A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña chama á participación masiva na manifestación deste xoves

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña vén de facer un chamamento a todas as veciñas e veciños da comarca para que participen na manifestación convocada para este xoves, 1 de marzo, en rexeitamento á Lei de Saúde do PP. A marcha sairá ás 20h dende o Hospital da Costa e rematará diante […]

O sector de ambulancias reclama a implicación da Xunta para que se negocie o convenio colectivo

Delegados e delegadas do sector de transporte sanitario concentráronse esta mañá diante do Sergas para reclamar a negociación do convenio colectivo, caducado desde hai dous anos, e en demanda de que a Xunta aclare se aceptou a renuncia das contratas que as empresas concesionarias solicitaron; se eses lotes se van sacar de novo a concurso […]

O Sergas estuda ampliar a vida laboral das/os profesionais aos 68 anos ante a falta de persoal

A CIG-Saúde vén de remitir un escrito ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e á Directora de Recursos Humanos do Sergas, Margarita Prado Vaamonde, denunciando a falta de profesionais e demandando que se adopten con urxencia as medidas necesarias para garantir unha prestación sanitaria de calidade. A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, […]

Feijoo di que reforzou a sanidade pública con 3.141 profesionais. Pero fala de contratos asinados ou de persoas contratadas?

O presidente da Xunta afirmaba onte no Parlamento que nos últimos 23 días se reforzou a rede sanitaria pública galega coa incorporación de 3.141 persoas, das que 336 serían persoal médico e 2.435 profesionais de enfermería. A CIG-Saúde pídelle a Núñez Feijoo que aclare se estes datos se refiren á contratación de persoas ou ao […]

Inspección require a corrección inmediata das deficiencias detectadas en Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa

A Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo vén de elevar un requirimento á Xerencia do Hospital da Costa, instando á “corrección inmediata” das deficiencias detectadas no Servizo de Anatomía Patolóxica e á adopción das medidas necesarias para garantir a seguridade das traballadoras e traballadores deste servizo. A Inspección dá razón así á […]

A CIG lamenta que a Fiscalía desista de investigar as irregularidades no transporte sanitario do CHUAC

O transporte sanitario non urxente para as áreas da Coruña e Cee (prestado pola UTE Servizos Sanitarios da Coruña e Ambuibérica) está marcado polos incumprimentos do contrato co SERGAS: menos vehículos dos estipulados, UVIs móbiles sen dotación de persoal e mesmo  realización de servizos privados con ambulancias destinadas aos hospitais públicos. Malia recoñecer estas irregularidades […]

Carta aos Reis Magos do persoal de Servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

Queridos Reis Magos: Se vosas maxestadades teñen a ben, xa que coa concesionaria e o SERGAS non tivemos moito éxito nestes dous anos e medio, queriamos pedirvos: Reforzo de persoal: Limpadoras, Seguridade, Administrativos, informadoras, TCAES, DUES, Medicos e celadores, sobre todo en picos, que adoitan ser mesetas. RX dentro ou preto de urxencias. Que a […]

Sanidade fai un chamamento aos grupos de risco para vacinarse da gripe a unha semana do remate da campaña

A campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica en Galicia remata o vindeiro 29 de xaneiro, motivo polo cal a Consellería de Sanidade lembra a todas aquelas persoas, especialmente ós grupos de risco, que aínda non se teñan vacinado, que están a tempo de facelo. Ao contrario que no resto de España, en Galicia a onda […]

Sanidade destaca a importancia do diagnóstico precoz na fibrose quística

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destaca a importancia do diagnóstico precoz de enfermidades como a fibrose quística porque “pode prolongar a esperanza de vida das persoas que a sofren e sobre todo mellorar a súa calidade de vida”. Almuiña inaugurou hoxe a VIII Xornada de Fibrose Quística de Galicia, que se celebrou no […]

Eva Solla denuncia a falta de previsión da Xunta de Galicia ante os colapsos nas urxencias

A coordinadora nacional de Esquerda Unida vén de denunciar que “a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias do noso país”. Segundo explica Eva Solla, “se ben a Xunta traslada cada ano que é normal que […]

O Servizo Galego de Saúde rexistrou preto de 240.000 solicitudes de libre elección de persoal sanitario en atención primaria

Dende a entrada en vigor en abril de 2015 do Decreto 55/2015 do 26 de marzo, polo que se regula a libre elección de persoal médico de familia, pediatra e profesional de enfermaría no ámbito da asistencia sanitaria e ata o 30 de setembro deste ano, un total de 239.542 usuarios do Servizo Galego de […]

Un tres por centro de usuarios con opción de cambiar de hospital exerceron este dereito

Do total da poboación da área sanitaria de Vigo que podían elixir cambiar de hospital de referencia para atención especializada (71.000 usuarios) tan só solicitaron o cambio 2.515 persoas, o que representa o 3,5 por cento. As solicitudes de cambio para recibir atención hospitalaria no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) foron 771, mentres que […]

Preto de 5.700 persoas foron atendidas nos centros de vacinación internacional do Sergas nos primeiros nove meses deste ano

Os profesionais sanitarios dos doce centros de vacinación internacional da Consellería de Sanidade dispensaron 8.878 vacinas a 5.686 persoas nos primeiros nove meses deste ano. Nos centros da provincia da Coruña subministráronse 3.926 vacunas, 1.578 nos de Lugo, 1.013 en Ourense e 2.361 nos da provincia de Pontevedra. Por centros, na provincia da Coruña dispensáronse […]

A aprobación da reforma da Lei de saúde blinda a existencia dos hospitais comarcais coa creación de 14 distritos sanitarios

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación da reforma da Lei de saúde que blinda a existencia dos hospitais comarcais coa creación de 14 distritos sanitarios, de tal xeito que “ningún goberno poderá diminuír ou eliminar un hospital comarcal en Galicia se non é por […]

O Modelo de Financiamento Sanitario: a historia dun desastre

Ata o 2001 Sanidade Pública financiábase cos Orzamentos do Estado que destinaba a ela unha cantidade que se repartían entre todas as CCAA en base ao % poboación de cada territorio respecto ao total do estado. Tras completarse o proceso de transferencias sanitarias a todas as Comunidades Autónomas CCAA en 2001 o Consello de Política […]

O persoal de mantemento do Cunqueiro mobilizarase para reclamar un convenio que iguale as condicións de traballo

O comité de Veolia Servicios Norte, empresa encargada do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, convoca mobilizacións para reclamar un convenio colectivo específico para este centro de traballo. Con esta iniciativa queren igualar as condicións salariais e laborais do cadro de persoal e así rematar coas importantes diferenzas existentes. A representación legal […]

CCOO-Sanidade informa de que o acordo de carreira profesional no SERGAS non paraliza as restantes reivindicacións

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia informa de que o acordo de carreira profesional asinado hai pouco máis dunha semana non paraliza as restantes reivindicacións, como «de xeito malicioso e falaz» transmitiu algunha organización sindical. Neste punto, o secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, é contundente á hora de afirmar que Comisións Obreiras […]

O seguimento da folga nos centros sanitarios na quenda de tarde é do 2,11% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde informan que a folga convocada pola organización sindical CIG para o día de hoxe foi secundada nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde na quenda de tarde por un 2,11% do total dos convocados. Por Estruturas Organizativas de Xestión Integrada, o seguimento na quenda […]

O seguimento da folga nos centros sanitarios é do 2,68% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola organización sindical CIG para o día de hoxe foi secundada nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde na quenda de maña por un 2,68% do total dos convocados. Na quenda de noite a convocatoria non tivo ningún seguimento. […]

CIG-Saúde valora positivamente o seguimento da folga xeral no Sergas

A CIG-Saúde vén de valorar positivamente tanto o seguimento da folga xeral convocada no Sergas para hoxe e mañá venres como as mostras de apoio recibidas das traballadoras e traballadores da sanidade pública galega. O persoal do Sergas súmase ao rexeitamento da posición da consellaría de Sanidade, que se negou a establecer un calendario de […]

Os profesionais sanitarios contarán cun interlocutor policial en caso de agresións

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse esta mañá co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva para presentar o protocolo de actuación ante as agresións laborais externas que están a sofrer os profesionais sanitarios. Asistiron tamén a xuntanza representantes dos Colexios Médicos e de Enfermería das catro provincias galegas, xunto a responsables da […]

Abren novamente o prazo para mudar do Hospital Álvaro Cunqueiro ao Hospital Povisa

O Servizo Galego de Saúde habilita o mes de novembro para exercer o dereito para cambiar de hospital ás persoas empadroadas nos concellos de Vigo, Gondomar, Nigrán, Baiona, Cangas e Moaña. O prazo para solicitar o cambio a Povisa comeza o 2 de novembro. Só se pertences aos centros de saúde de Pintor Colmeiro, López Moura, Nicolás […]

Nova discriminación do galego, desta volta nas oposicións do Sergas

A pasada fin de semana tiveron lugar, no recinto feiral de Silleda, os exames da Oferta Pública de Emprego do Servizo Galego de Saúde, que contaron cun total de 3647 aspirantes para 401 prazas. Na folla de instrucións ficaba claro como para o Sergas e a Xunta de Galiza o galego non é máis que […]

A maioría sindical desconvoca a folga na sanidade pública

Os sindicatos CCOO, CSI-F, SAE, SATSE e UGT, que representan a maioría do persoal sanitario, confirmaron esta mañá nunha comparecencia de prensa conxunta que desconvocan a folga na sanidade pública prevista para os días 2 e 3 de novembro. O detonante desta decisión foi o acordo asinado do SERGAS para desbloquear a carreira profesional, que […]

1 2 3 9