O 97% do persoal de Extel secunda a folga contra a brutal modificación das condicións laborais

As traballadoras e traballadores de Extel realizaron este xoves unha estrondosa concentración (armados de chifres e potas), en resposta á modificación substancial das condicións laborais que pretende impor a dirección. A protesta, no marco dunha xornada de folga de 24 horas que rexistra un seguimento de arredor do 97% na plataforma da Coruña, foi convocada […]

Novo ataque de Extel ao emprego: pretende aplicar unha modificación brutal das condicións laborais

Logo do fraudulento ERE que a empresa aplicou a finais do pasado ano, Extel volve atacar o emprego, desta volta cunha modificación substancial colectiva das condicións laborais que, de efectivizarse, afectará a 334 traballadores/as da Coruña, dun total de 857 persoas afectadas no estado. Ao igual que ocorreu co ERE, a modificación das condicións de […]

O sector galego dos centros de chamadas volve á rúa para reclamar un convenio digno

Os traballadores/as galegos/as do sector dos centros de chamadas están a secundar amplamente a folga de 24 horas convocada pola CIG para reclamar un convenio colectivo xusto. Centos de empregados/as aproveitaron a xornada para mobilizarse polas rúas da Coruña, Vigo e Lugo en demanda dunhas condicións laborais dignas e para rexeitar a proposta patronal, que […]

Non, segue sendo non! A loita contra os ataques de Extel non rematou

A Sección Sindical da CIG en Extel entende que hai que seguir na loita “ante os constantes ataques da empresa aos postos de traballo nesta plataforma”. Neste senso, aclaran que a central vai impugnar o ERE, porque en ningún caso a voluntariedade das baixas valida a falta de causas e ante o temor de que […]

As 107 baixas voluntarias comunicadas por Extel confirman que o ERE non ten causa

Este venres, Extel comunicou ao Comité que vai proceder ao despedimento de 239 traballadoras e traballadores en todo o Estado, das/os que 107 pertencen á plataforma da Coruña. En calquera caso, estamos ante unha intolerábel destrución de postos de traballo, cunha voluntariedade acompañada en moitos casos de coaccións por parte da dirección da empresa. O […]

Nova xornada de paros e manifestacións para rexeitar o ERE en Extel

A loita contra o ERE que Extel pretende aplicar continúa este mércores con paros laborais de dúas horas por quenda de traballo e manifestacións dende as oficinas que a empresa ten en Matogrande (A Coruña) até unha das oficinas de Adecco (propietaria de Extel). A CIG reitera que non existen causas que xustifiquen “un ERE […]

Nova xornada de folga en Atento contra a modificación “inxusta e inxustificábel” das condicións de traballo

Traballadores e traballadoras de Atento na Coruña secundaron este luns unha nova xornada de folga en contra da modificación substancial das condicións laborais que pretende aplicar a empresa, logo de Telefónica comunicar unha redución do horario de atención do 1004. Este luns concluíu a negociación sen que ningún sindicato asinara a proposta da compañía, que […]

Traballadoras/es de Extel mobilízanse masivamente en rexeitamento ao ERE

A xornada de paros laborais enmárcase no calendario de accións xa convocadas en todo o sector polo bloqueo na negociación do convenio. Ao berro de “Este ERE ímolo parar”, as traballadoras e traballadores de Extel mobilizáronse este xoves contra o expediente de extinción que a empresa pretende aplicar e que afectará a 205 persoas na […]