A península que forma o río Mero no seu tramo final, antes de formar a ría do Burgo, foi ocupada desde 1967 ata 2009 por unha planta de produción de aceites, da que hoxe só quedan os cimentos. Aínda que hai noticias de prensa que fan referencia a que se trata dunha propiedade privada; aparentemente […]
Os hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAPs) son un grupo de máis de 100 sustancias orgánicas químicas diferentes que se forman durante a combustión incompleta do carbón, petróleo, lixo e outros produtos orgánicos; tamén poden ser produtos industriais empregados na construcción, tinturas e pesticidas. Moitos HAPs son contaminantes orgánicos tóxicos, persistentes e bioacumulables, que en maior ou menor medida […]
Segundo a información recopilada nas hemerotecas (que podería ser incompleta), nos últimos 34 anos en Galicia morreron 27 persoas a causa dos incendios forestais: 9 pilotos en accidentes de aviación e 18 veciños ou brigadistas en terra: 09-09-1988: 4 mortos en accidente hidroavión en Lavacolla (C) 16-06-1996: 1 brigadista morto en Cerdedelo (Ou) 07-07-1997: 2 […]
Os incendios forestais que hai na provincia de Pontevedra, sen ser moitas veces os máis grandes, están a ser os que provocan unha maior mortalidade. Así, nos últimos 40 anos, a taxa de mortalidade de persoas falecidas por esta causa nesta provincia –excluídos os pilotos, que non teñen que ver co risco en terra- é […]
Sr. Presidente, Despois de ler detidamente a súa declaración institucional logo da vaga de incendios de outubro, sentímonos de novo profundamente decepcionados. Ao longo do seu discurso todo é etéreo, ambiguo, cando agora é momento de falar con claridade e actuar con determinación. Fala vostede de terrorismo pero ben sabe que NON SON TERRORISTAS os […]
As condicións meteorolóxicas ao longo do último ano hidrolóxico levaron a activar os protocolos de alerta por seca na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e en seis zonas da Demarcación Hidrolóxica de Galicia Costa, con previsións pouco alentadoras de que a situación hidrolóxica mellore en outono. Tendo en conta as importantes consecuencias que sobre as poboacións […]
A Sociedade Galega de Historia Natural organiza en Pontevedra, a través da delegación desta provincia I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade 2017, que se desenvolverá o vindeiro 25/11/17 na Escola Universitaria de Enxeñería Forestal, Campus de Pontevedra, da Universidade de Vigo. A inscripción é aberta e gratuíta e nesta xornada faremos unha revisión dos principais temas […]
Se unha imaxe vale máis que mil palabras, véxase a portada da publicación de SGHN do ano 1983, “visionaria” do problema e das súas consecuencias. SGHN diante da proliferación de recetas para axudar a paliar a lamentable situación na que quedan os montes despois desta vaga de incendios, manifesta o seguinte: – Desaconsellamos fortemente o […]
Aínda que a Sociedade Galega de Historia Natural non é partidaria das manifestacións en quente e mesmo podemos dubidar de se é o mellor momento, desde SGHN apoiamos as concentracións convocadas en diversas cidades e vilas polo Comité de Defensa do Monte Galego entendendo que diante deste problema debemos estar todos xuntos, incluíndo aos nosos representantes. […]
Logo da infame prórroga de 60 anos ditada polo goberno en funcións do PP, a empresa e a Xunta anunciaron un mal chamado “pacto ambiental” co que ENCE só pretende seguir comprando vontades e o silencio de estómagos agradecidos a cambio de esmolas aos colectivos sociais. Pero, desta volta, ENCE vai máis alá e, coa […]