Un cento de familias gandeiras de Agolada asinan para pedir un prazo extraordinario nas bonificacións do IBI

Preto de un cento de familias gandeiras de Agolada, asesoradas polo Sindicato Labrego Galego, veñen de rexistrar hoxe, 18 de maio, un escrito no concello coas súas sinaturas no que se pide a apertura dun prazo extraordinario para poder solicitar as bonificacións no IBI correspondentes ao exercio do 2018 para as construcións das explotacións agrarias […]

Laura Lorenzo (Daterra Viticultores): “O Val do Bibei é unha das zonas con maior potencial vinícola de Galiza”

Aínda que naceu en Allariz, Laura Lorenzo veu a Manzaneda e ao Val do Bibei en 2004 e xa non volveu marchar. Dende que comezou a formarse como técnica en vitivinicultura hai case vinte anos, até agora, Laura atesourou experiencia, coñecementos e paisaxes que se plasman á perfección na rica diversidade de viños que elabora: […]

Plan Forestal de Galicia: a Consellaría de Medio Rural comeza a casa polo tellado…

O pasado luns, 18 de decembro, celebrouse unha nova xuntanza do Consello Forestal de Galicia na que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto, presentaron a revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG). Mentres a nosa equipa técnica está a estudar o documento, dende o […]

O Sindicato Labrego da Mariña reclama a recuperación da formación agroecolóxica na Escola Pedro Murias de Ribadeo

Na xuntanza conviñemos que a Escola é un recurso de enorme valor para a comarca, que se ben ten orixe nunha doazón desinteresada de hai un século, foi obxecto de importantes investimentos públicos, tanto económicos como de xestión polos seus responsables, para transformala nas últimas décadas no único centro público que conta cunha granxa certificada […]

Xosé María Vilaverde: “Cando fun á oficina agraria dicir o que quería facer, dixéronme que era imposible”

A Quinta da Vacaloura é unha granxa ecolóxica da parroquia de Naraío (San Sadurniño) onde Xosé María Vilaverde, paseniño, vai construíndo, xunto coa súa familia, un medio de vida que non ten moito que ver coa súa formación académica-Ciencias Políticas, Xestión de Cooperación Internacional e ONGs- pero si coa súa conciencia e compromiso co entorno, […]

O SLG e a Rede Galega de Sementes opóñense ao imposto da industria á agricultura pola reutilización de grans

Resulta inaceptable que o Ministerio de Agricultura e dous sindicatos do agro acepten que un grupo de empresas privadas cobren por un ben común que é patrimonio da humanidade, como as sementes, que foron melloradas durante séculos, xeración tras xeración, polas familias labregas. Así, as empresas sementeiras van cobrar por un patrimonio da humanidade, cando debería […]

Cinco organizacións abandonan o Consello Forestal pola imposibilidade de participar no plan de loita contra os lumes

Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG) abandonaron o Consello Forestal Galego, deste 26 de xuño, para denunciar as prácticas de entorpecemento á participación dos colectivos neste órgano no que se debaten as políticas forestais da Xunta e que hoxe debía […]