🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O BNG de Vigo presenta unhas emendas ao orzamento municipal do Concello de Vigo para o exercicio 2018

O BNG presentou esta mañá as súas emendas aos orzamentos municipais do Concello de Vigo para o 2018. Unha propostas “elaboradas coa colaboración de entidades e colectivos sociais que procuran dar resposta ás necesidades da veciñanza”, segundo explicou  responsábel local do BNG vigués, Serafín Otero. “Lamentamos que o PSOE insista en negar a participación na […]

O BNG responsabiliza á xunta do caos en Cíes e pide a xestión pública do transporte marítimo da ria de Vigo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón responsabilizou hoxe á Xunta de Galiza da crise producida en Vigo pola sobrevenda de billetes ás Illas Cíes. As Illas Cíes, dixo, “non son Benidorm e Feijóo nos últimos anos danou gravemente a imaxe de Cíes, Vigo e Galiza poñendo en cuestión o funcionamento dun parque natural de […]

O BNG leva ao Parlamento galego a conversión en vía urbana da AP-9 desde as Torres de Padín

“Recollemos unha demanda veciñal e social unánime que é fundamental para o barrio de Teis”. Desta maneira, presentou esta mañá o deputado nacionalista, Luís Bará, a proposición non de lei que levará ao Parlamento galego a conversión en vía urbana do tramo de AP-9 que atravesa a cidade de Vigo. Bará mantivo un encontro con […]

A militancia do BNG de Vigo reelixe por unanimidade a Serafín Otero como responsábel e portavoz local

A asemblea local do BNG de Vigo elixiu na tarde de onte, martes 9 de maio, o novo Consello Local da organización, que estará encabezado por Serafín Otero quen resultou reelixido como responsábel e portavoz local. A candidatura unitaria, elaborada polo Consello Local saínte, integra a pluralidade da fronte nacionalista. O novo organismo de dirección […]

O BNG lamenta a falta de consenso nos  nomeamentos de vigueses distinguidos

A corporación municipal, cos votos de PP e PSOE, acordou a concesión da distinción de vigueses distinguidos deste ano ao empresario José Silveira e aos colexios concertados Acacias e Montecastelo. Para o BNG esta decisión é a todas luces desafortunada pois supón un recoñecemento do sector privado fronte ao público en cuestións tan sensibles como […]

O BNG responsabiliza a PP e PSOE do fracaso da Área Metropolitana de Vigo

O anuncio do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de que pon en suspenso a recén constituída Área Metropolitana de Vigo e deixa sen efecto o convenio para a incorporación da cidade no transporte metropolitano, constata o fracaso do proxecto metropolitano, do que o BNG responsabiliza directamente tanto ao PP como o PSOE. “A irresponsabilidade de […]

O Bloque cualifica de “autobús pantasma” o anunciado H3 desde Teis ao Álvaro Cunqueiro

A fronte nacionalista xulga “absolutamente insuficiente” que a nova liña só vaia facer dúas viaxes pola mañá dos días laborábeis. Para o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, o anuncio de Caballero é “unha tomadura de pelo á veciñanza da cidade”. O BNG cualificou de “absolutamente insuficiente” a liña H3 anunciada onte polo alcalde da cidade […]

O BNG de Vigo chama a recuperar o consenso para que a Área Metropolitana sexa unha realidade efectiva

Diante do conflito aberto ao fío da constitución formal da Área Metropolitana do Vigo, o BNG reclama que se recupere o consenso atinxido polos concellos e a Xunta que permitiu a reforma da Lei da área e superar o impasse que impedira a súa posta en marcha. “O único camiño para que a Área Metropolitana […]

O BNG demanda á Xunta 61 millóns de euros máis de investimentos na cidade de Vigo

O BNG presentou esta mañá en rolda de prensa as emendas parciais relativas a Vigo que formulan aos orzamentos da Xunta para o ano 2017. As emendas nacionalistas demandan ao goberno galego case 61 millóns de euros máis de investimentos para a cidade. O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, xustificou as emendas […]

O BNG emenda 7,5 millóns de euros do orzamento municipal para que atenda as necesidades reais de Vigo

Propoñen duplicar o orzamento do Plan municipal de emprego, a construción de 3 novas escolas infantís e de 2 bibliotecas, crear unha axuda de 200€ mensuais para o alugueiro das familias sen recursos e a posta en marcha dun programa de apoio ás mulleres vítimas de violencia machista.   Esta mañá, o responsábel local do BNG […]

O BNG cualifica de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta por desatender as necesidades de Vigo

O Bloque Nacionalista Galego expresou o seu rexeitamento á proposta de orzamentos da Xunta para o ano 2016, cualificándoos de “decepcionantes” por desatender, en opinión das nacionalistas, “as principais necesidades da cidade de Vigo”. Para o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, as contas elaboradas polo Goberno galego confirman que “para Feijóo Vigo é de […]

O BNG responsabiliza a Feijóo do “bluff” de Pemex en Barreras e urxe medidas para reactivar o sector naval de Vigo

O anuncio da paraestatal mexicana Pemex, accionista maioritario do estaleiro vigués Barreras, de que cancela a encomenda do segundo flotel, confirma, en opinión do BNG, as advertencias realizadas por parte da fronte nacionalista a respeito da falla de compromisos reais. O Bloque valorou esta mañá en rolda de prensa a situación que atravesa o naval […]

Serafín Otero: “A proposta de orzamentos municipais non dá resposta aos problemas reais da xente e dos barrios”

O Bloque presentou esta mañá en rolda de prensa as 17 alegacións presentadas ás ordenanzas fiscais aprobadas en solitario polo PSOE, por ser “socialmente inxustas”. “As ordenanzas fiscais aprobadas o pasado mes de outubro e a proposta de orzamentos municipais para o ano 2017, son a clara demostración de que o Goberno local non ten […]

Marta Dacosta: “ É posíbel recuperar os 8 mil postos de  traballo que se destruíron no naval de Vigo”

“Para nós volver poñer en marcha a construción naval é unha verdadeira prioridade nacional”. Esa foi a mensaxe contundente que a candidata número 3 de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, a viguesa Marta Dacosta, lle trasladou esta tarde a responsábeis sindicais da CIG do sector. Dacosta que estivo acompañada polo responsábel local do BNG en Vigo, Serafín Otero, explicou […]

O BNG demanda ao Concello de Vigo que dispoñibilice espazos públicos abertos para a campaña do 25S

Esta mañá o responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, presentou no rexistro municipal un escrito dirixido ao alcalde no que lle demanda que o Concello poña a disposición da Xunta Electoral espazos públicos abertos, como rúas e prazas. Diante de cada campaña electoral todos os concellos comunican á Xunta Electoral unha relación de […]

O BNG urxe á Xunta a presentar un proxecto concreto  para os novos xulgados de Vigo

A deputada Carme Adán presentou unha interpelación no Parlamento Galego para que a Xunte aclare se hai ou non un proxecto concreto e con que prazos. O BNG de Vigo reclamou hoxe que o Goberno galego concretice os seus plans para dotar aos xulgados da cidade dunhas novas dependencias. Nunha rolda de prensa decorrida esta mañá, na que […]

O encontro aberto do BNG de Vigo aposta na necesidade dunha alternativa nacionalista para Galiza

No acto tomou parte a voceira nacional do Bloque, Ana Pontón.  O primeiro encontro aberto do Proceso Adiante, co que o BNG aposta no relanzamento do proxecto nacionalista, realizouse na tarde-noite de onte en Vigo. Durante dúas horas as máis de 130 persoas que participaron no acto, realizado nun céntrico hotel da cidade de Vigo, debateron arredor da […]

O BNG desprega unha grande faixa no Castro en solidariedade coas persoas refuxiadas

O BNG de Vigo despregou ás 12h desta mañá na ladeira do monte do Castro unha faixa de grandes dimensións co lema “Galiza [email protected] [email protected], non á guerra”. O acto encádrase nunha acción nacional impulsada polo Bloque para rexeitar a política “vergoñenta” da UE en relación á crise das refuxiadas. Ademais de en Vigo o […]

O BNG de Vigo rexeita o novo regulamento orgánico do pleno por “antidemocrático”

“Este regulamento é a última demostración de que ao Alcalde sóbralle a cidadanía e moléstalle que a xente se exprese” denuncia Serafín Otero. O BNG de Vigo rexeita o regulamento orgánico do pleno, aprobado inicialmente o pasado 30 de marzo e que no día de onte foi publicado no Boletín Oficial da Provincia, abríndose o […]

O BNG de Vigo organiza unha charla-coloquio sobre a crise humanitaria das persoas refuxiadas

O acto terá lugar o mércores 23 de marzo ás 20h na Libraría Cartabón. Falarán Serafín Otero, Responsábel local, e Ana Miranda, portavoz do BNG  O BNG de Vigo realizará o próximo mércores 23 de marzo ás 20h na Libraría Cartabón (Urzaiz 125) unha charla-coloquio titulada “Galiza solidaria coas persoas refuxiadas”, na que se denunciará a grave […]

5 preguntas a Serafín Otero, candidato BNG

NOTICIAS VIGO: Bos días Serafín Otero, un pracer contar coa súa participación e que nos dediques uns minutos para realizarche 5 preguntas como vimos facendo aos cabeza de lista nestas próximas eleccións municipais.  Nesta primeira pregunta e que repetimos cos demais líderes, gustaríanos coñecer, que é o primeiro que realizará o BNG de ser o partido máis votado nas […]

Serafín Otero: “Poremos fin ao abandono de Teis recuperando o literal e aumentando as dotacións”

– O candidato nacionalista criticou que os barrios e parroquias foron os grandes esquecidos nos últimos anos e destacou que o BNG aposta pola descentralización dos servizos. O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, subliñou que o barrio de Teis necesita “dúas actuacións urxentes”, como son a recuperación do litoral e o remate das actuacións na ETEA, […]

Serafín Otero: “É imprescindible potenciar o Porto como elemento dinamizador da economía viguesa”

– O candidato do BNG, que participou nun reparto informativo no mercado de Bouzas, defendeu que o seu crecemento debe pasar pola racionalización dos espazos e o desenvolvemento da Plisan, non polos recheos. O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, asegurou que é “imprescindible potenciar o papel do Porto de Vigo como dinamizador da economía da cidade”, tendo […]