unha […]

Condena a El Corte Inglés por consentir o acoso sexual e moral a unha traballadora

O Xulgado do Social nº 3 de A Coruña vén de condenar a un xefe de tenda e a EL CORTE INGLÉS, S.A. por vulnerar os dereitos fundamentais dunha traballadora do centro de oportunidades de Altamira (Cambre) por acoso sexual e laboral. Na resolución tamén se  condena a empresa e ao responsábel da tenda a […]