Un total de 4.598 persoas concorren ás oposicións do Sergas que esta fin de semana se celebran en Silleda

Do número total de aspirantes admitidos para a realización destas probas selectivas, 3.147 presentaranse ás 352 prazas convocadas de persoal licenciado sanitario e 1.451 ás 49 prazas de xestión e servizos. Un 13,52% proveñen de fóra de Galicia, o 71% teñen menos de 40 anos e o 69,20% do total son mulleres. Do total de […]

Almuiña salienta que nos centros do Sergas se substitúen todas as ausencias de persoal necesarias, tendo en conta a demanda asistencial

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe no Parlamento que a xestión e a planificación das substitucións no Sergas se realizan tendo en conta a demanda asistencial, é dicir, substitúense o 100% das ausencias que se precisen, en función das necesidades de cada centro. Proba disto, salientou, é que habitualmente se esgotan as listas […]

Sanidade aposta pola abordaxe integral da cronicidade na Atención Primaria cun seguimento activo mediante as novas tecnoloxías

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informou hoxe no Parlamento de Galicia das liñas de actuación de atención primaria nesta lexislatura. “Queremos avanzar cara un modelo máis proactivo, no que o profesional de referencia de cada paciente dispoña de ferramentas necesarias para monitorizar aos pacientes crónicos dende o seu domicilio”, avanzou. Esta abordaxe integral […]

O conselleiro de Sanidade aposta por unha atención primaria máis cercana á cidadanía e máis proactiva

“Cremos que é necesario ter unha atención primaria máis cercana á cidadanía, máis proactiva, capaz de resolver, como ten demostrado ata a data, unha gran porcentaxe da patoloxía máis frecuente que recibe, pero tamén que realice un seguimento activo dos pacientes, que consiga adiantarse, evitar as reagudizacións ou agravamentos que se producen nos pacientes crónicos […]

A Xunta aposta por unha sanidade aberta á sociedade, que achegue os servizos ás persoas e responda ás necesidades actuais da cidadanía

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou que o Servizo Galego de Saúde avanza cara un modelo sanitario cada vez máis aberto á sociedade, con servizos que teñan o compoñente comunitario inherente ás necesidades dos cidadáns que demandan a atención. Neste sentido, apostou por unha maior prevención, máis diagnósticos e tratamentos precoces, máis tratamentos […]

Sanidade comparte con representantes do Servizo de Saúde de Croacia información sobre IANUS e proxectos do Sergas de innovación

​O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, e representantes da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade están a realizar estes días varias sesións de traballo coordinadas con representantes do servizo de saúde de Zagreb (Health Center Zagreb) e do Instituto da Seguridade Social de Croacia. Esta […]

O conselleiro de Sanidade resaltou a importancia de reflexionar e compartir coñecementos para mellorar a atención que se presta ás persoas con síndrome de down

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, resaltou onte, no Simposium sobre asistencia sanitaria integral para persoas con síndrome de down, a importancia de reflexionar e compartir coñecementos cun obxectivo común como é mellorar a atención que prestamos aos cidadáns con necesidades especiais como son as persoas con síndrome de Down. O titular da carteira […]

Sanidade reforzará as inspeccións aos establecementos de restauración colectiva cunha campaña específica

​A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, reforzará as actividades ordinarias de control oficial nos establecementos de restauración colectiva. Trátase da primeira vez que se realiza unha campaña especial deste tipo, aínda que a posibilidade de facer este reforzo está recollido nos obxectivos específicos da inspección coa finalidade de mellorar […]

Sanidade amplía o número de pacientes que poderán ser atendidos nos centros sanitarios do Sergas baixo o protocolo de acompañamento e accesibilidade con tarxeta sanitaria AA

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou hoxe a sede da Federación Galega de Asociacións en Favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (FADEMGA Plena Inclusión Galicia), onde anunciou a ampliación do número de pacientes que poderán ser atendidos nos centros sanitarios do Sergas baixo o protocolo de acompañamento e accesibilidade con […]

O número de doses de vacina antrigripal postas á poboación galega na campaña de 2016 ascende a 514.907

Segundo o informe final da Campaña de Vacinación Antigripal 2016, posta en marcha pola Consellería de Sanidade, o número total de doses administradas na poboación galega ascendeu a 514.907, o que supón 29.314 doses máis que na campaña pasada. Do total das doses postas, 370.540 corresponden ao grupo de persoas de 65 ou máis anos, […]

Almuiña asegura que o Sergas traballa para deseñar a Sanidade dos próximos 40 anos en Pontevedra

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou no Parlamento de Galicia que estamos traballando na “parte maís importante que se pode facer, o plan de espazos e o plan funcional, que definan para os proximos 30 ou 40 anos o hospital Gran Montecelo”. Así mesmo, Almuiña lembrou a total colaboración co Concello de Pontevedra, […]

Galicia incorpórase á receita electrónica interoperable do SNS

Os cidadáns galegos e galegas que se despracen a comunidades autónomas nas que a receita electrónica é interoperable (Canarias, Valencia, Estremadura e Navarra) poden xa recoller os medicamentos que lles prescribisen os médicos do Servizo Galego de Saúde só con presentar a súa tarxeta sanitaria. Do mesmo xeito, a partir de mañá, dende as farmacias […]