O Servizo Galego de Saúde rexistrou preto de 240.000 solicitudes de libre elección de persoal sanitario en atención primaria

Dende a entrada en vigor en abril de 2015 do Decreto 55/2015 do 26 de marzo, polo que se regula a libre elección de persoal médico de familia, pediatra e profesional de enfermaría no ámbito da asistencia sanitaria e ata o 30 de setembro deste ano, un total de 239.542 usuarios do Servizo Galego de […]

Un tres por centro de usuarios con opción de cambiar de hospital exerceron este dereito

Do total da poboación da área sanitaria de Vigo que podían elixir cambiar de hospital de referencia para atención especializada (71.000 usuarios) tan só solicitaron o cambio 2.515 persoas, o que representa o 3,5 por cento. As solicitudes de cambio para recibir atención hospitalaria no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) foron 771, mentres que […]

Altos niveis de carga de traballo e conflito de rol no sector sanitario público galego tradúcense nun elevado esgotamento emocional

Esgotamento emocional, despersonalización e realización persoal, son as tres dimensións principais que definen en gran medida a aparición da síndrome do queimado ou burnout no traballo. “O concepto burnout refírese ás experiencias estresantes en períodos de tempo prolongados dentro do ámbito laboral. Neste sentido, nos traballadores que experimentan situacións estresantes dentro do traballo ou a exposición a factores laborais […]

O Modelo de Financiamento Sanitario: a historia dun desastre

Ata o 2001 Sanidade Pública financiábase cos Orzamentos do Estado que destinaba a ela unha cantidade que se repartían entre todas as CCAA en base ao % poboación de cada territorio respecto ao total do estado. Tras completarse o proceso de transferencias sanitarias a todas as Comunidades Autónomas CCAA en 2001 o Consello de Política […]

O persoal de mantemento do Cunqueiro mobilizarase para reclamar un convenio que iguale as condicións de traballo

O comité de Veolia Servicios Norte, empresa encargada do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, convoca mobilizacións para reclamar un convenio colectivo específico para este centro de traballo. Con esta iniciativa queren igualar as condicións salariais e laborais do cadro de persoal e así rematar coas importantes diferenzas existentes. A representación legal […]

CCOO-Sanidade informa de que o acordo de carreira profesional no SERGAS non paraliza as restantes reivindicacións

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia informa de que o acordo de carreira profesional asinado hai pouco máis dunha semana non paraliza as restantes reivindicacións, como «de xeito malicioso e falaz» transmitiu algunha organización sindical. Neste punto, o secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, é contundente á hora de afirmar que Comisións Obreiras […]

O seguimento da folga nos centros sanitarios na quenda de tarde é do 2,11% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde informan que a folga convocada pola organización sindical CIG para o día de hoxe foi secundada nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde na quenda de tarde por un 2,11% do total dos convocados. Por Estruturas Organizativas de Xestión Integrada, o seguimento na quenda […]

O seguimento da folga nos centros sanitarios é do 2,68% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola organización sindical CIG para o día de hoxe foi secundada nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde na quenda de maña por un 2,68% do total dos convocados. Na quenda de noite a convocatoria non tivo ningún seguimento. […]

Abren novamente o prazo para mudar do Hospital Álvaro Cunqueiro ao Hospital Povisa

O Servizo Galego de Saúde habilita o mes de novembro para exercer o dereito para cambiar de hospital ás persoas empadroadas nos concellos de Vigo, Gondomar, Nigrán, Baiona, Cangas e Moaña. O prazo para solicitar o cambio a Povisa comeza o 2 de novembro. Só se pertences aos centros de saúde de Pintor Colmeiro, López Moura, Nicolás […]

Os sindicatos ANPE, SATSE e CESM-OMEGA súmanse ao acordo coa Xunta para impulsar o Plan de estabilidade no emprego público

Os sindicatos do eido sanitario SATSE e CESM-OMEGA, xunto ao sindicato educativo ANPE, decidiron sumarse hoxe ao acordo sindical para desenvolver un plan de estabilidade no emprego público, que permitirá ofertar 14.750 prazas nos servizos públicos ata o ano 2020. Este acordo foi acadado o pasado 18 de outubro entre representantes da Xunta de Galicia […]

O Sindicato de Enfermería en Galicia chega a un acordo co Sergas para negociar e reactivar a Carreira Profesional

O Sindicato de Enfermería SATSE en Galicia chegou a un principio de acordo co Servizo Galego de Saúde (Sergas), en materia de Carreira Profesional do persoal do servizo de saúde e, como consecuencia do mesmo, o Sindicato de Enfermeiras descarta seguir a folga prevista para os días 2 e 3 de novembro. A esta acta […]

Concentracións o xoves 19 para apoiar a folga na sanidade pública

CCOO, CIG, CSI-F, SAE, SATSE e UGT convocan folga os días 2 e 3 de novembro pola recuperación dos dereitos do persoal do ámbito. Debido a esta convocatoria, a Dirección de Recursos Humanos do SERGAS solicitou unha xuntanza co comité de folga para mañá xoves, malia ter rexeitado negociar. Por tal motivo, os sindicatos convocan […]

Suxestión ao anteproxecto de lei polo que se modifica a lei de saúde de Galicia

Unha vez revisado o Anteproxecto de Lei polo cal se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia e estando dentro do prazo de alegación (comprendido entre o 02/08/2017 ao 01/09/2017), o Concello de Cangas solicita á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade o seguinte: – A retirada do Anteproxecto […]

Almuiña avanza que a reforma da Lei de saúde permitirá a creación dos distritos sanitarios ligados aos hospitais comarcais de Verín e Cee

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse esta mañá en senllos encontros con alcaldes e representantes municipais da zona de Cee e Verín, para explicar os puntos máis salientables do anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. Almuiña avanzou que a modificación normativa […]

Denuncian “o estado de desmantelamento da atención primaria na Mariña”

Ante os anuncios propagandísticos de Elena Candia e Daniel Veiga do PP polas críticas á supresión da Área Sanitaria da Mariña, CIG Saúde A Mariña volve lembrar e denunciar a política destrutiva ao longo destes anos, levada a cabo polo equipo xestor da EOXI de Lugo-Cervo-Monforte nos Centros de Saúde da Mariña. PARALIZACIÓN DO PLAN […]

A futura Lei de saúde de Galicia creará o distrito sanitario de Monforte que consolida o papel do hospital comarcal como centro de referencia do sur da provincia de Lugo

A futura Lei de saúde de Galicia –cuxo anteproxecto está na actualidade publicado no Portal de Transparencia- creará o distrito sanitario de Monforte de Lemos e consolidará o papel do hospital comarcal como centro de referencia do sur da provincia de Lugo. Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, […]

A app do Sergas para guiar os pacientes polos centros sanitarios leva máis de 9000 descargas desde o seu lanzamento en xaneiro

O Servizo Galego de Saúde puxo en marcha en xaneiro a aplicación SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios), un sistema pioneiro para a localización e guiado de pacientes no interior de varios dos seus centros. Desde entón leva 9.117 descargas, 5.386 a través Google Play y 3.731 da App Store de Apple. […]

O Sergas destaca importantes melloras nas condicións laborais do persoal da sanidade na última lexislatura

O Servizo Galego de Saúde destaca a súa firme aposta pola estabilidade e mellora do emprego, e así lembra as importantes melloras da última lexislatura en materia de condicións de traballo. En concreto, realizouse un novo pacto de contratación temporal, un plan de estabilidade laboral aprobado en mesa sectorial, e no último trimestre deste ano […]

Feijoo asegura que a sanidade galega do futuro comeza no Hospital de Ourense, onde se implantarán 24 proxectos innovadores

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou onte que a Sanidade galega do futuro comeza no Hospital de Ourense, onde se implantarán 24 proxectos piloto innovadores. Durante unha visita ao novo edificio de hospitalización do CHUO, Feijóo asegurou que esta infraestrutura será a primeira pedra da modernización e da innovación do Servizo Galego de […]

O Sergas abre o prazo de inscrición para as listas de selección temporal da categoría de enfermeiro especialista en enfermaría familiar e comunitaria

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade ao proceso de inscrición en listas de selección temporal do Servizo Galego de Saúde na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria. A selección dos aspirantes vaise efectuar de acordo ao disposto na Resolución do 13 […]

O Sergas dará cobertura sanitaria aos 326 menores saharauis que pasarán o verán en Galicia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregoulle á presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla Avión, os documentos acreditativos que garanten a cobertura asistencial durante o período vacacional dun total de 326 menores saharauis que se desprazan a Galicia dentro do programa Vacacións en Paz 2017. Dende hai varios anos, numerosas […]

Almuiña salienta que nos centros do Sergas se substitúen todas as ausencias de persoal necesarias, tendo en conta a demanda asistencial

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe no Parlamento que a xestión e a planificación das substitucións no Sergas se realizan tendo en conta a demanda asistencial, é dicir, substitúense o 100% das ausencias que se precisen, en función das necesidades de cada centro. Proba disto, salientou, é que habitualmente se esgotan as listas […]

Galicia ampliará o tratamento de Hepatite C a todos os pacientes

O Servizo Galego de Saúde ampliará o tratamento da Hepatite C aos casos de menor gravidade, os graos F0 e F1, segundo prescrición clínica dos facultativos. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen está a participar no Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, onde se acordou tamén […]

O Sergas dará cobertura sanitaria aos 66 menores rusos que pasarán o período vacacional de verán en Galicia no marco do programa de acollida que organiza a asociación Ledicia Cativa

 O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña entregoulle esta mañá ao vicepresidente de Ledicia Cativa, José Manuel Borrajo González, os documentos acreditativos que garanten a cobertura asistencial durante o período vacacional dun total de 66 menores rusos que se desprazan a Galicia dentro do programa de acollida organizado pola Asociación Ledicia Cativa. Dende hai anos, […]