Reclaman vehículos axeitados para o servizo de extinción de lumes forestais

O sector de Autonómica da CIG-Administración denuncia que a Consellaría do Medio Rural vén de entregarlle ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) unha serie de vehículos que non cumpren coas características técnicas negociadas e recollidas nos pregos de condicións do concurso “e que nen sequera son axeitados para o noso traballo”. […]

Bombeiros/as forestais exixen á Xunta a inmediata convocatoria da OPE para rematar coa precariedade

Traballadores/as do Servizo de Prevención e Extición de Incendios Forestais da Xunta de Galiza (SPDCIF) manifestáronse esta mañá diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano (Compostela) para denunciar a enorme temporalidade que padecen e reclamar a inmediata convocatoria da OPE como persoal laboral. Xunto a isto fixeron entrega no rexistro das […]

Convocada manifestación en demanda da inmediata convocatoria da OPE no servizo contra incendios

CIG e CSIF anunciaron esta mañá en rolda de prensa a convocatoria dunha manifestación para o próximo venres día 14 de xullo, ás 10:30 horas en Compostela, para denunciar o incumprimento do goberno do Partido Popular no que atinxe a oferta de emprego público do ano 2016 para o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios […]

Reclaman a inmediata convocatoria da OPE para reducir a ‘escandalosa’ temporalidade do SPDCIF

Representantes da CIG e do CSIF compareceron esta mañá en rolda de prensa para exixir a inmediata convocatoria da OPE como persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta de Galiza (SPDCIF). Un servizo público no que, segundo denunciaron, a temporalidade afecta ao 40% dos traballadores/as e non se […]

Inspección de Traballo require a Medio Rural a aplicación dos Plans de Acción tras denuncialo a CIG

O pasado mes de marzo a CIG iniciou unha campaña a nivel nacional co obxectivo de acadar o cumprimento dos plans de acción pertencentes ao Plan de prevención de riscos para o SPDCIF. A raíz da mesma e das denuncias da CIG, Inspección de Traballo vén de requirir de Medio Rural a súa aplicación, nomeadamente […]