🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

As traballadoras/es de Confecciones Guerral bótanse á rúa en Lalín para reclamar o pago dos salarios

O cadro de persoal de Confecciones Guerral, compañía dezana do sector téxtil que se atopa en proceso de liquidación, botouse á rúa este sábado día 13 en Lalín para reclamar o pago de salarios tras sete meses sen cobrar. Dende a FGAMT-CIG de Pontevedra denuncian que a propietaria da empresa posúe un patrimonio duns 15 […]

Confírmase a liquidación de Confecciones Guerral, unha das principais compañías téxtiles da comarca do Deza

A FGAMT-CIG de Pontevedra confirmou hoxe que o administrador concursal de Confecciones Guerral de Lalín, unha das principais empresas do sector téxtil da comarca do Deza, vén de asinar a liquidación da compañía. Dende a central denuncian que máis de 30 traballadoras/es, algunhas con máis de 40 anos de antigüidade, quedarán na rúa tras máis […]

Noveno día de folga das traballadoras de Bershka: “Non nos moverán, queremos traballar en igualdade salarial”

As traballadoras das tendas Bershka da provincia de Pontevedra cumpriron hoxe o noveno día de folga consecutiva para esixir que se equiparen as súas condicións coas  condicións laborais e salariais que se aplican nas tendas da firma doutras provincias. Unha xornada máis, o persoal secundou a folga ao 100%, polo que as tendas de Vigo, […]

Traballadoras de Stradivarius protestan contra o peche de tendas e o deterioro das condicións laborais

Traballadoras e traballadores de Stradivarius concentráronse este xoves en protesta pola decisión repentina do Grupo Inditex de pechar a tenda situada no Centro Comercial Catro Camiños. Dende CIG-Servizos denuncian que este peche provocará o empeoramento das condicións laborais das traballadoras da Coruña e deixará sen validez moitos dos acordos alcanzados coa empresa até o de […]

“A piques de quedar sen emprego, as traballadoras seguen a ser vítimas das ruíns actuacións do Grupo Deus”

Case un mes despois de iniciar folga, as traballadoras de Grupo Deus volvían marchar este mércores polas rúas de Ordes para denunciar os 103 despedimentos e o impago dos salarios, que xa acada as seis mensualidades. Aínda que a folga continúa, esta é a última manifestación que as traballadoras van realizar pola vila, xa que […]

Nin a sarabia nin o frío paralizan a loita das traballadoras do Grupo Deus

As traballadoras do Grupo Deus non se arredan nin diante das alertas meteorolóxicas, nin do frío, nin da sarabia nin da choiva. Coa dignidade que as caracteriza, as traballadoras realizaron este mércores outra marcha a pé dende a fábrica até a Alameda de Ordes para reclamar contra un ERE que é unha fraude e na […]

Prepotencia do Grupo Deus non ten límites: entrega as cartas de despedimento reiterando que non pode pagar a indemnización

A prepotencia do Grupo Deus non coñece límites. Mentres as traballadoras van camiño de cumprir as tres semanas en folga, a empresa comezou onte mesmo a entregar as cartas de despedimento, que terán efecto o vindeiro 3 de abril. Nas comunicacións, a empresa fai constar que non pode pagar a indemnización que legalmente lles corresponde […]

As traballadoras do Grupo Deus continúan esta semana coa folga e realizarán unha marcha a pé este mércores

As traballadoras do Grupo Deus continúan esta semana coa folga para esixir o cobro dos seus salarios e rexeitar o ERE de extinción co que a empresa pretende despedir a 103 empregadas. O persoal tomou a decisión de manter o paro logo de que a dirección confirmara que non ten intención de pagar ás nóminas […]

O BNG reclama á Xunta un plan para recolocar as traballadoras do téxtil

O deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, reclamou da Xunta un plan de reactivación do emprego na Comarca de Ordes para darlle unha alternativa laboral a máis de 400 mulleres que perderon o seu emprego ou están a punto de perdelo no sector téxtil, primeiro co peche da empresa Viriato e agora co ERE no […]

Seguimento total no primeiro día de folga no Grupo Deus

O 100% das traballadoras do Grupo Deus están a secundar a primeira xornada de folga convocada na empresa en rexeitamento ao ERE de extinción para 103 empregadas e para esixir o cobro dos salarios adebedados. Para visibilizar a súa loita, as traballadoras permanecen concentradas dende primeira hora da mañá diante da fábrica do grupo no […]

Folga no Grupo Deus para esixir o cobro dos salarios e rexeitar o ERE de extinción

As traballadoras do Grupo Deus irán á folga o martes 7, mércores 8, xoves 9 e venres 10 de marzo para esixir o cobro dos salarios adebedadas (que nestes momentos xa ascende a cinco mensualidades) e en rexeitamento ao ERE presentado pola empresa en tres das sociedades do grupo, a través do que pretende despedir […]

CCOO cualifica de «decisión irresponsable» o peche de Caramelo

A Federación de Industria de CCOO de Galicia cualifica de «decisión irresponsable» o peche da téxtil galega Caramelo. A empresa comunicou o martes a solicitude de liquidación, información que as propias empregadas coñeceron de maneira «sorpresiva» no propio día, denuncia o sindicato. Co peche, Caramelo deixará na rúa 169 persoas en todo o Estado, algo […]